Outro xoves con todos vosoutros, para ofrecervos un programa de dúas horasa en galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as alutacións e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado, don LUÍS FERNÁNDEZ GUITIÁN, Alcalde do Concello de Sober, que nos informa da "XLVI Feira do Viño de AMANDI", prevista para os días 27, 28 e 29 de marzo vindeiros. Este mes ten a denominación "Mes do Amandi", con diferentes actuacións e actividades de interese. Terán como pregoeiro deste evento ao "Chef" do Restaurante Vértigo, Rafa Centeno. Acaban de concederlle unha Estrela Michelín. Participarán na mostra nada menos que vinteduas adegas, tamén terán unha cata e entregaranse varios premios as adegas cos viños elixidos, nunca falta a participación da banda de música de Sober, haberá mostra de produtos da zona e artesanía, orquestras e charangas para amenizar neses días. Desexámoslle que teñan moito éxito.
Escoitamos unha peza do Grupo Musical LUAR NA LUBRE, porque a segunda conversa-entrevista é con BIEITO ROMERO, fundador e director deste Grupo Folk. Están a realizar unha xira celebrando os seus 40 anos nos escenarios. Precisamente un dos seus Concertos desta xira, será o vindeiro día 11 no Casino de l'Aliança del Poble Nou, en Barcelona. Concretamente nese concerto presentarán algún dos temas que publicarán no próximo libro-CD previsto para o mes de maio próximo. Augurámoslles moitos éxitos e mandámoslles os noso mellores desexos.
Conectamos con Galicia para falar con XESÚS ALFONSO PARADA JATO d'Meiraos, escritor e artista plástico galego do Courel. Coméntanos que ultimamente está a realizar "Petropictos", que son obras pictóricas realizadas nas pedras, aproveitando a súa formación para realzar algún elemento dos que se representan na pedra. Coméntanos algunha curiosidade dos traballos que lle encargan e tamén nos fala do seu último poemario publicado: Ceuta y Psique. Está próximo a saír do prelo un traballo teatral ilustrado por el mesmo, que levará por título: "A aira dos ventos". Desexamos que teña moito éxito.
Seguimos escoitando a Luar na Lubre e esa peza sírvenos de fondo para recibir a VANESA BALBOA, membro da Xunta Directiva de FEGALCAT (Federación de Entidades Galegas en Cataluña) que nos informa da próxima celebración dunha Conferencia de relevancia, que impartirá Sergio Fernández Aldrey, co título: "Agrupacións e instrumentos tradicionais ao longo da historia da música galega". Celebrarase o domingo día 19 de abril no Centre Civic San Martí, na rua Selva del Mar, 215. Tamén nos comenta que teñen previsto realizar outro evento relacionado coa tradición e a música doutras Entidades no mes de maio, así como do día das Letras Galegas e a entrega dos Alecrís, para o verán. Desexamos que teñan moito éxito.
Finalizamos anunciando que este programa voltará a emitirse o vinderio xoves día 2 de abril, aproveitando que son vacacións de Semana Santa. Desexamos que teñna unhas felices vacacións e voltaremos o próximo xoves día 9 de abril, á mesma hora.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.



No hay comentarios:
Publicar un comentario