miércoles, 26 de junio de 2013

MARTES : 25 de XUÑO do 2013

ULTIMO PROGRAMA da TEMPADA 2012-13


Dámoslles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores e propoñémoslles escoitar unha peza de música do Grupo tradicional galego "Brincadeira", dos que temos un CD moi interesante, e no que se recollen moitas pezas tradicionais galegas.
Deseguida conectamos coa Ribeira Sacra, pra falarmos con Xosé M.F.MONTES, o noso correspondente habitual, que sempre ten moitas e interesantes noticias escollidas para comentar con nosoutros. Agradecémoslle a súa aportación e emplazámolo para o vindeiro 17 de setembro, que é cando comezaremos a seguinte tempada. ¡Que teña unha boas vacacións!

Na segunda parte do programa chamamos a Galicia, novamente, para poñernos en contacto con MANUEL FERNÁNDEZ GÓMEZ, fotógrafo de profesión en "A Fonsagrada", co que mantemos unha amena conversa-entrevista falando dos moitísimos momentos e instantáneas que ten recollido ao longo da súa vida profesional. Ademais de agradecerlle a súa colaboración, tamén lle prometemos voltar a comunicarnos con el pra vindeiras ocasións.

E despedímonos ate o día 17 de SETEMBRO. Tentaremos repoñer forzas, recargar as "PILAS" e innovar e mellorar esta nosa emisión, na medida das nosas posibilidades. Neste sentido posiblemente teñamos algunha NOVIDADE importante que xa lles comunicaremos oportunamente. 
¡Que pasen unhas felices vacacións! e non deixen de sintonizar Radio SANT BOI!!!

martes, 18 de junio de 2013

18 de xuño 2013

Comezamos o programa dándolle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores e ofrecéndolles unha peza musical interpretada por Jei Noguerol, no tempo das cereixas... conectamos con Galicia, para falarmos con MARTA, da Granxa Maruxa, para que nos fala das "Maruxas de Nata", e fainos un pequeno percorrido das súas actividades e da Granxa.

Escoitamos outra peza musical e deseguida conectamos co Sr.Manuel, responsable e propietario da TABERNA GALEGA, de Sant Boi, que nos informa das ofertas que no seu establecemento poden degustar: Productos galegos de calidade. Todos con denominación de orixe. Convida aos oíntes que se acheguen ao seu local para degustar unha copiña de albariño xunto cun pinchiño, invitación da casa.

E para finalizar o programa de hoxe conversamos con JULIA ALONSO, Xerente da Asociación de Empresarios de Redondela, que nos pon ao corrente das diferentes Actividades e Festas locais que celebraron recentemente: "Imos de Tapas, Festa do Choco, Festa da Coca..." e rematamos a conversa co convite que nos envía para que vaiamos a visitalos nesa fermosa localidade pontevedresa.


Despedímonos ate o martes que ven. Será o final de temporada e faremos un programa moi interesante e especial. Agardamos que nos volvan a sintonizar.

martes, 11 de junio de 2013

11 de xuño do 2013

Comezamos o programa dedicándolle unha peza de música á TABERNA GALEGA de Sant Boi, concretamente ao seu propietario Sr.Manuel, con quen temos prometido falar en vindeiras datas. Deseguido comunicámonos con Galicia para falarmos con Xosé Manuel F.Montes, o noso correspondente na Ribeira Sacra e encargado da sección quen che preguntou?. E fainos un pequeno percorrido polas informacións e noticias que escolleu para hoxe.

Despois poñémonos en contacto con OSCAR, encargado do Restaurante O MIRADOR, en Portomarín, que nos fala das súas especialidades (anguilas, pulpo e carnes con denominación de orixe galega) e coméntanos a noticia de que van a inaugurar, en fecha próxima, a segunda planta do Restaurante, dende o que se divisa unha fermosa paisaxe e o impresionante encoro de Belesar. Agradecémoslle a súa participación e colaboración no noso programa e prometemos volver a contactar con el para que nos informe de novidades futuras.

Despedímonos cunha peza de música ate a vindeira semana.

martes, 4 de junio de 2013

MARTES 4 de xuño

Despois dunha semana intensa e chea de acontecementos (representacion teatral no Orfeò Catalonia de Cornellà, Festa Galega en Can Mercader... ...) hoxe voltamos a emitir outro programiña en galego, cos mesmos azos e intencións de entreter e difundir un chisco a nosa cultura. 
Comezamos, como cada semana, conectando coa capital da Ribeira Sacra (Monforte) para que o noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? para que nos faga un percorrido polas noticias e informacións que ten escollidas para nosotros.

Na segunda parte do programa poñémonos en contacto con PABLO CARPINTERO, un investigador dos instrumentos musicais galegos e un lutier dos máis importantes de Galicia. Fai tempo que tiñamos moitas ganas de conversar con el, e hoxe, neste primeiro contacto, danos información dalgún dos seus traballos e ponnos ao corrente do seu traballo actual. Agradecémoslle a súa atención e consideramos que esta será a primeira de moitas máis ocasións nas que procuraremos falar con el.

Lembren que este programiña volve emitirse os domingos de 13h a 14 horas. A vindeira semana máis. 

martes, 28 de mayo de 2013

Martes 28 MAIO 2013

Unha nova entrega deste programiña en galego. Conectamos co noso correspondente, Xosé Manuel F.Montes, na capital da Ribeira Sacra, encargado da sección "Quen che preguntou". Fálanos das previsións do tempo e de diferentes novidades escollidas, para comentalas polo miúdo, e remata dándonos as súas "receitas retranqueiras".
Na segunda parte falamos con don JOSE FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Alcalde do Concello de Navia de Suarna. Coméntanos o falecemento do Sr. Francisco Acal Eiros, Alcalde do veciño Concello de Baleira. A conversa centrámola nas posibilidades de turismo e ofertas para poder disfrutar desa comarca dos Ancares, na que o Concello de Navia ten moitas e abundantes recursos, ademais dos gastronómicos.
Despedimos o programa e desexamos que volvan a conectar con nosoutros a vindeira semana.

martes, 21 de mayo de 2013

Martes 21 de maio do 2013

Voltamos, outra semana máis, a ofrecerlles este programiña de radio en galego, tentando entretervos e darvos a coñecer as noticias e novidades que escollemos para todos vosoutros.
Chamamos a Xosé Manuel F.Montes, o noso correspondente na Ribeira Sacra, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Fainos un percorrido moi particular das cousas que el mesmo escolle e debulla un chisco o contido das mesmas, rematando con algunha que outra anécdota ou sentencia retranqueira, moi propia dos "nosos galegos".

Na segunda parte poñémonos en contacto con Víctor Grande (é cómico, informático, friki, tecnosexual, fan boy, serieadicto, galego e non necesariamente nesa orde). Así é como el mesmo se define na súa páxina web. Un "Grande" personaxe, a quen agradecemos a súa aportación e felicitámolo pola súa intervención no programa televisivo "Tú si que vales". Agardamos poder contar coa súa participación en vindeiras ocasións. 

A vindeira semana máis, con máis música, más novidades e posiblemente con algunha sorpresiña ou primicia para todos vostedes. ¡¡¡Agardámosvos a todos!!!

martes, 14 de mayo de 2013

MARTES 14 de maio do 2013

Unha semaniña máis con este noso programa de radio en galego. Desexamos facerlles entretida esta horiña de radio tentando comunicarlles as novidades, conversas, entrevistas e música galega que nos chega á nosa Redacción. Comezamos chamando a Xosé M. Montes, o noso correspondente da Ribeira Sacra, en Monforte, que nos fala daquelas cousas que el mesmo escolle para levar adiante esa súa sección que titulamos: QUEN CHE PREGUNTOU?

A segunda parte do programa ocupámola falando co Sr.ARGELIO FERNÁNDEZ QUEIPO, Alcalde do Excmo. Concello de A Fonsagrada. Agradecémoslle a súa aportación e colaboración e comprometémonos a volver a falar con el, xa que logo, non nos foi posible aprofundar en certas cuestións importantes, relacionadas con ese Concello da Provincia de Lugo.

A vindeira semana voltaremos. ¡¡¡ Agardámolos a TOD@S !!!

martes, 7 de mayo de 2013

MARTES 7 de MAIO do 2013

Unha horiña de radio en galego. Nesta ocasión non poderemos contar co noso correspondente habitual na Ribeira Sacra, pero temos alternativas interesantes. En primeiro lugar poñémonos en contacto co Sr. Manuel, que é o propietario e director do RESTAURANTE-PULPERÍA ALONGOS II, en Melide (A Coruña), co quen mantemos unha conversa-entrevista moi interesante. Falounos do seu negocio, da característica particular que dende fai un tempo ven desenvolvendo: Os postres caseiros ecolóxicos, tamén nos informou das moitas Festas e eventos que se celebran nesta localidade do Ulloa e concluimos a charla falando cun peregrino de Lanzarote que se atopaba xantando no seu local.

Na segunda parte falamos con don Domingo (Periodipesca), un grande coñecedor da pesca deportiva, que nos informa do Congreso recentemente realizado en Navia de Suarna.

A vindeira semana voltaremos, unha vez máis, con moitas ganas de realizar outro novo programiña.
Non se esquezan que este programa volve a emitirse o domingo de 12 a 13 horas.


miércoles, 1 de mayo de 2013

MARTES 30 de ABRIL do 2013

Outro programiña máis de radio en galego. Unha horiña que pretendemos facer entretida para tódolos nosos oíntes e seguidores. Comezamos conectando con Galicia. Alí, na Ribeira Sacra, está o noso correspondente Xosé Manuel F.Montes, que se encarga desta sección QUEN CHE PREGUNTOU? e fainos un repaso das "cousiñas" que el recolle, a modo de informacións destacadas , acontecidas na ultima semana na nosa Terra. Recomenda a visita da fin de semana vindeira a CELAVENTE, para disfrutar da VI Ruta dos FORNOS, e remata a súa intervención cos "Ditos e Refráns" retranqueiros aos que nos ten acostumados.

Na segunda parte do noso programa poñémonos en contacto con JUAN JOSÉ FERNÁNDEZ, Maestro Gaiteiro que se atopa en Lugo. Mantemos con el unha pequena conversa-entrevista falando da súa experiencia e do seu traballo investigador e de grande valor.

Lembren que este programa volve emitirse o domingo de 12 a 13 horas. A vindeira semana máis e, se podemos, mellor.

martes, 23 de abril de 2013

23 de ABRIL do 2013

Neste martes comezamos felicitando a tódolos JORDIS e enviando unha salutación á familia de MANUEL PIÑEIRO, compañeiro nas lides radiofónicas e que sempre levou coma estandarte na súa comunicación o espallamento da nosa lingua galega e as nosas cousas. Finou hai uns días. Dende esta nosa humilde fiestra, enviámoslles as nosas máis sentidas condolencias. 
Deseguida conectamos coa Capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - como cada semana, para falarmos con Xosé Manuel F.Montes, o noso apreciado colaborador que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre lle inserta un sentido moi particular e característico coa súa interpretación retranqueira.

Na segunda parte do noso programa falamos co amigo ALFREDO GONZALEZ VILELA, cantautor galego que sempre ten algunha novidade interesante que ofrecernos, e anúncianos diversas actuacións nas que ten previsto actuar en vindeiras datas: o día 11 de maio, na A.C.G.Rosalía de Castro, ás 6 da tarde; no Orfeó Catalá, o día 18 de maio na representación teatral de "Anduriña": Os Vellos non deben namorarse e o día 25 de maio novamente na A.C.G.Rosalía de Castro, na Conferencia que imnpartirá don ANTONIO ALVAREZ GONZALEZ, Presidente da Asociación Castaño e Nogueira, que versará sobre a recuperación do Sendeiro de Quinta-Río Donsal.

Lembrade que voltamos a re-emitir este nodo programa os domingos de 13h á 14 horas.
A vindeira semana voltaremos e agardámosvos a todos.

martes, 16 de abril de 2013

MARTES 16 de ABRIL do 2013

Unha semana máis ofrecémosvos este programiña de radio en galego tentando entretervos e que pasen unha hora agradable. Nos controis de son Damiá, na locución Xulio Couxil e ARMANDO FERNÁNDEZ dirixindo.  
A sección QUEN CHE PREGUNTOU? realizámola coa colaboración do noso correspondente en Galicia, na capital da Ribeira Sacra, Monforte, XOSÉ M.Montes, que coma sempre nos recrea as noticias recentes que el mesmo escolle, para darlle un "toque retranqueiro" e desenfadado.
Na segunda parte do noso programa, e aproveitando a conexión que nos facilitou SANDRA, de Comerengalicia.es, falamos con LOLY, a "chef" do Restaurante A TABERNA DO TRONCO, en Chavín-Viveiro (Lugo), con quen mantemos unha pequena conversa-entrevista moi enriquecedora e con moita información relacionada co seu establecemento, co seu entorno e coa gastronomía galega. Agradecémoslle a súa aportación e colaboración.
Na vindeira semana tentaremos facer outro programiña máis, con moitas novidades e sorpresas para tódolos nosos oíntes e seguidores. 
Non nos fallen. ¡¡¡ Agardámolos a todos!!!

miércoles, 10 de abril de 2013

Programa do martes pasado

9 de ABRIL do 2013.
  Comezamos dándolle a benvida a tódolos nosos seguidores e amigos. Conectamos coa capital da RIBEIRA SACRA, para falarmos con XOSÉ M.MONTES, o noso correspondente, que dende Monforte de Lemos sempre nos imforma moi polo miúdo das novidades que el mesmo escolle, relacionadas coa actualidade galega. Nesta sección que titulamos QUEN CHE PREGUNTOU?, sempre teñen cabida unha serie de "sentencias retranqueiras" que o noso amigo e colaborador confecciona con moito tino e cun sentido do humor moi axeitado. 

 Na segunda parte do noso programa conectamos con VICTOR GRANDE, cómico, informático, friki, tecnosexual, fan boy, serieadicto e galego, como el mesmo se define. Unha persoa moi interesante e moi especial, que virá a Barcelona a realizar dúas actuacións, presentado polo noso amigo ALBERTE MONTES. Desexámoslle que recolla moitos éxitos nas súas intervencións. 

 A vindeira semana voltaremos. 
Non se esquezan de que o DOMINGO ao mediodía (de 12 a 13horas) reemítese este noso programa en RADIO SANT BOI. Agardámolos o vindeiro martes á mesma hora, de 16 a 17horas, con moitas máis noticias e entrevistas, mesturadas con boa música galega, chamdas e intervencións interesantes.

miércoles, 3 de abril de 2013

MARTES 2 de ABRIL do 2013

Un novo mes e un novo programa en galego. Nesta semana non podemos conectar con Xosé M.Montes, por mor dalgún compromiso persoal, pero conectamos con MASITO BEIRÓ, o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en PADRÓN, con quen mantemos unha amena conversa sobre algúns acontecementos e eventos que se celebrarán naquela localidade, todos eles de singular importancia cultural, e repasamos algunhas cousas que el mesmo escolle.

Na segunda parte do programa trasladámonos a ALLARIZ (Ourense) para falarmos con CHUS, a filla de dona LUISA SEARA, a mantedora dunha das receitas das "Améndoas de PICO". Esta familia é das poucas que aínda hoxe en dia, e tan só por encargo, son capaces de elaborar este doce tan sabroso e exquisito que seica procede dunha elaboradísima receita de procedencia xudea e que lle transmitiron no seu día aos seus antecesores as monxas clarisas desta localidade. Chus fálanos da súa "Confitería LUÍSA", que segue a tradición da súa nai e continúa a despachar os riquísimos "Amendoados de Allariz" e outros doces que teñen unha grande demanda, como poden ser as Roscas doces, os Melindres, os Mazapáns, as Tortas de Améndoa... e os licores tradicionais galegos (Oruxo, Licor café, Licor de Herbas, Licor de Oruxo... etcétera). A verdade é que se nos fai a boca auga falando con ela. Desexámoslle que continúe disfrutando do seu traballo e agardamos voltar a falar con ela noutra ocasión, para que nos dea algunha receita deses doces exquisitos que ela confecciona.


A vindeira semana máis, e se é posible moito mellor... ¡Agradámovos a TODOS!