![]() |
| Oli Xiráldez |
![]() |
| Manuel Suárez |
![]() |
| Pablo Deiros |
Despedímonos ate o vindeiro xoves e deixamos aquí o programa enteiro.
![]() |
| Oli Xiráldez |
![]() |
| Manuel Suárez |
![]() |
| Pablo Deiros |
Despedímonos ate o vindeiro xoves e deixamos aquí o programa enteiro.
Continuamos o programa poñéndonos en contacto con LUCIANO PÉREZ, mestre artesán no Obradoiro de Instrumentos tradiconais na Deputación de Lugo. Estivo na inauguración da exposición que aínda está na Biblioteca da Universidade de Barcelona. Fálanos da confección dos instrumentos, dos proxectos tan interesantes que están a realizarse no Obradoiro da Deputación e tamén nos anuncia que estará, novamente na Universidade de Barcelona o vindeiro día 21, para visitas guiadas na exposición dos Instrumentos na universidade. Agradecémoslle a súa amable atención.
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que sexan felices!
Aquí podedes escoitar o programa enteiro.
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Deixamos aquí o programa enteiro.
Continuamos a segunda hora dándolle paso ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, XOSE MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que nos ilustra coas súas noticias escollidas en forma de Me Ghustan e Disghústanme. E finaliza cos seus apuntes de fraseoloxía e ditos galegos, recollidos na súa "libretiña pequena". Tamén nos envía a viñeta alusiva ao programa que compartimos, no parágrafo anterior. Un debuxo de Bieito Romero. ¡¡GRAZAS!!
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Que sexan felices.
Deixamos aquí o programa completo.
A segunda intervención é a de SERGIO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, un socio da Asociación Val de Torés, constructor e dono da Vivenda Rural: Casa Eladio. Fálanos do Patrimonio Cultural daquela zona, da Torre de Torés, da Torre de Doncos, do Pazo de Doncos... ...etc. A Asociación á que pertence está moi involucrada e poder restaurar e recuperar ese patrimonio tan importante para esa zona rural tan rica e patrimonio cultural. Precisan os permisos para poder realizar eses traballos de restauración. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que teñan moita sorte.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Deixamos aquí o programa completo.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Deixamos aquí o programa completo.
Na segunda hora de programa recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES. Encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? fainos partícipes dos seus "Ghústanme e desghústanme" relacionados coas noticias galegas que el mesmo escolle para coñecemento de tódolos nosos oíntes e seguidores. Finaliza coas anotacións da libretiña pequena, moi acaídas e con certa sorna ou retranca galega.
Despedímonos ate o vindeiro ano.
¡QUE TEÑAN UNHA FELICES FESTAS NADALENCAS E UN FEITICEIRO ANINOVO 2024!
Unha chamadiña a Galicia para falar con GUZMÁN, da
Carnicería Murias-Embutidos Artesanais Petín S.L. (Ourense). Fálanos dos produtos artesanais que serve aos clientes que o soliciten. Todos de proximidade e realizados sen ningún tipo de conservantes nin aditivos. Tamén se lle poden pedir cabritos das montañas dos arredores, carne de vaca de primeira calidade, viño da D.O.Valdeorras, Mel, ectcétera... Aconsella aos nosos oíntes e seguidores que fagan os seus pedidos via internet, ou ao seu teléfono (988 311 552), ou visitando a súa páxina web. Agradecémoslle a súa información, moi axeitada para estas datas de Nadal, que seguro lle será util a algún dos nosos oíntes.A ultima entrevista-conversa é con ADRIÁN MÉNDEZ FERNÁNDEZ un dos responsables da celebración da "FOLIADA DA FONSAGRADA", prevista para os días 7, 8 e 9 de decembro, cun programa de actividades e actuacións moi interesantes. Por certo hoxe mesmo remata o proceso de inscrición para participar e para poder asistir á botelada prevista. Novidades e sorpresas que serán do agrado de tódolos asistentes. Augurámoslles moitos éxitos e moita sorte.
Despedímonos ate o vindeiro xoves, que non será o día 7 porque temos festa, senón o día 14 de decembro. Que sexan felices. Deixamos aquí o programa completo.
Deixamos aquí o programa enteiro.
Deixamos aquí o programa enteiro.
No programa de hoxe tivemos a ocasión de comprobar que "Radio Sant BOI" escóitase en Estados Unidos, concretamente en MIAMI. Por aquelas casualidades da vida chamamos a Fina Martínez Fraiz, para felicitala, xa que estaba de cumpleanos. Ao parecer hai un grupo de persoas que se reúnen para escoitar o noso programa. A verdade é que nos enche de satisfacción e hónranos coa súa escoita.
Despois da nosa sintonía de sempre, e das salutacións oportunas escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto con ADRIÁN, da Asociación Finca Moreiras, que se dedican á crianza de cabalos de Pura Raza Galega. Teñen unha serie de actividades relacionadas cos cabalos salvaxes daquela zona da Serra da Groba, concretamente en Mougás-Oia (Pontevedra). Fan Hipoterapia con grupos reducidos, Terapia de Comportamento, Terapia Ecuestre, Educación e desenvolvemento persoal... etcétera. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.
Falamos con FINA MARTÍNEZ FRAIZ, para felicitala, polo seu cumpleanos. Desexámoslle que cumpla moitos máis, chea de saúde. A verdade é que nos fai moita ilusión comprobar que dende MIAMI (Estados Unidos) teñamos escoitantes e seguidores do noso programa. Seguiremos en contacto con Fina e comprometémonos a seguir conectando en próximas ocasións para que nos describan algunha das actividades que realizan, posto que como nos dí seica hai unha boa colonia de galegos-cubanos alí.
Conectamos con ALBA CUQUEJO, Profesora de Galego na Aula de Idiomas e organizadora, xunto con Estudis Gallecs-UAB, o Recital Poético previsto para o sábado día 11 de novembro ás 18h no Centro Galego de Barcelona. Participarán Tamara Andrés, co seu libro "Irmá paxaro", Ánxela Lema e Sara Villar co seu libro "Excéntricas". Desexámoslle que teñan unha grande asistencia de público e moitos éxitos.
A continuación recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Riberia Sacra (Monforte de Lemos), XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección Quen che Preguntou? na que sempre escolle os seus Me ghusta e Desghustan para achegarnos as informacións máis relevantes que el mesmo escolle. Tamén nos aporta as "anotacións particulares da súa libretiña pequena". Agradecémoslle-lo.
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
¡Que teñan unha feliz semana!
A comunicación con ROBERTO IGLESIAS, do Restaurante-Pulpería "Os Pendellos", en Chantada. Falamos con Roberto Iglesias, que nos pon ao corriente das posibles ofertas que teñen na súa carta, con pratos de diferentes prezos e grande calidade. Sentimos moito a interrupción que sofrimos, quizais devido ao mal tempo que estamos a sofrir, e que afecta moi particularmente a Galicia. Desexamos que sigan tendo moita sorte e moitos éxitos.
Despedímonos ate o vindeiro xoves. Que teñan unha feliz semana e deixamos aquí o programa enteiro.