No programa de hoxe comezamos escoitando música de RIOBÓ, para darlle un saúdo de ben-vida á súa lider BEGOÑA Riobó, con quen mantemos unha pequena conversa chea de interese para todos nosoutros, e na que comenta os seus proxectos próximos, Agradecemoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.
A segunda conversa-entrevista é con don XESÚS PÉREZ FREIJO, que dirixe a "Queixería CASTELO", no Cebreiro. Fálanos dos éxitos que veñen acadando ultimamente, non só na Feirado Queixo do Cebreiro senón tamén en outras localidades ás que acude para amosar este producto de excepcional calidade.
Na segunda hora, como sempre, conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? na que sempre nos ten preparadas unha serie de informacións escollidas e remata cunha lectura moi retranqueira relacionada coa dor: Cómo acostuman a denominar a intensidade da dor os galegos, diseccionada en diversas FASES.
A ultima entrevista é con dona BEATRIZ VILA FREIRE, responsable da Asociación de Hostalaría da zona sur de Lugo, con quen xa temos conversado noutras ocasións e sempre nos recibe con moita amabilidade e infórmanos das diversas Actividades que se están a desenvolver na zona. Noutra ocasión voltaremos a chamala para que nos teña ao día das Novidades que vaian sucedéndose.
Lembren que este programa volve a re-emitirse os domingos.
A vindeira semana, máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario