E despedímonos desexesando que disfruten dunha feliz semana e deixamos aquí o programa enteiro.
E despedímonos desexesando que disfruten dunha feliz semana e deixamos aquí o programa enteiro.
A segunda persoa convidada é don XOSÉ MIGUEL PÉREZ BLECUA, Alcalde de San Xoan de Rio, con quen mantemos unha conversa moi agradable. Falamos de varios e interesantes proxectos moi interesantes: Aldealista.com, e moi destacadamente do Premio de Novela Galicia Rural que acaban de concederlle ao escritor Oscar Reboiras, pola súa novela: "A Agonía das folerpas", relacionada coa aldea abandonada de Salgueiros, no Parque Nacional do Xurés. Agradecémoslle as súas informacións precisas e desexamos que acaden moitos éxitos nesas encomendas.
Falamos con UBALDO PÉREZ, do Restaurante "Los Ancares", na rúa Robrenyo,76 - 78, de BCN. Felicitámolo pola recente celebración (o domingo pasado) da Festa do Cocido Galego, con grande afluencia de comensais, que foron agasallados con música galega, como sempre que realiza eses eventos culturais gastronómicos. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Aquí deixamos o programa completo.
Comezamos coa sintonía e as salutacións oportunas. Temos un pequeno atranco (non hai luz) e teremos que agardar uns minutos para poder conectar coas persoas que temos convidadas para falar e entrevistar, pero aproveitamos para ofrecerlles a interpretación especial de ANTÍA MUÍÑO dunha peza tradicional: "Canta, miña compañeira". Comentamos un chisco as previsións do programa de hoxe.
Conectamos con MANUEL VÁZQUEZ, Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell, que nos informa da celebración da "VIII Festa do Pulpo" prevista para os días 21, 22 e 23 deste mes de outubro, no "Eix Maciá" de Sabadell. Esa celebración gastronómica vai acompañada da presentación do libro "Cesuras", de Fina Tizón Fraga. Desexámoslle que teña moita asistencia e moita participación.
Recibimos ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Fainos unha pequena semblanza das noticias escollidas, debullando os seus "Ghústanme" e "Desghústanme" que tanto aprezamos. Tamén nos envía esas anotacións da "libretiña pequena" relacionadas con frases e ditos populares, tan acaídos e cheos de retranca.
Falamos con PABLO RICO ECHEGARAY, Director de 4 Corais galegas, entre as que está o "Orfeón XOAN MONTES", que tivo unha actuación estelar na Festa do San Froilán de Nou Barris. Destaca a intervención e interpretación dunha peza singular diante da Sagrada Familia, que se pode escoitar na súa páxina. Coméntanos que posiblemente, para celebrar o 40 aniversario do Orfeón, publiquen un Disco que terá 12 pezas, para finais deste ano. Prometémonos voltar a conectar con el para que os nosos oíntes e seguidores poidan disfrutar desas interpretacións. Desexamos que teñan moito éxito.
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Non deixen de conectarse e, moitas grazas pola súa escoita.
Aquí teñen o programa completo:
A segunda hora continuamos falando co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da Sección "Quen che Preguntou?". Comunícanos a súa escolla de noticias cos seus "Desghústanme e Ghústanme". Unha das mellores e máis fascinantes noticias chega ao final da súa comunicación: "Proxecto de autocolantes para Pediatras". Este era un obxectivo que levaba tempo traballando nel e xa foi aceptado e posto en marcha. Felicitámolo e ademais envíanos unha lámina que recolle tódalas crecións dos participantes, incluída a súa, que publicamos aquí. ¡Moitos parabens e moitas grazas, Xosé Manuel!E finalizamos o programa desexando que teñan unha feliz semana.
Outra emisión máis do noso programa "Galegos no BAIX". Comezamos coas salutacións e a nosa sintonía de sempre e escoitamos unha peza de RICARD ROS, que leva por título "Sac buit" e que interpretarán no festival "Sons de la Mediterrània", en Manresa. Conectamos con MARIO SENÉN LÓPEZ FERNÁNDEZ, da Asociación Cultural Galega "Saudade", para que nos informe da próxima celebración dun acto moi importante o vindeiro día 8 de outubro, nada menos que na Sagrada Familia de Barcelona. Parabenizámolo e desexámoslle moita sorte a esa Asociación.
A seguinte conexión é con don HENRIQUE SANFIZ, Presidente da Asociación de Emisoras Municipais de Galicia (EMUGA) que nos facilita información moi interesante, relacionada coas emisión das Radios Galegas e moi en particular dun "podcasts" que está seleccionado para participar a nivel Nacional nun concurso de Ivox, emitido na Serie Onda ODS Radiofusion. Ficamos á espera de que nos facilite o enlace para poder votar por ese "podcasts" xa mentado, en favor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Agradecémoslle a súa participacion no programa de hoxe e continuaremos conversando con el en vindeiras datas, para que nos siga informando de moitas e interesantes noticias.
Continuamos a emisión e chamamos a MODESTO FRAGA MOURE, escritor e poeta ben coñecido pola nosa audiencia, posto que xa temos conversado con el noutras ocasións. Infórmanos do Acto de Presentación dun CD - DVD, onde se recolle todo o máis salientable relacionado co "Batallón Literario da Costa da Morte", con motivo do seu 25 aniversario. Celebrouse nunha Sala do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Continuaremos ampliando a comunicación con Modesto posto que sempre nos recibe moi amablemente e prometémonos voltar a conectar con el para recibir tódolas noticias e informacións daquela contorna.
Aproveitamos para darlles unha información precisa sobre a "Festa Galega de San Froilán" en Nou Barris, que terá lugar os días 7, 8 e 9 de outubro. Contará cun grande avano de actividades. Poderán disfrutar deste evento. Ademais de degustar productos galegos de calidade, servidos por "Casa Díaz", tamén se realizarán varios concertos de grandes artistas, que aporta Radio Tele-Taxi, e a actuación estelar da Orquestra PANORAMA, os días 8 e 9. Desexámoslles moita sorte e unha grande celebración.
Falamos agora con CARLOS ALONSO, encargado de Deportes da TVG, da Delegación de Vigo. Agradecémoslle a súa amable atención. Cóntanos que a Selección de Futbol masculina de Galicia participan nun torneo Internacional. Tamén lle desexamos moita sorte.
E finalizamos as conversas coa nosa admirada artista e cantautora CARMEN PENIM, de 2Na Fronteira. Parabenizámola polos diversos Concertos nos que participou ultimamente. Mencionamos o que se fixo en Cambados para axudar ao financiamento que precisa a tamén amiga e benquerida Merchi Álvarez. Tamén o que se lle dedicou a Xosé Manuel Pazos Varela, "Verbas Amigas, acto de homenaxe política..." Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
Despedímonos ate o próximo xoves.
O programa completo:
O segundo ocnvidado é XOAN L.FUERTES, de "Fuxan os Ventos", que están a cumplir 50 anos de existencia. Con ese motivo, precisamente o mesmo día dese aniversario, concretamente o 22 de outubro, inaugurarán unha exposición espectacular no "Vello Cárcere" de Lugo, no que se poderán contemplar os álbumes publicados, fotos daqueles concertos dos primeiros anos e moitas cousas curiosas relacionadas co este Grupo de música galega. Tamén ofrecerán un mini-concerto para disfrute dos asistentes. Posiblemente esta exposición percorrerá as 7 cidades máis importantes de Galicia. Desexámoslle moita sorte.
Voltamos novamente a Galicia para falar con outro XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ, de MUXICAS. Parabenizámolo pola recente publicación do "4º Volume : Pezas para gaita, zanfona e acordeón. Tempo de Pasodobres. Tempo de Furancho". Escoitamos un bocadiño dunha das pezas que se recollen nese volume e informammos aos nosos oíntes e seguidores que pode adquirir este fermoso traballo poñéndose en contacto con Xosé Manuel ou na súa páxina de Facebook. Desexamos que siga publicando moitos más álbumes, que disfrute e que teña moita sorte.
Deixamos aquí o programa completo e desexamos que volvan a sintonizarnos o próximo xoves á mesma hora.
¡Que teñan unha feliz semana!
Segundo programa desta nova tempada 2022/23, que comezamos, coma sempre, dándolles a ben-vinda e deseguida poñémonos en contacto co noso primeiro convidado: BERNARDINO CREGO CERVANTES, Presidente do Centro Portugués en Vigo. Agradecémoslle a súa amable atención. Conversamos un bocadiño con el e infórmanos das próximas Xornadas que realizarán o vindeiro mes de outubro adicadas á Saudade, nas que participarán importantísimas personalidades galegas e portuguesas. Os eventos en cidades de Portugal e Galicia.
Na segunda hora sempre conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Mannuel F. Montes, que leva adiante a sección Quen che Preguntou? Fainos un percorido informativo cos seus Ghústanme e Desghústanme, que depois finaliza cos seus apuntes da "libretiña pequena" coa aportación recadadora de frases e ditos populares con retranca, moi acaída.
Falamos, a continuación con ADRIÁN EIRAS, que xunto coa súa irmá JESSICA levan adiante a Empresa "Patatas EIRAS" en Lugo. A pesar de que este ano de seca e mal tempo para a colleita dese producto tan aprezado en Galicia e cáseque en toda España, están tendo grande demanda e atendendo a tódolos seus clientes. Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe e desexámoslle moita sorte.
E finalizamos o programa desexándolles unha feliz semana. Aquí deixamos o programa completo:
Despedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores desexando que teñan unhas feiticeiras vacacións e un feliz verán. Voltaremos no mes de setembro, para unha nova tempada.
Recibimos a crónica do noso correspondente, XOSÉ MANUEL FERNANDEZ MONTES, encaargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que dende Monforte de Lemos envíanos as súas noticias en forma de "Desghústanme" e "Ghústanme", finalizando con algunhas frases e comentarios retranqueiros moi axeitados.
Colgamos aquí o programa completo.
¡FELIZ VERÁN!
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Tamén colgamos aquí o programa completo.
O convidado seguinte é Roberto López do ALBERGUE CASA CUARTEL da Fonsagrada. Infórmanos de cómo se pode alugar unha estancia nese establecemento que se puxo en marcha en plena pandemia do coronavirus e que actualmente está a ter unha moi boa acollida. Promete ter unha especial atención aos peregrinos ou clientes que se identifiquen como oíntes de Radio Sant Boi. Agradecémoslle a oferta, desexando que continúe adiante con esa laboura tan interesante.
Comentamos, un chisco, algo do que vai a suceder na Festa Galega de Can Mercader, prevista para a fin de semana vindeira, concretamente os días 17, 18 e 19 de xuño, e despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!
Deixamos aquí o Programa Completo.