No programa de hoxe tivemos a ocasión de comprobar que "Radio Sant BOI" escóitase en Estados Unidos, concretamente en MIAMI. Por aquelas casualidades da vida chamamos a Fina Martínez Fraiz, para felicitala, xa que estaba de cumpleanos. Ao parecer hai un grupo de persoas que se reúnen para escoitar o noso programa. A verdade é que nos enche de satisfacción e hónranos coa súa escoita.
Despois da nosa sintonía de sempre, e das salutacións oportunas escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto con ADRIÁN, da Asociación Finca Moreiras, que se dedican á crianza de cabalos de Pura Raza Galega. Teñen unha serie de actividades relacionadas cos cabalos salvaxes daquela zona da Serra da Groba, concretamente en Mougás-Oia (Pontevedra). Fan Hipoterapia con grupos reducidos, Terapia de Comportamento, Terapia Ecuestre, Educación e desenvolvemento persoal... etcétera. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.
Falamos con FINA MARTÍNEZ FRAIZ, para felicitala, polo seu cumpleanos. Desexámoslle que cumpla moitos máis, chea de saúde. A verdade é que nos fai moita ilusión comprobar que dende MIAMI (Estados Unidos) teñamos escoitantes e seguidores do noso programa. Seguiremos en contacto con Fina e comprometémonos a seguir conectando en próximas ocasións para que nos describan algunha das actividades que realizan, posto que como nos dí seica hai unha boa colonia de galegos-cubanos alí.
Conectamos con ALBA CUQUEJO, Profesora de Galego na Aula de Idiomas e organizadora, xunto con Estudis Gallecs-UAB, o Recital Poético previsto para o sábado día 11 de novembro ás 18h no Centro Galego de Barcelona. Participarán Tamara Andrés, co seu libro "Irmá paxaro", Ánxela Lema e Sara Villar co seu libro "Excéntricas". Desexámoslle que teñan unha grande asistencia de público e moitos éxitos.
A continuación recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Riberia Sacra (Monforte de Lemos), XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección Quen che Preguntou? na que sempre escolle os seus Me ghusta e Desghustan para achegarnos as informacións máis relevantes que el mesmo escolle. Tamén nos aporta as "anotacións particulares da súa libretiña pequena". Agradecémoslle-lo.
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
¡Que teñan unha feliz semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario