Voltamos, outra semana máis, a ofrecerlles este programiña de radio en galego, tentando entretervos e darvos a coñecer as noticias e novidades que escollemos para todos vosoutros.
Chamamos a Xosé Manuel F.Montes, o noso correspondente na Ribeira Sacra, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Fainos un percorrido moi particular das cousas que el mesmo escolle e debulla un chisco o contido das mesmas, rematando con algunha que outra anécdota ou sentencia retranqueira, moi propia dos "nosos galegos".
Na segunda parte poñémonos en contacto con Víctor Grande (é cómico, informático, friki, tecnosexual, fan boy, serieadicto, galego e non necesariamente nesa orde). Así é como el mesmo se define na súa páxina web. Un "Grande" personaxe, a quen agradecemos a súa aportación e felicitámolo pola súa intervención no programa televisivo "Tú si que vales". Agardamos poder contar coa súa participación en vindeiras ocasións.
A vindeira semana máis, con máis música, más novidades e posiblemente con algunha sorpresiña ou primicia para todos vostedes. ¡¡¡Agardámosvos a todos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario