jueves, 14 de septiembre de 2023

14 de SETEMBRO DO 2023 - 1º Programa desta tempada 2023 - 2024

Comezamos esta nova tempada coa nosa sintonía de sempre. Dámoslle a ben-vinda e deseguida escoitamos un tema interpretado por DANI PARDO, un cantante galego, concretamente de Baralla que a continuación entrevistamos. Fainos unha pequena semblanza da súa traxectoria como intérprete e dos seus anceios e desexos que continuar cantando e traballando para dar a coñecer a súa proposta creativa e interpretativa. Está traballando para poder publicar un primeiro CD coas súas cancións. Agradecémoslle a súa participación e despedímolo precisamente cunha das súas interpretacións musicais moi coñecidas, que el mesmo nos explica que está dedicada ao seu pobo e máis concretamente á súa aldea.


Oscar, MariCarmen, Manuel
Oscar, MariCarmen e Manuel







Continuamos o programa e poñémonos en contacto con Galicia, novamente para falar con MANUEL LAMELA, o irmán do noso grande, querido e admirado colaborador Xosé Lamela. Agradecémoslle a súa participación e felicitámolo polo traballo e dedicación que lle puxeron para homenaxear a figura de seu irmán Xosé. O día 14 de agosto pasado moitos veciños, amigos e coñecidos de Xosé, xuntámonos en Padrendo para depositar unhas frores na lápida onde está soterrado, colocouse unha placa conmemorativa na súa casa natal en Padrendo, fixemos un acto moi emotivo na capela da Virxe do Xurés, que finalizou coa interpretación do Himno á Virxe a cargo da nosa benquerida CARMEN PENIM e compartimos un xantar de convivio no Hotel-Balneario Caldaria de Lobios. Actos emotivos e cheos de engado que se repetirán o vindeiro ano 2024 na mesma data do 14 de agosto para plantar unha oliveira ou un castiñeiro en memoria de Xosé, precisamente no adro da capela do Xurés. Tamén nos comentou que posiblemente se publique algún libro que recolla algunhas das investigacións, traballos e documentacións que tiña bastante adiantados antes do seu pasamento. Estaremos atentos e seguiremos en contacto con Manuel Lamela.

Recibimos a colaboración do noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección Quen che Preguntou? Sorpréndenos cunha nova definición que nomea como  "Nin me Ghusta nin me disghusta".  Innovando e aportando a súa creatividade na información e colaboración desinteresada. Agradecémoslle a súa dedicación.

 

Entrevistamos agora ao escultor TOÑO MONTEIRO, que foi o escultor que confeccionou a placa que está colocada na casa natal de Xosé Lamela en Padrendo. Infórmanos de cómo esculpiu a capela da Virxe do Xurés que ten un fondo inox para que cando lle dea a luz se convirta nun espello reflexando a silueta con todo o seu explendor. Tamén nos comenta algunhas das súas obras escultóricas que están espalladas polo Parque Internacional Gerés-Xurés, pola Baixa Limia, en Portugal e noutras localidades. Agradecémoslle a súa aportación no noso programa de hoxe.


Aquí deixamos o programa enteiro. Desexamos que teñan unha feliz semana. Ate o vindeiro xoves, á mesma hora. Sexan felices!

No hay comentarios:

Publicar un comentario