jueves, 12 de febrero de 2015

XOVES de COMADRES: 12 de febreiro do 2015

Comezamos o programa de hoxe coa entrevista a don XOSÉ FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Alcalde do Excmo.Concello de Navia de Suarna, que nos da cumplida información da "25 Feira-Festa da Androlla" que se celebrará a vindeira fin de semana. Tamén tivemos ocasión para preguntarlle cousas relacionadas co Concello e aproveitou para darnos una noticia, en exclusiva para os osos oíntes: Xa están moi adiantadas tódalas xestións para que se realice axiña a construcción da Residencia de Maiores na Proba de Navia de Sauarna.


A segunda entrevista é con don ANDRÉS MONTESINOS, Alcalde do Concello de VIANA DO BOLO. O vindiero domingo 15 de febreiro celebrará a "XLV FESTA DA ANDROLLA". A cantidade de persoas que teñen previsto asistir a este evento calcúlase que chegará a 3000, ou máis se contamos os que elixirán os restaurantes da vila para celebrarlo. O aforo do Pavillón Deportivo da localidade estará abarrotado e colocaranse unhas carpas, no exterior, para atender aos compoñentes dos folións e comparsas que desfilarán no pasarúas desa mañá domingueira  Desexámoslle moitos éxitos e agradecémoslle a súa amable atención e información, que sempre nos dispensa.


Tamén falamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé M.F.Montes, encargado da sección Quen che pregunto? que como cada semana ten preparadas as súas noticias de interese para todos nos, xunto con algunha anécdota humorística.


A ultima intervención-entrevista é con PALOMA RAMOS, de LIÑARES, elaboradora de andollas caseiras e artesanas, que ademais de darnos as receitas personais e antergas da súa familia, convídanos a participar na Feira deste producto en Navia.


Desexamos que volvan a sintonizarnos a vindeira semana.

jueves, 5 de febrero de 2015

XOVES. 5 de FEBREIRO do 2015

Un programa máis, en galego. Como cada xoves dúas horiñas de radio con música galega, informacións diversas, conversas e entrevistas que desexamos sexan do voso interese. Hoxe comezamos chamando a RUBÉN, da "CASA CASTELAO", en "A Fonsagrada", por mor da celebración da "XVIII FEIRA do BUTELO de A FONSAGRADA", prevista para os día 7 e 8 deste mesmo mes. Agradecémoslle moi encarecidamente a súa amable atención, xa que a pesares do constipado que lle incomodaba, aínda tivo a pacencia suficiente como para comentar con nosoutros aspectos moi interesantes da Feira e dos productos que elaboran na súa CASA.


Uns minutiños de música galega para "adubiar" un chisco as nosas conversas.

Na segunda hora, conectamos con XOSÉ M.F.MONTES, o noso correspondente en Monforte de Lemos, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, e que cada semana ten preparadas unha serie de informacións e noticias de certo interese para tódolos nosos oíntes e seguidores, acabando coas súas sentencias-refráns retranqueiros que provocan algún que outro sorriso.
A ultima entrevista é con CARMEN, de Xanela da Lúa, a Vivenda Rural de LIRA, que ten unha oferta especial para os Namorados, concretamente a fin de semana do 14 deste mes (San Valentín), pero que tamén poden aproveitar outras suxerencias e ofertas de Entroido e Semana Santa, moi apetitosas e económicas para poder disfrutar dunha estancia feiticeira. Desexámolle moitos éxitos e agradecémoslle a súa amable participación no noso programa.


A videira semana mais. Agadamos que volvam a sintonizarnos.

jueves, 29 de enero de 2015

29 de XANEIRO do 2015

Un programa máis, enchendo estas dúas horas, de radio en galego. Nesta ocasión chamamos, en primero lugar, a XOAQUIN XESTEIRA, de "TREIXADURA" co que mantemos unha conversa engaiolante, con motivo da presentación do seu último CD, que leva por título: "VENDIMA TARDA", e aproveitamos a ocasión para irmos escoitando algunhas das súas interpretacións musicais. Un privilexio para nos, e unha conversa chea de engado. Agradecémoslle, a Xoaquín, a súa amable atención e aportación ao noso programa.


A segunda intervención-conversa é con XANECO, do Grupo musical galego "OS MINHOTOS", que nos fala do seu último CD, que leva por título "PINGA D'AUGA", e do que aproveitamos para irmos escoitando un chisco de música mentres falamos con el.


Na segunda hora conectamos coa capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - para falarmos co noso correspondente XOSÉ MANUEL F.MONTES, encargado da sección "QUEN CHE PREGUNTOU?" e que sempre ten preparada a súa intervención comentando algunha noticia galega con certa interpretación retranqueira.


Antes de rematar, falamos con ALFONSO BECERRA, dramaturgo nado en Becerreá, que nos pon ao corrente da recente publicación-presentación do seu libro "Textículos" que nos explica, polo miúdo, en qué consiste esta publicación e tamén nos da unha pequena clase teatral coa súa mestría profesional. Agradecémosllelo e prometemos voltar a chamalo para que nos siga a ilustrar coa súa aportación e participación desinteresada. 


A vindeira semana voltaremos aquí. Á mesma hora e con máis música. Seguide sintonizándonos. ¡¡¡ Agardámosvos !!!

jueves, 22 de enero de 2015

XOVES 22 de XANEIRO do 2015

Dúas horiñas de radio en galego, dende esta nosa emisora municipal, como cada semana. A primeira intervención-entrevista-conversa é con CARMEN PENIN, cantautora, profesora e intérprete galega que nos atende moi amablemente e adiántanos os traballos que ten preparados para este ano. Moi interesantes e moi engaiolantes. "2Na Fronteira" xa é un referente da música galega e, nós sentímonos moi honrados ao tela como amiga e que sempre nos recibe con agarimo.


Na segunda hora conectamos coa RIBEIRA SACRA, concretamente con Monforte de Lemos, para fallamos con XOSÉ M.F.MONTES, o noso correspondente encargado da sección. QUEN CHE PREGUNTOU?, e que sempre nos ten preparada a súa intervención con aconteceres interesantes en Galicia. Acaba dándonos algunha que outra sentencia retranqueira. Nesta ocasión as mentiras.


Antes de finalizar conectamos con ALBERTE MONTES, monologuista, director e polifacético actor, que nos convida a asistir á súa actuación o vindeiro día 25 no ATENEO ROIG, en Gracia. Estará acompañado dun grande da comedia e dos monólogos: OSWALDO DIGÓN, baixo o título: GARDA OS CARTOS. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos volver a conectar con el para que nos siga a faltar das súas actuacións e dos seus éxitos, que lle deseamos sexan abandosos.


A semana que ven máis e, se podemos, mellor.

martes, 20 de enero de 2015

15 de xaneiro do 2015

Un programa máis deste ano 2015, no que temos que disculpar a presencia nos estudios de X.Cougil por mor do seu desprazamento ás illas Pitiusas, pero que seguro poderemos falar un chisco con el.
A primeira comunicación con Galicia é para falar con MARÍA DO CEO, cantante galega que acaba de presentar un novo CD a semana pasada e que pronto teremos aquí para disfrute de tódolos nosos oíntes. Tamén aproveitamos para que interveña Xulio dende Ibiza.


A segunda intervención é con XOSÉ M. F. MONTES, o noso correspondente na Ribeira Sacra (Monforte), encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que fai unha disertación sobre algunha das noticias sobre Galicia que el mesmo escolle.


A terceira intervención é con ELI RÍOS, que acaba de ganar un premio interesante: MODESTO R.FIGUEIREDO, o más antigo de Galicia. O título polo que ven de recibir o premio é: Remexido de patacas. Desexámollle que continúe a acadar premios nesa liña de traballo que está realizando, tan interesante.


A semana que ven máis e, se podemos, mellor.

jueves, 8 de enero de 2015

8 de XANEIRO do 2015

PRIMEIRO PROGRAMA DO 2015

Comezamos dándolles a ben-vida e felicitando o aninovo a tódolos nosos oíntes e seguidores. A proposta de hoxe encetámola coa entrevista-conversa con CARMEN PICHEL, unha "costureira" de Boqueixón, grande Modista Diseñadora e Creadora de Alta Gama. Unha honra e un pracer poder falar con ela. A súa amable atención serve para podermos aprender algo máis dela e gabarnos de ter o privilexio de poder falar cunha das máis grandes Creadoras galegas de Moda. Agradecémosllelo e prometémonos volver a comunicarnos con ela para que nos informe das súas novidades.


Aproveitamos estes minutiños para facernos eco dunha noticia luctuosa que vimos de recibir na nosa Redacción, o falecemento da SRA. CARMEN, cantadora do Grupo MALVELA, e como humilde homenaxe ofrecémoslles escoitar dúas pezas de música interpretadas por ela, pertenecientes ao seu disco persoal: Na flor dos meus anos. Deixounos a súa presencia, pero manteremos siempre viva a súa aportación musical e interpretación tan viva, a pesares dos seus anos. ¡Que a terra lle sea leve!


Na segunda hora conectamos con Galicia, concretamente coa RIBEIRA SACRA, para o apartado QUEN CHE PREGUNTOU?, a cargo do noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé M.F.Montes, que sempre ten preparadas unha escolleita de novidades e propostas moi interesantes.


Depois falamos con NONITO PEREIRA REVUELTA, un grande musicólogo, xa retirado, con quen mantemos unha conversa moi agradable lembrando os comezos da musicoloxía galega dos anos 70 e 90 do século pasado... Seguro que voltaremos a chamalo para que nos teña ao corrente das moitas cousas que viviu e que nos servirán para aprender algo máis sobre a nosa cultura musical galega e das suas andanzas musicais daquela época.


A videira semana máis. ¡¡¡ Agardámosvos !!!

viernes, 19 de diciembre de 2014

Ultimo programa do ano 2014

18 de DECEMBRO do 2014

Neste programa de hoxe propuxémonos felicitar aos nossos oíntes e seguidores, xa que coincide coa finalización das emisións e as datas de vacacións.
Comezamos o programa propoñéndolles escoitar un tema do Libro CD GATUXO, e aproveitamos para falar co seu autor MAGIN BLANCO. Seguro que este será un dos discos que máis se mercará nestas datas tan entrañables, para agasallar aos cativos galegos.


Despois chamamos a JUAN PEDRO, un dos principais responsables de ASOBECAT, que nos adianta a celebración do "12 FESTIVAL DO BOTILLO en Cataluña", no Hotel Front Air Congress, de Sant Boi de Llobregat. Tamén falamos con Raquel Palomero, responsable do Hotel.


Na segunda hora, como cada semana, falamos con Xosé Manuel F.Montes, o noso correspondente na Ribeira Sacra, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, e donantes de despedirnos enviámoslle os nosos mellores desexos de felicidad para estas datas.


A ultima entrevista deste ano foi con don MANUEL PIÑEIRO, responsable da Xoiaría PIMAR, en Lugo, que nos fala da Campaña de NADAL que teñen organizada para estas datas dende o COXGA (Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia) que consiste en prenencher un boleto para participar no sorteo de 2015€uros, pero ademáis comentamos con el a exposición do BELEN entre Xoias, que teñen no escaparate do seu establecemento, e que este ano representa una aldea galega.

Despedímonos ate o ano 2015: 
Que sexan moi FELICES!!
Que lles toque a Lotería!
Que teñan una boa despedida de Fin de ano! e 
Que os Reises veñan cargados con moitas cousas boas para todos!

jueves, 11 de diciembre de 2014

11 de decembro do 2014


Un xoves máis con todos vosoutros, para tentar entretérmonos e conversar-entrevistar aquelas pesoas que nos suxerides e aqueloutras coas que contactamos e que nos reciben agarimosamente.
A primeira comunicación é con BIEITO ROMERO, de Luar na Lubre, que veñen de publicar o seu CD TORRES DE BREOGHAN, a luz dos Milesians. Agradecémoslle a súa atención e mantemos unha conversa moi ilustrativa sobre o seu traballo e os vindeiros concertos. Felicitámolo.


De segundas conectamos con CARLOS NÚÑEZ, e para saudalo escoitamos una peza do seu ultimo CD : "INTER-CELTIC". Virá a realizar unha serie de Concertos a Catalunya, esta fin de semana concretamente: Manresa, Torroella de Montgri e Vilanova i la Geltrú. Tamén realizará un Concerto no Palau de la Música o vindeiro día 30 de decembro. Falamos moi distendidamente con el, acompañados de Manuel Marín, compañeiro da radio. Agradecémoslle a súa dedicación e atención, e prométenos que en vindeiras conexións posiblemente nos agasalle cunha entrada dobre para asistir ao seu Concerto no Palau. 


A terceira comunicación é  con GUADI GALEGO, outra artistaza do eido musical galego, á que saudamos cunha das pezas do seu CD : LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO. Felicitámola e agradecémoslle que nos atendera tan amablemente. Desexámoslle moitos éxitos e despedímola con outra peza do seu CD.


Finalmente falamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra: Xosé M.F.Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que sempre nos ten preparadas unha serie de informacións-noticias coas que vimos debullando un chisco da actualidade galega do momento.


Despedímonos desexándolles que pasen unha semana moi feiticeira. Voltaremos o vindeiro xoves con máis entrevistas, conversas, noticias e música. ¡Agardámosvos!

jueves, 4 de diciembre de 2014

XOVES 4 de decembro do 2014

Unha semana máis con todos vosoutros tentando levar adiante este programa en língua galega con entrevistas e conversas amenizadas coa nosa música galega.
Temos que disculpar ao noso correspondente de GALESPORT, Victor, xa que hoxe non podemos realizar a conexión semanal, como nos tiña acostumados.
A primeira comunicación é con ALFONSO LÓPEZ, autor e propietario do Blog: RECETAS DE RECHUPETE, a quen felicitamos por ter acadado un premio ao ser elixido o mellor blog gastronómico de España, e tamén de Galicia. A conversa-entrevista é moi esclarecedora e interesante.

Depois falamos con don OSCAR RODRÍGUEZ, Presidente do COXGA (Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia) que nos informa do fallo do "III Concurso de deseño de soias SAN ELOI"  que se fixo en Allariz, e no que resultou gañadora SONIA MARÍA VIZCAINO INSUA, con quen tamén aproveitamos para falar e felicitala por ter acadado o 1º Premio, xa por segunda vez.

Na segunda hora conectamos coa capital da Ribeira SACRA (Monforte) para falarmos co noso correspondente XOSÉ M.F.MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que nos fai un percibido polas informacións relacionadas con Galicia e que el escolle con precisión. Acabamos a conexión coas súas recomendacións e propostas para esta fin de semana.


Acabamos o programa dedicándolle uns minutiños ás novidades musicais chegadas á nosa Redacción: O CD de GUADI GALEGO: Lúas de outbro e agosto. Saíu ao prelo o CD de Luar na Lubre: Torre de Breoghan. Celebración do "25 aniversario da Asociación de Gaiteros Galegos", á que asistirán Leila, Treixadura, Os Carunchos, Abertal, Raúl Galego, Nela de Bres, Otilio da Fonsagrada, Desiderio da Pontenova, Antonio de Lourenzá, Modesto da Fonsagrada e o Grupo de Mestres da Tradescola. Farase no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, esta fin de semana.


Agardamos que volvades a sintonizarnos a vindeira semana.

jueves, 27 de noviembre de 2014

XOVES 27 do mes dos SANTOS do 2014

Comezamos a nosa emisión dándolles una sorpresa a tódolos nosos oíntes e seguidores. Agradecémoslles que estean ahí e as súas palabra agarimosas e de ánimo que nos envían polas "redes socias". ¡Graciñas a TOD@S!!!!!!!
Depois das salutacións de rigor comeza o programa coa intervención de SES, en directo, nos estudios de Radio Sant Boi. Un fondo agradecemento a IVÁN SANJURJO e a SES por virnos a saudar e ofrecer este "mini-concerto". ¡¡¡Moitas GRAZAS!!!. Nun primeiro momento agasallounos cunha interpretación dedicada a tódolos oíntes e mantivemos unha conversa moi amena. Aquí tedes a súa actuación e a conversa-entrevista, primeira parte. 

Despois fíxonos outro agasallo musical en directo: Labrega Bergantiñana:


E para finalizar a conversa tivemos a ocasión de que nos falara dos seus proxectos inmediatos, do Concerto en Soria o venres pola noite con motivo do Festival de Cortos de Cine, que se celebra nesa cidade; o Concerto que realizará, xunto cos convidados "O Val das Mouras" na Sala Salamandra,2 de Hospitalet de Llobregat o vindeiro sábado día 22 ás 10h da noite e despedímolos desexándolles moitos éxitos en todo. Novamente: MOITAS GRAZAS!!!


Na segunda hora conectamos con Galicia para falarmos con outra Cantautora galega: LUCÍA PEREZ, que nos atende moi amablemente para falarnos do seu ultimo traballo: QUITAPENAS. A verdade é que estamos encantados de poder ofrecerlles a tódolos nosos oíntes e seguidores estas entrevistas con personaxes de actualidade e renome musical, que nos reciben con tanto agarimo e nos dedican o seu tempo para falarnos das súas cousas e contestar ás nosas preguntas. É un pracer e un orgullo para nosoutros, poder achegarnos a eles. ¡¡¡ Graciñas !!!


Tamén chamamos a XOSÉ RAMÓN, un veciño máis como nos puntualiza el mesmo, da PLATAFORMA CASTELO DE MONTERREI, co que mantemos unha conversa moi ilustrativa e amena relacionada coas reivindicacións sobre este - BIC - Ben de Interese Cultural de Galicia, situado no Val de Verín, e que é a máis grande fortaleza da nosa Comunidade.



Falamos con MARGA VÁZQUEZ, responsable de "SECRETOS DE GALICIA" : Unha experiencia máxima con sabor á nosa terra, como eles mismos se definen na súa página web. Productos galegos de calidade.


A vindeira semana máis. ¡¡¡ Agardámosvos !!!

20 de NOVEMBRO do 2014

Comeza o programa coa ausencia de Xulio Cougil, pero conecta directamente con VICTOR VÁZQUEZ, o correspondente encargado da sección GALESPORT.

A continuación entrevista-conversa con DANIEL ARZA, un dos responsables da empresa CAURELOR, que se dedica á explotación e venta de castañas do Caurel e doutros productos naturais da zona que comercializa ate por internet.

Na segunda hora, coma sempre, conexión con XOSÉ M.F.MONTES, o noso correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos), encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?

E a ultima conversa-entrevista é con MANUEL CURIEL Fernández, cieneasta e moi entendido pestes asuntos cinematográficos. Investigador e autor galego, que informa con detenemento de aspectos relacionados coa asunto cinéfilo.

13 de NOVEMBRO do 2014

Ainda que cun chisco de retraso "colgamos" a emisión do xoves 13 de novembro pasado. Non puiden asistir aos estudios, polo que non me foi posible recoller toda a información. 
Comezou o programa ARMANDO FERNÁNDEZ, acompañado de ALFREDO GONZÁLEZ VILELA, e nos controis técnicos DAMIÁ. Manteñen una pequena conversa arredor do CD que acaba de publicar: VERITAS MI, e que presentará no Castell de Cornellà, coa asistencia confirmada de diversas autoridades.
A primeira conexión é con VICTOR VÁZQUEZ, o correspondente que se incorporou fai unhas datas, encargado da sección GALESPORT.

A segunda intervención é con DANIEL MINIMALIA, un cantautor galego que acaba de publicar o seu ultimo traballo e do que xa tiñamos falado nalgunha ocasión: "Arenas de Luna". A oportunidade de falar con Daniel dalle pé para poder escoitar un chisco da súa música.


Na segunda hora conecta co noso correspondente na capital da Rbeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé M.F.Fontes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre ten escollidas unhas cantas noticias e informacións interesantes.


A ultima intervención-conversa e con don OSCAR RODRÍGUEZ, Presidente do COXGA (Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia) que informa do III Concurso de Deseño de Xoias San Eloi, e que se fallará e entregará en Allariz o vindeiro día 29 deste mismo mes de novembro. 



jueves, 6 de noviembre de 2014

6 de NOVEMBRO do 2014

A emisión de hoxe comezámola conectando co noso correspondente de deportes VICTOR VÁZQUEZ. Comentamos con el a posibilidade de nomear a súa sección como GALESPORT (Deporte galego e en galego). Agradecémoslle a súa colaboración e agardamos a súa intervención para o vindeiro xoves, novamente.

A segunda conversa-entrevista é con XURXO MARTÍNEZ, Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, que está a participar coa Universidade de VIC nunhas xornadas encol da relación que existe entre o Rexurdimento galego e a Renaixença catalana: IX Col.loqui Internacional Verdaguer. Agradecémoslle a súa aportación e desexámoslle moitos éxitos.


Na segunda hora, como cada semana a sección QUEN CHE PREGUNTOU? da que se encarga o noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé M.F.Montes, e que nos fai un percorrido galego-informativo moi peculiar, e moi entretido.


E para finalizar falamos con IVAN SANJURJO, representante da nosa amiga e cantutora SES (María Xosé Silvar) que virá a facer un concerto a Hospitalet o día 29 deste mes de novembro. Ofrécenos a posibilidade de sortear dúas entradas dobles entre aquelas persoas que nos chamen e participen con nosoutros contestando a estas dúas preguntas:
1ª.- ¿Cal era o grupo no que comezóu a actuar SES?
2ª.- ¿En qué barrio da Coruña vive ou se crióu a nosa cantautora?
Faremos extensiva a participación a tódalas personas que nos chamen ou nos envíen as suas respostas (indicándonos o enderezo -tfono. para poder poñernos en contacto con eles), tamén ao programa "Sempre en Galicia" de Radio Cornellà. 
Agradecémoslle a súa colaboración e aportación, prometéndonos voltar a poñernos en contacto con el para que nos siga a informar.


A vindeira semana voltaremos a estar con todos vosoutros. ¡Agardámosvos!