Unha nova entrega deste programiña en galego. Conectamos co noso correspondente, Xosé Manuel F.Montes, na capital da Ribeira Sacra, encargado da sección "Quen che preguntou". Fálanos das previsións do tempo e de diferentes novidades escollidas, para comentalas polo miúdo, e remata dándonos as súas "receitas retranqueiras".
Na segunda parte falamos con don JOSE FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Alcalde do Concello de Navia de Suarna. Coméntanos o falecemento do Sr. Francisco Acal Eiros, Alcalde do veciño Concello de Baleira. A conversa centrámola nas posibilidades de turismo e ofertas para poder disfrutar desa comarca dos Ancares, na que o Concello de Navia ten moitas e abundantes recursos, ademais dos gastronómicos.
Despedimos o programa e desexamos que volvan a conectar con nosoutros a vindeira semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario