jueves, 1 de diciembre de 2022

XOVES 1 de DECEMBRO do 2022

Unha emisión máis do "Galegos no BAIX". Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois dos saúdos habituais ofrecémoslles a primeira peza de música do CD: DIANTE UN ECO de SES. Unha primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores. Recibimos ao primeiro convidado, TOTO RAMOS,  piloto lucense que acadou a Terceira plaza no Campionato Nacional todoterreno de Rally de España. Coméntanos a súa situación, cómo se prepara para esas competicións, cómo se está preparando para unha nova participación o ano 2023. Agradecémoslle a participación no programa de hoxe e desexamos que teña moita sorte.
 

XISCO Feijoo
O segundo convidado é XISCO FEIJOO, Profesor, Cantautor, premiado Bailador, Coreógrafo, Presentador de Televisión, Mestre do ETRAD... que nos fala do grande evento previsto para o día 10 de decembro no Liceo de Barcelona: "Unha Xeración Dous Mundos"... ... Unha conversa moi interesante chea de informacións. Tamén nos fala do seu espectáculo "PEIXE" que tamén foi premiado co aRi(t)mar como gañador da mellor Canción de Galicia no 2021. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexámoslle moitos éxitos.

Continuamos, na segunda hora comunicándonos con XURXO ALONSO GARCÍA, poeta e pintor, que acadou o Segundo Premio do "36 Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornella", co seu poema titulado: "A senda do furtivo". Parabenizámolo por este premio e tamén o felicitamos porque acaba de recibir o Primeiro Premio no Leiras Pulpeiro de Poesía (Mondoñedo), co seu traballo: "O Outro lado". Unha ocasión importante para falar con un creador poético moi recoñecido. Precisamente agasállanos coa lectura dunha das súas composicións poéticas, que lle agradecemos.

Tamén conectamos con XOSÉ CARLOS G.G., Presidente de "Xuntanza de Cataluña". Falamos desa actuación prevista para o 10 de decembro no Gran Teatro do Liceo de Barcelona: "Unha Xeración. Dous Mundos". Xa foi presentada con grande presencia xornalística en Lugo. Agasalla aos nosos oíntes e seguidores con catro entradas para aqueles que se poñan en contacto coa nosa emisión ou coa nosa páxina ou facebook. Posiblemente haberá algunha entrada á venta nas taquillas do Liceo, pero a maioría delas xa foron adquiridas polas diferentes Entidades participantes na Gala. ¡Moitas Grazas, Xosé Carlos!

Escoitamos outra peza do CD de SES: DIANTE UN ECO, para despedirnos ate o vindeiro xoves día 15, despois da ponte destas Festas da semana próxima. ¡Que disfruten e sexan felices!

Aquí vos deixamos o programa completo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario