jueves, 2 de febrero de 2017

XOVES 2 de FEBREIRO do 2017

Unha semaniña máis con todos vostedes, tentando facer dúas horiñas de radio en galego. Hoxe comezamos conectando con XOAN PRIETO, Presidente da A.C.G. AGARIMOS de Badalona, que nos fala das actividades que están preparando para celebrar os 20 anos de existencia desa Asociación e dos moitos proxectos que teñen en mente para realizar próximamente. Agradecésmolle a súa amable atención.


A segunda entrevista-conexión, é con TINO, do Restaurante "Casa Rodiño" de MEAÑO, que nos atende moi amablemente e fainos un percorrido pola súa traxectoria restauradora. Felicitámolo polo seu traballo e pola súa participación na "Gala-Xantar de Galiciame", en Cambados, e prometémonos voltar a conectar con el para que nos siga falando das súas propostas culinarias e outras noticias interesantes do Salnés.


Continuamos, na segunda hora, conectando novamente con Galicia, para falar co noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, que se atopa no "18 Salón internacional de Turismo Gastronómico de Galicia:  XANTAR", en Ourense, dende nos fai unha exposición moi interesante sobre este evento de renome internacional e que está a ter moitísima repercusión. Agradecémoslle a súa aportación. Posiblemente teremos que agardar a mañá para recibir a súa aportación creativa para esta semana, pero deseguida que a recibamos colgarémola neste noso blog.


A ultima intervención-entrevista é coa nosa amiga SES, María Xosé Silvar, que ven de presentar o seu cuarto CD "Opoñerse á extinción". Felicitámola pola traxectoria que ven tendo ultimamente, alí onde realiza un concerto enche. Os vindeiros en Vigo e en Pontevedra. E aproveitamos para intercambiar algunhas impresións sobre este ultimo traballo tan interesante e rompedor, como nos ten acostumados. ¡Que teñas moitos éxitos, feitiña!


E despedímonos ate a vindeira semana. ¡Non deixedes de sintonizarnos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario