Unha semaniña máis con todos vostedes tentando levar adiante este programiña de dúas horiña de radio en galego. Comezamos conectando con Galicia, concretamente achegámonos a VIANA do BOLO para falarmos con XURXO MINAS DOMÍNGUEZ, coordinador do Entroido 2017 nesa localidade, e que esta fin de semana celebran a "IIIª Mascarada Ibérica" en Vilariño de Conso e Viana do Bolo. Unha conversa moi interesante, chea de información e coñecemento da Tradición Popular Galega, que levan adiante con moitísimo entusiasmo. Agradecémoslle a súa participación.
A segunda conversa-entrevista é con HUGO TORREIRO, que nos atende moi amablemente, e fálanos da súa traxectoria de cantautor e creativo musical galego.
Como cada semana conectamos con XOSÉ MANUEL Fernández MONTES, o noso correspondente na Ribeira Sacra, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que nos deleita coa súa aportación cultural e retranqueira e nos envía unha viñeta alusiva ao programa.
Despedímonos ate a vindeira semana. Non deixedes de sintonizarnos e ¡Sede moi Felices!
No hay comentarios:
Publicar un comentario