jueves, 16 de febrero de 2017

XOVES 16 de febreiro do 2017

Unha emisión máis con todos vosoutros, tentando facer dúas horiñas de radio en galego. A primeira comunicación-entrevista é con MIGUEL ANXO, da Panadería-CONFITERÍA "La Golondrina" de Cacabelos, que foi unha das empresas colaboradoras na exposición de productos do Bierzo no XIV Festival do Botillo en Cataluña, da semana pasada. Felicitámolos polo seu labor en mantemos unha conversa moi interesante.


Falamos despois con don FERNANDO CAMINO, Presidente da Asociación Musical Visantoña, que teñen esa gran Banda de Música da Asociación Musical VISANTOÑA, no Concello de Santiso, e que están a cumplir 140 anos da súa fundación. Axúdanos a coñecer un pouquiño máis de perto esta Banda de música tradicional galega, que ven de actuar, recentemente na Televisión Galega.


A seguinte conexión é con dona BEATRIZ VILA FREIRE, responsable da Asociación de Hostalaría e Turismo do Sur de Lugo, concretamente en Monforte de Lemos, que nos fai de correspondente e infórmanos de tódalas actividades e acontecementos que teñen previsto para estas datas de Entroido e no mes de marzo: "Estase Cocendo", "Para comer Lugo" e "Cume Tapas", así como outras moitas cousas interesantes que se poden disfrutar na Ribeira Sacra, nestas festivas datas de Entroido, con descontos e ofertas especiais.


Chamamos despois a ROBERTO REGAL, Enólogo, viticultor e empresario, sobriño de dona ESTHER, a primeira adegueira da Ribeira Sacra, e tamén a 1ª que ofrece un viño ecolóxico de primeira calidade. Unha conversa moi amena e distendida, chea de informacións e novidades interesantes, relacionadas coa súa dedicación e coa Ribeira Sacra. ¡¡¡Moitas Grazas, Roberto!!!


Xa saben este noso programa volte a reemitirse o vindeiro domingo día 19, de 15 a 17 horas. Non deixen de sintonizarnos e ate a vindeira semana. ¡Que sexan felices!

No hay comentarios:

Publicar un comentario