jueves, 24 de mayo de 2018

XOVES 24 de MAIO do 2018

Comezamos outro programa máis dándolles a ben-vida e ofrecéndolles unha pequeniña peza musical para conectar con JORGE PRADA MERAYO, un gaiteiro e Profesor de música afincado en Ponferrada, que ademais á componente do Grupo Folk "Rapabestas" e dos "Templarios de OZA". Falamos da súa traxectoria e dos proxectos que ten previsto realizar próximamente.

A segunda conversa é con XURXO SALGADO, que é directivo do Xornal Dixital en galego, que acaban de inaugurar o pasado día 17 de Maio (Día das Letras Galegas 2018) xunto con outros dous xornais dixitais máis, baixo o soporte de galiciadixital e que se chama xornaldelemos.gal. Agradecémoslle a súa amable atención e participación no noso programa.

Seguimos con entrevistas e nesta ocasión poñémonos en contacto con RAUL VELASCO SÁNCHEZ, Coordinador e Presidente do Xurado do "II Certame de Relatos Curtos Manuel Rivas" da Asociación Cultural Irmandade Galega de Rubí. Fálanos da grande participación e afluencia de autores que enviaron as súas creacións. Aproveitamos para felicitalo e desexarlles moitos éxitos e continuidade nesta tarefa tan interesante.

Na segunda hora conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? da que nos fai partícipe cos seus Me Ghustan en Non Me Ghustan, moi relacionados coa realidade social da zona e Galicia en xeral. Tamén nos aporta a súa creación pictórica, en forma de viñeta, que fai referencia á algunha parte das intervencións da emisión de hoxe. Concretamente unha anédocta que nos comentou o seguinte convidado e que nós aproveitamos para colgar e comapartir cos nosos oíntes e seguidores.

Continuamos con entrevistas e nesta ocasión achegámonos novamente a Galicia para falar con don ANTÓN RIVEIRO COELLO, escritor en lingua galega, nado en Xinzo da Limia. Fálanos da súa traxectoria creativa e coméntanos algunha anécdota curiosa, que o noso colaborador Xosé Manuel aproveita para ilustrala. Agradecémoslle a súa amable atención e comprometémonos a voltar a incomodalo para que nos fale de máis cousas relacionadas coa súa escrita.

A última conversa-entrevista é con SUSANA SEIVANE, a gaiteira internacional que nos recibe moi amablemente e que nos adianta parte dalgunha sorpresa que ten preparada para agasallarnos no Concerto que realizará o vindeiro día 1 de XUÑO no Par de Can Mercader de Cornellà, baixo o patgrocinio da A.C.G.Roslía de Castro. Convídanos a que nos acheguemos ese venres a disfrutar da súa actuación e da música que interpretará nesa noite máxica de Folk galego.

jueves, 17 de mayo de 2018

XOVES 17 de MAIO do 2018

Un novo programa con todos vostedes. Hoxe un pouco "alterado" con algo de retraso por mor de certos arranxos técnicos, pero saímos en antena para conectar directamente con LUCÍA PEREZ, para felicitala pola súa ultima publicación: "Quince Soles", que acaba de presentar en Vigo, onte concretamente. Unha conversa moi engaiolante e coa que nos convida a disfrutar dese seu novo traballo, que representa moitas cousas da súa traxectoria persoal, e que ademais é totalmente en galego. Unha obra na que colaboran grandes artistas e músicos. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.


A segunda intervención é a de don JOSÉ ANTONIO FERREIRO PALACIOS, da "Granxa-Finca Villadangos", gandeiro que se adica á cria de vacas e tenreiros da Raza Rubia Galega. Unha conversa na que nos fai partícipes do seu traballo diario e dos trofeos acadados cos seus exemplares en diferentes feiras e exposicións de grande prestixio. Desexamos que siga acadando máis éxitos.


Despois, tentando celebrar con todos vostedes, oíntes e seguidores, a "Festa das LETRAS GALEGAS 2018", ofrecémoslle a lectura dun dos poemas que nos envía a  nosa poeta-pastora e amiga NIEVES FERNÁNDEZ VIDUEIRA, adicada ao noso idioma galego, que nos titulamos "as cores do galego".
Damos a coñecer unha información que nos facilitaron dende a Universidade de Barcelona, que ten moito que ver coa celebración dunha conferencia que impartirá mañá mesmo dona CARME ADÁN, baixo o título: "Violencia e Patriarcado": Aquí vos deixamos o cartel informativo. E para finalizar conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F.Montes, que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Fainos un pequeno percorrido cos seus ME GHUSTAN e Non me Ghustan, moi interesantes. Agradecémoslle a súa colabroación semanal e despedímonos ate a vindeira semana. ¡Que sexan Felices!

jueves, 10 de mayo de 2018

Xoves 10 de MAIO do 2018

Un programiña máis con todos vostedes. Hoxe un bocadiño retrasados por mor do directo nas novas instalacións, que aínda estamos en probas pero con moitas ganas de que todo saia ben. Dámoslle a benvida a IVAN CONDE Estudante na Universidade de Barcelona, que nos visita nos estudos. Está a facer un traballo de investigación sobre os medios de comunicación galega en Cataluña. Agradecémoslle que participe connosco na emisión de hoxe. A seguir conectamos con Galicia para falar con dona OBDULIA CASTIÑEIRA, cociñeira do "Restaurante Casa do Labrego" de Baamonde - Terra Chá - Lugo. A conversa xira arredor dese gran restaurante que ten moita clientela e moita afluencia pola calidade dos produtos que sirven e pola excelente atención. 

Despois conectamos con XABIER MOURE, Arqueólogo lucense que nos atende moi amablemente a fálanos da súa tarefa altruista relacionada co patrimonio galego e moi particularmente da zona do Caurel e dos arredores, mámoas, petróglifos, castros e outras xoias manumentais que el e a asociaicón á que pertence identifican e tentan poñer en valor e dar a coñecer. Desexámoslle moitos éxitos.

A segunda hora é para o noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte. Xosé Manuel F. Montes, comeza a súa intervención na sección QUEN CHE PREGUNTOU? cos seus Me ghusta e non me ghusta, para rematar cunhas recomendacións para os que se acheguen por aquelas zonas e queiran disfrutar dalgunha Festa gastronómica (Festa do Melindre en Melide) ou "Feira do Viño en Ferreira de Pantón", con degustación e brinde con varias Denominacións de Orixe. Tamén nos envía a súa creación, en forma de viñeta, alusiva a algún dos comentarios alusivos ao programa de hoxe.

A ultima intervención.entrevista é con JUAN TALLON, xornalista e escritor que ven de presentar o seu ultimo libro: "SALVAJE OESTE". Agradecémoslle a sua amable atención e prometémonos voltar a conectar con el para que nos siga informando da súa faceta creativa.

A vindeira semana máis. Non deixen de sintonizarnos.

jueves, 3 de mayo de 2018

XOVES 3 de MAIO do 2018

Un xoves máis con todos vosoutros. Comezamos conectando con Galicia. Falamos con MIRIAM FERRADÁNS, escritora e poeta á que felicitamos pola súa traxectoria recente, presentación dun seu libro, presentadora da "Ponte Poética de Pontevedra" xunto a grandes figuras da nosa literatura galega, próxima participación nos Vermuts Literarios de Combarro... etcétera. Unha grande honra ter a súa colaboración na nosa radio.

Despois trasladámonos á cidade de Lugo para falarmos con HORACIO LÓPEZ, "Chef" do Restaurante "ESPAÑA" desa cidade galega, para que nos informe das moitas ofertas gastronómicas que se poden degustar nese restaurante que ven de cumplir nada menos que 100 anos de existencia. Felicitámolo. O prato "estrela" dese Restaurante é o boi. Unha especialidade que ademais coidan con moitísimo esmero e dedicación xa que dispoñen dunha granxa propia en terras de Portomarin. Despois agradecémoslle a súa amable atención.

A terceira intervneción-conversa é con don RICARDO RODICIO, Concelleiro de Cultura da Pobra do Brollón, que ademais de informarnos da "XXVII Feira-Festa do Viño de Vilachá" tamén aproveitamos para que nos fale das ofertas que podemos atopar nesa localidade lucense,chea de engado.

E para finalizar voltamos novamente a Galicia, concretamente a Santiago de Compostela, onde nos recibe a escritora, traductora crítica literaria e editora dona ANXELA GRACIAN, que nos fala da súa traxectoria creativa. Felicitámola pola escrita e presentación dese libro en homenaxe a un personaxe (o lobo Garimoso) creado por María Victoria Moreno, a quen se lle adican as Letras Galegas este ano: "Doce cartas a María Victoria Moreno". En vindeiras datas voltaremos a solicitarlle que nos atenda para continuar a conversa que hoxe fíxosenos curtiña.

Despedíamonos ate o vindeiro xoves. Non deixedes de sintonizarnos e pasade unha feliz semana.

jueves, 26 de abril de 2018

XOVES 26 de ABRIL do 2018

Comenzamos o programa conectando con Oliverio Fernández, do "Grupo de Montaña La Peñuca", que veñen de realizar una andaina que percorre varios Concellos por donde transcorre o río Navia. Aínda non está recoñecida oficialmente, pero ao parecer ten motivos visos de que nun tempo prudencial se poña en marcha. Seguiremos atentamente os acontecementos.
Despois conectamos con Galicia, concretamente con Xosé Manuel, coordinador da "XXVII Festa da Filloa" de Moimenta - Cospeito, para que nos fale dese acontecemento tan interesante, relacionado coa nosa gastronomía galega. Agradecémoslle a súa atención.

Seguimos coas conexión  e nesta ocasión poñémonos en contacto con XURXO ISLA, un dos organizadores da "XI Andaina Gastronómica dos Fornos de CELAVENTE - O Bolo". Fainos un percorrido mol pormenorizado de cómo se desenvolverá esta actividad que xa leva once anos de celebración e que tanto éxito está acadando últimamente.

< Na segunda hora, como cada semana, conectamos co noso correspondente, Xosé Manuel F. Montes, na capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - para escoitar a súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? Comeza cos seus "Me ghustan e Non me ghustan" para acabar cunha anécdota que fai referencia a unha noticia moi curiosa e que se fixo "trending topic" nas redes sociais.Precisamente, aproveitando esa curiosidade envíanos a sea creación en forma de viñeta, alusiva a este caso. Aquí a tedes.


E para finalizar conectamos novamente con Galicia, neste caso con Santiago de Compostela para que nos poña ao corriente das súas creacións literarias e máis propiamente poéticas, dona ROSALÍA MORLÁN, que ademais agasállanos coa declamación de dúas poesías da súa autoría, claro.

Despedímonos ate a vindeira semana.

jueves, 19 de abril de 2018

XOVES 19 de ABRIL do 2018

Comenzamos, unha semaniña mais, esta nosa emisión cun bocadiño de música e deseguida conectamos con Galicia para falar con DANIEL de CAURELOR, que nos pon ao corrente das innovación e novedades que están a ofrecer a tódolos seus  clientes, relacionadas coa súa Empresa Familiar e que está tendo tanto éxito. Desexámollle que continúe así.

A segunda conversa-entrevista é co Sr. Manuel, da "Tenda de Manolo", que está ubicada perto da Pontenova. Un establecemento "remedo" dos ultramarinos antigos (despachando toda clase de artigos: zapatos, zucre, latas de conserva, viño, cerveza... ... algúns chámanlle o "Corte Inglés da Hermida") que da servicio a tódolos pobos daquela contorna, dende esa localidade do Concello lugués da Pontenova, con tan pouquiños habitantes, pero que se mantén en activo e seguirá nesa teima, grazas ao esforzo, dedicación e traballo dese matrimonio.




Continuamos, na segunda hora coa sección que leva adiante o noso correspondente na capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - Xosé MANUEL F. MONTES : quen che preguntou?, que nos ofrece os seus "Me Ghustan e Non me Ghustan", relacionados coas noticias escollidas para tódolos nosos oíntes e seguidores. Tamén nos envía a súa viñeta creativa, alusiva ao programa de hoce, e que compartimos con todos vosoutros.

E para finalizar conectamos con Miguel Varela, directivo da Asociación Cultural Castelo, en Melide, para que nos fale da "XIV Foliada de Melide", prevista para a fin de semana do 27, 28 e 29 deste mes de Abril. Una morea de actos dos que poderán disfrutar todos aqueles que se atrevan a achegarse a esa localidade.

Despedímonos ate a vindeira semana, desexando que teñan un Feliz Sant Jordi e que volvan a sintonizarnos o próximo xoves, á mesma hora. ¡Agradámosvos a todos!

viernes, 13 de abril de 2018

XOVES 12 de ABRIL do 2018

Comezamos outra emisión de dúas horas de radio en galego, dándolles a ben.vida e ofrecéndolles unha peza de música para encetar a nosa primeira comunicación. Conectamos con don ALFONSO MIGUEZ, "Chef" do Restaurante "Manuel - Manuel" de Lugo. A conversa fai referencia ao seu traballo como chef e coordinador da cociña dese Restaurante emblemático na capital luguesa. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle que continúen colleitando éxitos.

Despois falamos con CRISTINA VALADO, unha poetisa afincada en Vigo que xa ten publicado un libro DIOSA DE FUEGO, e fálanos da súa traxectoria creativa e dos seus proxectos próximos. Está moi interesada en publicar outro libro de poesía, en galego, adicado ao rural, á terra, ao pobo. Agasállanos recitando dúas das súas creacións poéticas.

A segunda hora adicada á sección QUEN CHE PREGUNTOU?, a cargo do noso colaborador e correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, que dende a Capital da Ribeira Sacra -Monforte de Lemos- sempre ten preparados os seus "Me Ghustan e Non Me Ghustan", relacionados coa realidade social galega, cultural e divertida. Agradecémoslle a súa aportación.

Nesta ocasión, aínda que ao final, pero non menos importante, poñémonos en contacto con MERCHI ALVAREZ, Presidenta de GALICIAME, que nos fala de informacións moi interesantes relacionadas coa investigación sobre AME e tamén nos convida a participar da "IV Festival Os Demos da Petaca" adicado a recaudar fondos para investigación concretamente. Desexámoslles moitos éxitos.


A vindeira semana voltaremos e agardamos que volvan a sintonizarnos. ¡Sexan Felices!

jueves, 5 de abril de 2018

XOVES 5 de ABRIL do 2018

Comezamos o programa, despois do descanso das Festas de Semana Santa, con ánimos de ofrecerlles un programiña cheo de interese para todos vosoutros. A primeira intervención-entrevista é con don FRANCISCO NARLA, escritor e comandante de linea aérea, que acaba de publicar a súa ultima obra: LAÍN. EL BASTARDO. Unha novela histórica que está chea de intriga. Ponnos ao corrente dese seu traballo, con moita investigación e documentación para poñer en valor a figura do noso Trovador Galego Martín Codax. Fainos coller interese para poder mercala e lela. Avánzanos que estará na grande festa do libro do día 23 de Abril en Barcelona, asinando as súas obras. ¡Grazas!

A continuación conectamos novamente con Galicia para falar con dona CRUZ LÓPEZ, de Embutidos Lalinense, coa que mantemos unha moi interesante conversa relacionada cos productos que elaboran nesa Empresa que está a cumplir nada menos que 70 anos de existencia. Agradecémoslle a súa amable atención.

Na segunda hora damos paso á intervención do noso correspondente na Capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que coma sempre fainos un percorrido polos seus Me Ghustan e Non me ghustan, aproveitando algunhas das noticias máis destacadas e escollidas para os nosos oíntes e seguidores.


Antes de finalizar falamos con dona MARINA MARIA DOUTÓN, Concelleira de Cultura de Monforte de Lemos, que nos fala da recente celebración da XVI FEIRA Medieval que veñen de realizar os días 31 de Marzo e 1 de Abril pasados. Un grande éxito de asistencia e participación.

E acabamos desexando que pasen unha feliz semana, pero recomendándolles que volvan a sintonizarnos o próximo xoves á mesma hora.

jueves, 22 de marzo de 2018

XOVES 22 de MARZO do 2018

Un xoves máis con todos vosoutros. Comezamos conectando con Galicia para falar con Xurxo, Presidente da Asociación de Gaiteiros de Galicia, que se atopa en Arzúa, e como organizador da "Festa da Gaita Galega e Cantos de Taberna" que se celebrará nesa localidade o día 14 de ABRIL. Agradecémoslle a súa colaboración.

A segunda entrevista-conversa é con don FELICÍSIMO PEREIRA, Adegueiro e Enólogo na D.O.Ribeiro, que foi Presidente desa Denominación e que nos axuda a descubrir cómo teñen preparada a "55 Festa do Viño de Ribeiro" e tamén aproveitamos para que nos dea uns pequenos apuntes relacionados coa colleita do ano pasado e tamén das súas Adegas. Comprometémonos a voltar a falar con el en vindeiras datas.

Continuamos coa emisión, dsiculpando a non participación do noso correspondente Xosé Manuel, encargado da sección Quen che Preguntou?, pois ten certas obrigas persoais que atender. Aproveitamos pois para conversar con ALBERTE MONTES, Monologuista de prestixio galego-catalán. Fálanos da súa participación na Seire televisiva "FARIÑA", e tamén aproveita para comentarnos detalles da mesma.

Falamos despois con don LUÍS FERNÁNDEZ GUITIÁN, Alcalde do Concello de Sober, que nos pon ao corrente da celebración da "XXXVIII Feira do Viño de AMANDI", que este ano ten como pregoeira a Cristina Pato.


A ultima intervención-conversa é con ARNAU, da Casa Rural ASUMPTA, de Arzúa, que nos fala das excelencias desa vivenda Rural, dos cuartos, do lugar, da gastronomía que se sirve no seu Restaurante...


Despedímonos ate o próximo xoves, despois da Semana Santa. Desexamos que pasen unha felices festas.

domingo, 18 de marzo de 2018

XOVES 15 de MARZO do 2018

No programa de hoxe comezamos conectando con MARÍA SOLAR, periodista, locutora, presentadora e escritora coa que comentamos o éxito do seu libro: OS NENOS DA VARIOLA, novela que foi premiada como o mellor libro xuvenil do 2017, Agradecémoslle a súa colaboración e participación desinteresada que sempre nos dispensa.

A segunda comunicación é con XABIER VIZCAINO, cantautor galego que nos fala do seu ultimo traballo DIÁSPORA, que ten previsto presentar e facer unha xira por América, comezando por México próximamente, e despois ten previsto amosalo en España.

Despois aproveitamos para falar con BEATRIZ VILA FREIRE, que sempre ten noticias e novidades moi interesantes relacionadas con Lugo e moi especialmente coa Ribeira Sacra, onde ela ten o seu centro de operacións e destino oficial.


E rematamos o programa conectando cos de Míl Son's, que veñen de presentar unha grande actuación en Castro Caldelas. Xunto cunha morea de artistas e grandes interpretes veñen de realizar unha curtametraxe: "Este Vaise", ademais de actuacións en directo para presentar a Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade na Unesco. Agradecémsolle a súa aportación.


A vindeira semana máis. Non deixedes de sintonizarnos.

lunes, 12 de marzo de 2018

8 de Marzo do 2018

Outro programa máis con todos vosoutros, tentando empregar estas dúas horiñas de radio para entretenemento e comunicación en galego, con todos vosoutros. Un bocadiño de música para ir adubiando as nosas verbas e comunicamonos co primero convidado de hoxe: XAVIER FEIJÓ, más coñecido por XISCO Feijó. Un maestro da interpretación e da música, grande colaborador con moitísimos artistas do eido cultural galego, que moi amablemente nos recibe. Agradecémoslle a súa participación e prometémonos voltar a falar con el.

A segunda conversa-entrevista é con Montse González, de Verso a Verso - Verso a Verso, que ademáis de informarnos dunha serie de novas tamén aproveita para declamarnos algunha creación poética. Graciñas, Montse. En vindeiras datas voltaremos a entrevistala.

Na segunda hora comenzamos coa conexión do noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, que desde a capital da Ribeira Sacra - Monforte - leva adiante a sección QUEN CHE PREGUNTOU?

E para finalizar o programa de hoxe temos nos estudos a presenza de Ricard Ros, Martín Melendez, e Fernando Barroso, aos que lles agradecemos a súa visita e participación para poñernos ao corrente da grande festa que comeza hoxe en Sant Boi co "RUBRIFOLKUM 2018". Moitas grazas!!!

Despedimos o programa até a vindeira semana. Que sexan felices.

jueves, 1 de marzo de 2018

XOVES 1 de MARZO de 2018

Comezamos outro programiña máis de dúas horiñas de radio en galego. Despois de escoitar unha peza de música poñémonos en contacto con don Bienvenido Freire, da Panadería SALOMÉ, en Monforte de Lemos que veñen de acadar o posto 48 das 83 Panaderías máis importantes de España, segundo a revista Pan de Calidad: PANORAMA PANADERO. As 83 Panaderías de toda España seleccionadas na Ruta Española del Buen Pan. Felicitámolo e comentamos con el a súa traxectoria e o traballo diário que están a facer por conservar a forma tradicional de elaborar o pan e as Empanadas que lle están a dar tanta fama e prestixio. Desexámoslle que siga colleitando éxitos.


A segunda intervención é con don MANUEL VÁZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell, que nos informa da "IIIª Festa do LACÓN" que celebrarán os días 9, 10 e 11 de marzo próximos, e aproveitamos apra que nos poña ao corrente das actividades e celebracións que teñen previstas para próximas datas. Agradecémoslle a súa amable atención.


Continuamos, na segunda hora, coa intervención na sección QUEN CHE PREGUNTOU?, do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, que sempre ten preparada a súa aportación cultural e informativa moi interesante, en forma de "Me ghustan e Non me Ghustan", relacionadas cos acontecementos actuais na nosa comunidade galega e tamén aproveita para indicarnos algunha das celebracións importantes que se aveciñan para esta fin de semana: Festa do Queixo en Arzúa ou a Festa da Arribada en Baiona. Non se esquece de enviarnos a viñeta alusiva ao programa de hoxe, que nós compartimos aquí.


Finalizamos entrevistando a UBALDO PEREZ, do Restaurante "Los Ancares" na rúa Robrenyo,74-76 de Barcelona, para que nos informe da celebración da "Festa dos calçots 2018" que ten prevista para este domingo día 4 de marzo, na que ademais de servir os calçots, tamén haberá parrillada de carne, acompañado todo elo de bon viño galego, e de postre crema catalana, para finalizar con café e chupitos. Tamén terán actución musical e festiva con gaitas, acordeón, pandeiros e panderetas, para bailar despois de degustar estes sabrosos pratos. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.


E despedímonos ate a vindeira semana. ¡Non deixen de sintonizarnos e sexan felices!!!

jueves, 22 de febrero de 2018

XOVES 22 de FEBREIRO do 2018

Comezamos o programa dándolles a ben-vida e ofrecéndolles escoitar unha peza musical titulada "repoludo Gaiteiro", interpretada por Amancio Prada, pra recibir a Carlos Alonso Calderón, con quen falaremos dun gaiteiro que faleceu non hai moito tempo, daquelas contornas de Fonsagrada e arredores, concretamente de Armando Fernández, máis coñecido por "O Freixeiro", aldea da súa procedencia. Agradecémoslle a Carlos a súa aportación no programa de hoxe.

Para a segunda entrevista poñémonos en contacto con SALETA FEERNÁNDEZ, Atleta Monfortina, Campeona de España de Salto de Altura, que nos fala da súa traxectoria como deportista de élite. Grande profisional á que lle desexamos moitísimos éxitos.

Comezamos a segunda hora coa intervención do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que sempre ten preparados os seus "Me ghustan e Non me Ghustan" cheos de informacións moi ben escollidas e finaliza a súa intervención cunha descrición retranqueira do refraneiro galego, ademais de enviarnos a viñeta alusiva ao programa de hoxe, coa que homenaxea o pasamento de "Forges".


E finalizamos o programa de hoxe falando con Nieves Fernández Vidueira, a pastora-poeta e artista de Quintela do Pando (Viana do Bolo), que nos pon ao corrente do éxito acadado no Domingo Gordo en Viana do Bolo, coa posta en escea da montaxe espectacular do "Deus do Entrudio", portado por un conxunto extraordinario no que estaba representado o Castelo de Viana, o Aviador de Quintela e o Deus do Entrudio, confeccionado polos seus fillos e un grande equipo. ¡Parabens! Foron agasallados co Primeiro Premio do desfile polo Concello de Viana. Tamén comenta connosco parte da súa traxectoria profisional e falamos unchisco do seu labor confeccionando figuras con raíces de uz e outras árbores, coas que ten un "museo" de máis de cincocentas pezas. Tamén falamos dos seus poemas, que ela lle chama "rimas" e que nos aprezamos tanto e que deixamos para outro momento no que a comprometeremos que nos declame. ¡Moitas Grazas, Nieves!


Pasade unha feliz semana e non deixedes de sintonizarnos o vindeiro xoves, á mesma hora.