No programa de hoxe comezamos con música de Milladoiro, mentres tentamos comunicarnos con don XOSÉ CARLOS G.G., responsable de Cultura na A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà e Presidente de XUNTANZA, con quen falamos sobre as actividades que recentemente se celebrarán na Entidade e tamén recibimos información sobre outras interesantes noticias relacionadas cos galegos en Catalunya. Prometémonos voltar a comunicarnos con el.
A segunda conversa é con BIEITO ROMERO, o líder principal de LUAR na LUBRE, o Grupo máis importante da nosa música folk en Galicia, actualmente. Mantemos unha pequena entrevista relacionada coa traxectoria e cos últimos acontecementos que veñen de realizar recentemente e desexámoslles que sigan colleitando éxitos e nós que poidamos publicalos e ofrecérllelos aos nosos oíntes e seguidores.
Na segunda hora, como cada semana a conexión coa capital da Ribeira Sacra - Monforte - para falarmos co noso correspondente XOSÉ M. F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que nesta ocasión ven chea de interesantes cousas, que teredes que escoitar si desexades enterarvos delas. A última é unha biogrfía dun galego inventor (case descoñecido). A súa aportación creativa é unha "foto" do entrevistado anterior, que nosoutros recollemos e ofrecémoslle a tódolos nosos oíntes e seguidores. ¡¡ Moitas Grazas, compañeiro !!
Despois falamos con Fernando Barroso, que será un dos participantes no RUBRIFOLKUM de Sant Boi, esta vindeira fin de semana, xunto con Peixoto e Fariña así como unha serie de grandes intérpretes e músicos amantes do folk. Desexámoslles moitos éxitos.
A vindeira semana voltaremos. ¡Non esquezades de sintonizarnos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario