Comezamos o programa coas presentacións habituais, ofrecéndolles os nosos enderezos para contactar connosco e propoñéndolles escoitar unha peciña musical galega. Deseguido conectamos con Galicia, concretamente con don CESAR FREIRÍA, Cé Orquestra Pantasma, que nos da cumprima información da Presentación de MIUDIÑO, mañá mesmo, día 20 de xaneiro no Torreiro de San Xoan de Freixo-Valadares (Vigo) ás 16:30. Agradecémoslle a súa amable atención.
Despois falamos con don Miguel Rodríguez, do Grupo Asturiano "Caldo y os Rabizos", que nos informan da súa formación e das súas investigacións relativas á musica tradicional e da súa peculiar forma de interpretala, así como dos instrumentos característicos da súa zona. aproveitamos para dar información da próxima presentación do libro de XINA VEGA, DARK BUTTERFLY, en "La Central del Raval", o vindeiro venres, 20 de xaneiro ás 19horas. Están todos convidados.
Na segunda hora, coma sempre, conectamos coa Capital da Ribeira Sacra, Monforte, para falarmos con Xosé Manuel F.Montes, o correspondente encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre ten preparadas unha morea de cousas e interesantes novidades, rematando a participación coas "súas cousas de O Galego éche así", ademais da aportación creativa en forma de viñeta alusiva ao programa de hoxe, cun pouco de retranca.
A ultima intervención-entrevista é con dona MÓNICA FERNÁNDEZ, Xefa de Sala do 99 Sushi Bar e Directora do Grupo Empresarial BAMBÚ, que rexenta nada menos que 6 Restaurantes en toda España. Está proposta para ser a 1ª Sumeller más importante do mundo, segundo o xurado que se reunirá próximamente en Paris, o vindeiro día 5 de febreiro. Unha conversa moi agradable e entretida que nos engaiolou. Desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.
Despedímonos de tódolos nosos oíntes desexando que volvan a sintonizarnos a vindeira semana.
Galegos no BAIX con @FreiriaCesar, Miguel de "Caldo y os Rabizos", Xosé Man @Hermanager, e Mónica de @99SushiBar
ResponderEliminar