miércoles, 10 de abril de 2013

Programa do martes pasado

9 de ABRIL do 2013.
  Comezamos dándolle a benvida a tódolos nosos seguidores e amigos. Conectamos coa capital da RIBEIRA SACRA, para falarmos con XOSÉ M.MONTES, o noso correspondente, que dende Monforte de Lemos sempre nos imforma moi polo miúdo das novidades que el mesmo escolle, relacionadas coa actualidade galega. Nesta sección que titulamos QUEN CHE PREGUNTOU?, sempre teñen cabida unha serie de "sentencias retranqueiras" que o noso amigo e colaborador confecciona con moito tino e cun sentido do humor moi axeitado. 

 Na segunda parte do noso programa conectamos con VICTOR GRANDE, cómico, informático, friki, tecnosexual, fan boy, serieadicto e galego, como el mesmo se define. Unha persoa moi interesante e moi especial, que virá a Barcelona a realizar dúas actuacións, presentado polo noso amigo ALBERTE MONTES. Desexámoslle que recolla moitos éxitos nas súas intervencións. 

 A vindeira semana voltaremos. 
Non se esquezan de que o DOMINGO ao mediodía (de 12 a 13horas) reemítese este noso programa en RADIO SANT BOI. Agardámolos o vindeiro martes á mesma hora, de 16 a 17horas, con moitas máis noticias e entrevistas, mesturadas con boa música galega, chamdas e intervencións interesantes.

miércoles, 3 de abril de 2013

MARTES 2 de ABRIL do 2013

Un novo mes e un novo programa en galego. Nesta semana non podemos conectar con Xosé M.Montes, por mor dalgún compromiso persoal, pero conectamos con MASITO BEIRÓ, o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en PADRÓN, con quen mantemos unha amena conversa sobre algúns acontecementos e eventos que se celebrarán naquela localidade, todos eles de singular importancia cultural, e repasamos algunhas cousas que el mesmo escolle.

Na segunda parte do programa trasladámonos a ALLARIZ (Ourense) para falarmos con CHUS, a filla de dona LUISA SEARA, a mantedora dunha das receitas das "Améndoas de PICO". Esta familia é das poucas que aínda hoxe en dia, e tan só por encargo, son capaces de elaborar este doce tan sabroso e exquisito que seica procede dunha elaboradísima receita de procedencia xudea e que lle transmitiron no seu día aos seus antecesores as monxas clarisas desta localidade. Chus fálanos da súa "Confitería LUÍSA", que segue a tradición da súa nai e continúa a despachar os riquísimos "Amendoados de Allariz" e outros doces que teñen unha grande demanda, como poden ser as Roscas doces, os Melindres, os Mazapáns, as Tortas de Améndoa... e os licores tradicionais galegos (Oruxo, Licor café, Licor de Herbas, Licor de Oruxo... etcétera). A verdade é que se nos fai a boca auga falando con ela. Desexámoslle que continúe disfrutando do seu traballo e agardamos voltar a falar con ela noutra ocasión, para que nos dea algunha receita deses doces exquisitos que ela confecciona.


A vindeira semana máis, e se é posible moito mellor... ¡Agradámovos a TODOS!

Programa do pasado martes 26 de marzo do 2013

Colgamos hoxe o programa desta Semana Santa, que non puidemos ofrecervos en pasadas xornadas, pero que agora recuperamos para disfrute dos nosos oíntes e seguidores. Podedes consultalo e enviarnos as vosas suxerencias e opinións.
Como sempre comezamos coa sintonía habitual, dándolles a ben-vida e conectamos directamente coa capital da Ribeira Sacra, para falarmos con Xosé M.Montes, que sempre escolle noticias e comunicacións moi interesantes para todos.

Na segunda parte do programa comunicámonos con EMILIO RUA, un dos cantautores máis sobranceiros da nosa música gallega actual, con quen mantemos unha pequena conversa-entrevista moi amena e interesante. Agardamos que non sexa esta a única vez que nos comunicamos e desexamos que en vindeiras ocasións poidamos voltar a telo con nosoutros para que nos informe dos seus proxectos e traballos musicais, ao tempo que lle desexamos moitos éxitos.

No seguinte programa, xa no mes de abril, concretamente o día 2, voltaremos a facer outro programiña en galego para todos vosoutros. Agardámolos a todos. 

miércoles, 20 de marzo de 2013

MARTES

19 de MARZO do 2013 

 Comezamos felicitando a tódolos XOSÉS e dándolles a ben-vinda aos nosos amigos seguidores e oíntes. A proposta de hoxe seguirá nos termos que acostumamos cada semana: Primeiro conectamos con Monforte de Lemos, a capital da Ribeira Sacra, para falarmos con XOSE M.MONTES, o noso correspondente encargada da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Fainos un pequeno adianto do percorrido-xira por Galicia, do noso amigo ALBERTE-Monologuista. Despois escolle algunha das novidades e acontecementos que suceden na Nosa Terra para debullalos con precisión e acompañalo con algo de retranca e pensamentos tradicionais recollidos da sabiduría popular. 

 A segunda parte adicámoslle-la a don DARIO LODEIRO TORRES, escultor e pintor autodidacta, que tamén se atopa en Monforte de Lemos. Mantemos unha conversa-Entrevista moi amena e ilustradora da súa traxectoria como artista. Agradecémosllelo e comprometémonos a comunicarnos noutra ocasión para que nos siga a informara do seu traballo tan interesante. 

 En antena dixemos que a semana que ven non estaríamos. EQUIVOCÁMONOS. A semana que ven, o día 26 concretamente, volveremos a ofrecerlles unha nova entrega deste noso programa, así que  ¡AGARDÁMOLOS A TODOS! Faremos outra horiña máis de radio en galego, se podemos MOITO MELLOR, polo tanto: 
¡ATE A SEMANA QUE VEN! ¡NON FALTEN!

martes, 12 de marzo de 2013

12 de MARZO do 2013

Unha semaniña máis voltamos a ofrecerlles unha horiña de radio en galego. A nosa teima é poder achegarlles as novidades e noticias que nos chegan á nosa redacción. Como sempre conectamos coa Capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - para falarmos con XOSE M.MONTES, o noso correspondente que escolle algunhas das novidades máis salientables da nosa Terra. Tamén nos agasalla co recolleita dalgúns ditos e frases populares moi enxebres e sentencias con retranca. Esta sección chamámola QUEN CHE PREGUNTOU?


Na segunda parte do programa voltamos a conectar con Galicia para falarmos con XANECO TUBÍO, un Artesán de Lugo, compoñente do Grupo Musical OS MINHOTOS, que presentarán próximamente o seu disco PINGA D'AUGA. A conversa con este Músico-Artesán é moi enriquecedora.


A vindeira semana máis, e se é posible MELLOR.
Lembren que este programa volve emitirse os DOMINGOS pola mañán.

miércoles, 6 de marzo de 2013

5 de MARZO de 2013

Hoxe voltamos a recibir ao noso amgio XULIO COUGIL, e como ven sendo habitual nestes ultimos tempos, nos controis técnicos temos a FERNANDO e un servidor de vostedes ARMANDO FERNANDEZ, tentando facerlles pasar unha horiña de radio entretida e en lingua galega.
Conectamos con Galicia. Alí, na capital da Ribeira SACRA (Monforte de Lemos) temos ao noso colaborador e correspondente Xosé M. MONTES, que como cada semana tennos preparadas algunhas informacións interesantes e convídanos a participar celas. Neste caso veñen moi a contó, xa que se trata de celebracións de Feiras do Viño (en Chantada e Sober) e o XANTAR en Ourense.

Na segunda parte chamamos e falamos coa Señora CARMEN, a xerente e dona da Vivenda Rural "A CASA DA CABAZA", no INCIO (Lugo). Este matrimonio Madrileño, asentouse nesa casa de labranza do século XIX, restaurouna e agora ofrece as súas dependencias para poder disfrutar delas por módicos precios. As ofertas que teñen para esta Semana Santa son moi cobizosas, xa que oscilan entre os 20 e 29€uros por persoa. Ademais teñen a posibilidade de facer unha morea de actividades que dende este lugar se poder escoller e moi asequibles. Agradecémoslle a súa aportación e desexamos poder continuar coa súa colaboración en vindeiras ocasións e programas.

A vindeira semana máis, se nos é posible. Contamos voltar a telos na nosa sintonía.

Programa do 26 de FEBREIRO

Voltamos, outra semaniña máis, co noso programa en lingua galega, para tódolos nosos oíntes e seguidores. Nos controis, como na semana anterior o noso amigo FERNANDO, e quen lles fala ARMANDO FERNÁNDEZ, tentando facerlles agradable esta horiña de radio. A primeira comunicación é con XOSE M.MONTES, o nodo "Correspondente en Monforte de Lemos" que nos fai un percorrido moi axeitado das noticias que escolle para comentalas con nosoutros e ofrécenos unha visión moi pormenorizada do que está a contecer na nosa Galicia. Actualidade con certa visión rentranqueira e moi nosa. Agradecémoslle a súa aportación. 

A segunda parte do programa está adicada ao escritor-pintor FERNANDO, ubicado en DOMAIO, unha localidade das Rías Baixas. A conversa xira sobre o seu libro: "TIEMPOS ANANRANJADOS". Falamos da súa obra. Agradecémoslle a colaboración e desexámoslle moitos éxitos, agardando poder voltar a falar con el en vindeiras ocasións.  

A vindeira semana máis, e se é posible, MELLOR. ¡Agardámolos!

Programa do 19 de febreiro

Esta semana fixemos o programa coa participación de FERNANDO nos controis técnicos e un servidor de vostedes, ARMANDO FERNANDEZ. Xulio Couxil e mais DAMIÀ, tiveron que ausentarse. Non hai razóns polas que teñamos que lamentar pola súa ausencia, tan só que o habitual mudouse para convertirse noutro xeito de traballar e facer o programa para todos vostedes.
A primeira comunicación-colaboración é con MONFORTE de LEMOS, a capital da Ribeira Sacra, onde se atopa o noso "Correspondente Oficial" Xosé M.MONTES, que nos pon ao corrente das novidades escollidas por el para esta semana, e acaba dándonos as súas "Receitas retranqueiras", ademais de convidarnos a achegarnos a aquelas terras galegas tan feiticeiras.

Na segunda parte do programa conectamos con ANA DOS SANTOS, a autora do libriño de poemas titulado: "OJOS AMARILLOS", da editorial Círculo Rojo, e que se pode a topar xa en moitas librerías. A conversa con ANA é moi esclarecedora, amena e cordial. Desexámoslle moitos éxitos e seguro que voltaremos a conectar con ela noutra ocasión.

Despedíamonos ate a semana vindeira e, agardamos poder contar coa vosa fidelidade.

martes, 12 de febrero de 2013

MARTES 12 de febreiro do 2013

Outra semana máis realizamos este programiña de radio en galego pretendendo ofrecerlles unha horiña entretida e amena, con noticias e novidades que se suceden no noso entorno.
A primeira comunicación-conexión é co noso colaborador-correspondente XOSE MANUEL F. MONTES, que desde Monforte de Lemos encárgase da sección: QUEN CHE PREGUNTOU?. A súa aportación e comunicación está relacionada coa celebración do ENTROIDO gallego, e moi concretamente coa Festa do OSO na localidade de Salcedo (Pobra de Brollón). Despedímonos del desexándolle que disfrute dese días de lecer e agardámolo a vindeira semana.

Na segunda parte do noso programa de hoxe conectamos con JUAN PEDRO SANCHEZ, directivo de ASOBECAT, que nos informa da celebración do X FESTIVAL DEL BOTILLO EN CATALUÑA, que se realizará no Hotel CAMPUS de Bellaterra, como en anos anteriores. Nesta ocasión honrarán a don JOSE LUIS PRADA como Berciano do ano e tamén será agasallado o Concello de Cubillos del Sil, na persoa de don José Luís Ramón. Agradecémoslle a súa participación tan amable e desexámoslle moitos éxitos para este grande evento de exaltación gastronómica do Bierzo.

A vindeira semana voltaremos, con máis novidades e con algunha que outra sorpresa interesante.
¡Que pasen unh feliz semana!

martes, 5 de febrero de 2013

MARTES 5 de febreiro

Seguimos aquí, cunha nova entrega deste noso programiña en galego. Comezamos dándolle a ben-vida a todos e deseguida conectamos con Galicia, para dar paso á nosa sección: "Quen che pregunto?", e falamos con Xosé Manuel F.Montes, o noso correspondente en Monforte de Lemos (capital da Ribeira Sacra), que nos fala das cousas que escolle para dar a coñecer a tódolos nosos seguidores e escoitantes. Temos que resaltar aquí a participación e colaboración humorística que o noso amigo fai no "Galicia Confidencial". Remata a súa intervención coas súas "sentencias retranqueiras" cheas de moito contido.

A segunda parte deste programa de hoxe adicámola a falar con YAGO Castrillon, cociñeiro do Restaurante ACIO, de Santiago de Compostela, que ven de recibir o premio "Restaurante Revelación 2013" no Congreso Gastronómico Madrid-Fusión. Este restaurante, que ten como Sumiller a EVA Pizarro foi recoñecido o mes de decembro pasado, pola Guía Repsol, coa distinción dun SOL, tamén foi un dos tres establecementos con tapas gañadores. Felicitámolos e desexámoslles que sigan acadando moitos éxitos, espallando a nosa gastronomía 


A vindeira semana continuaremos ofrecéndolles máis novidades e máis música galega, para entretenemento e disfrute de todos. 
¡Que pasen unha feliz semana! ¡Feliz Entroido e agardámolos!

martes, 29 de enero de 2013

MARTES 29 de xaneiro do 2013

Unha entrega máis deste noso programiña: "Galegos no BAIX".
Comezamos, como cada semana, conectando con Galicia, concretamente co noso correspondente Xosé M.F.Montes, que nesta ocasión atópase en Santiago de Compostela. Fainos un percorrido polas "novas informativas" que escolle para tódolos nosos oíntes e seguidores. Concluímos a charla con el recollendo e escoitando as súas "sentencias retranqueiras" que tanto nos engaiolan.


Na segunda parte do programa volvemos a comunicarnos con Galicia, e nesta ocasión falamos con RUBÉN FERNÁNDEZ, o Xerente e propietario de "Casa Castelao" en A Fonsagrada, que nos informa da celebración da XVI Feira do Botelo nesa localidad, prevista para os días 2 e 3 de febreiro próximo, ademais de darnos a coñecer toda a serie de productos que elaboran na súa fábrica. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle moitos éxitos, así como a posibilidad de poder manter unha conversa tan amena e ilustrativa como a de hoxe.


A vindeira semana tentaremos facer outro programa coma este, a ser posible mellor e con máis novidades, informacións, música e entrevistas agradables e interesantes.

miércoles, 23 de enero de 2013

Terceiro Programa do 2013

22 de XANEIRO 

 Comezamos esta semana dándolle a ben-vida a Xulio Couxil, que na semana pasada non puido estar con nosoutros e deseguida encetamos a sección ¿Quen che preguntou? conectando directamente coa "capital" da Ribeira Sacra (Monforte), para falarmos co noso corresponden Xosé Manuel F.Montes, como é habitual. A nosa conversa-comunicación con el, é sempre moi relevante e chea de interese. Sempre atopa novidades e informacións atraíntes e cunha certa chispa de humor retranqueiro. Agradecémosllo moi encarecidamente e despedímonos coas súas "sentencias semanais".

 Na segunda parte do programa falamos con CARME, a xerente e dona da Casa Rural XANELA DA LÚA, en Lira (A Coruña) que nos pon ao corrente das moitas posibilidades e ofertas das que se poden aproveitar os nosos oíntes e seguidores. A estancia na súa vivenda rural pódese acompañar cunha degustación especial de inverno: o cocido galego por excelencia. Unha proposta moi axeitada para este tempo e paga a pena aproveitala. 

 A vindeira semana voltaremos con máis noticias e máis novidades.

martes, 22 de enero de 2013

Programa do 15 de xaneiro

Segundo Programa do ano 2013

Comezamos o programa conectando con XOSE MANUEL F.MONTES, como cada semana, que dende a capital da Ribeira Sacra -Monforte de Lemos- fainos a súa crónica particular acompañada das súas sentencias con retranca, que sempre amenizan a nosa conversa e danlle ese punto de sabor galego á antiga usanza e con moito "fundamento".

Despois conectamos co noso amigo, Pintor, cronista e colaborador MASITO BEIRÓ, que dende Padrón conversa con nosoutros e fainos un pequeno relatorio moi interesante para todos.

A vindeira semana voltaremos e seguro que con máis novidades e informacións.