jueves, 7 de mayo de 2026

XOVES 7 de MAIO do 2026

Comezamos esta nova emisión radiofónica coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao noso primeiro convidado: LUÍS HENRIQUE, fundador do Grupo Musical OS CARUNCHOS. Parabenizámolo porque é un dos artistas convidado a participar na "IV Edición do RURALSIA" organizado polas Mulleres Rurais de Taboada, prevista para o día 9 de maio próximo. A súa intervención contará con poesía e música. A realización deste acto está prevista que se faga no Pazo de San Pedro de Bembibre. Desexámoslle que teña moito éxito.


A seguinte conversa-entrevista é con XIANA MOURENZA, outra artista, poeta e cantautora que tamén participará no RURALSIA de Taboada. Agradecémoslle a sua amable atención e felicitámola pola súa intervención neste evento tan interesante. Coméntanos a súa traxectoria e participación, cómo está de involucrada formando parte deste acto tan importante para a localidade de Taboada, de cómo comezou dende cativiña a bailar e tocar a acordeón. Escribe poemas e envíalle-los a coñecidos e amigos pero, de momento, aínda non os ten publicados. Desexámoslle que teña moito éxito.


Falamos con CRISTINA DOMÍNGUEZ, Concelleira de Turismo do Excmo.Concello de Pantón, que nos fala da "XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón". Unha celebración que comezará mañá mesmo coa apertura de carpas e Degustación e Cata Popular de viños. O sábado voltarán a ter outra cata de viños e a partir das 13:30 celebrarán o "Brinde do Viño" simultáneo en toda España, polo día Movimento Viño D.O. O pregón deste ano correrá a carago do enólogo e sumelier LUÍS L. PAADÍN. Tamén se celebrará a "IX Festa da Empanada", elaborada con produtos do país. Desexamos que teñan moito éxito de asistencia e participación.


A continuación recibimos a dona DIGNA RIVAS, Alcaldesa de Redondela. Parabenizámola pola "XXXIX Festa do CHOCO-2026" que terá lugar os días 8, 9 e 10 de maio próximos. Comezará o venres coa inauguración da Carpa de Degustación e actuación musical da Orquesta Saxo e verbena co Grupo América Vigo. O sábado a apertura da carpa contará coa actuación do grupo de Baile e Gaitas Airiños de San Simón. Contarán coa charla e pregón de Miguel Angel Revilla. Un detalle importante que nos indica é que a ONCE, en homenaxe a este acontecemento imprimiu os boletos do sorteo do día de onte relacionando a Festa do Choco de Redondela. Parabenizámola e cóntanos que tamén tiveron a mesma situación coa Festa da Coca en anos anteriores. Nesta celebración pódense degustar os chocos de Redondela elaborados de moitas e diversas formas, encebolados, en croquetas, con arroz, na súa tinta, en empanada ... etcétera. Agradecémoslle a detallada información e desexamos que teñan moito éxito.


Informamos, a continuación da celebración da "Feira do POLBO e SERÁN" que ten organizada a Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, para este sábado día 9, diante da Entidade, na rúa Federico Soler, 71. Os socios poderán recoller unha tapiña de pulpo gratuita. A partir das catro, despois dos postres, cafés e chupitos terán a oportunidade de participar no Serán, cunha Foliada á que están convidados outros grupos.


Recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES. A súa sección, Quen che Preguntou? comprende tres apartados que desenvolve moi axeitadamente, precedidos dunha entradiña musical moi acaída. Agradecémoslle a súa colaboración estimada.


Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario