jueves, 20 de septiembre de 2018

XOVES 20 de setembro do 2018

Segundo programa desta tempada. Recibimos nos estudos ao compañeiro nas ondas "Serxio Seoane" que nos ven a presentar o ultimo traballo de ANXO LORENZO: "Vortex". Agradecémoslle a súa amable atención e comezamos o programa esocitando unha peciña musical. A continuación conectamos con Galicia para falar co noso correspondente en terras de Navia de Suarna, Henrique Fernández-Mon Sánchez, que nos fala dalgunhas cousas relacionadas co entorno no que se atopa. Agradecémoslle a súa aportación e convocámolo para o vindeiro xoves. ¡Graciñas, Kike!

div style="text-align: justify;">
A segunda intervención é con Alberto Roncero, un gaiteiro lugués, que tivo os seus inicios musicais na A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà. Fálanos da súa traxectoria musical e das súas intervencións e actuacións en moitas localidades galegas. Desexámoslle moitos éxitos.

div style="text-align: justify;">
Continuamos conectando novamente con Galicia, para a sección Quen che preguntou?, que leva adiante o noso correspodente Xosé Manuel F. Montes, na capital da Ribeira Sacra -Monforte- que intervén dándonos a coñecer os seus "Me Ghustan e Non Me Ghustan semanais". Acaba facéndonos unha recomendación moi interesante, relacionada coa música tradicional e que se celebra na Proba do Brollón a vindeira fin de semana, e moi especialmente o sábado vindeiro. 

div style="text-align: justify;">
Despois falamos con Anxo Lorenzo, precisamente para felicitalo polo seu recente traballo : "Vortex", que escoitamos en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores. Agradecémosllelo e prometémonos voltar a falar con el, con máis detenemento no próximo xoves, para comentar moito máis polo miudo o seu CD, que presentará o día 28 deste mes na "Sala APOLO". ¡Grazas!!!

div style="text-align: justify;">
E finalizamos este programiña de hoxe, despois de ofrecerlles algunha que outra información que nos chega á Redacción e ofrecémoslle escoitar outro bocadiño máis de música de Anxo Lorenzo. 

div style="text-align: justify;">
Desexámoslles que pasen unha feliz semana e que volvan a sintonizarnos, coma sempre...

viernes, 14 de septiembre de 2018

XOVES 13 de setembro do 2018

Comezamos unha nova tempada dándolles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores, e despois de escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto con don JOSE MARIO CABO, Presidente dos Ferreiros de Riotorto, para comentar con el o seu traballo artesanal, ó que se deica e que conserva como representante da 3ª xeración de artesáns da forxa en Lugo. Infórmanos da celebración dunha Feira que se celebra en Viveiro cada ano, moi interesante, e despedímonos ate unha vindeira ocasión que voltaremos a interesarnos pola súa tarefa engaiolante.

div style="text-align: justify;">

Agradecemos a presencia de Antonio Díaz, Director de Lúa Nova, amigo e colaborador das nosas emisións, que nos acompaña nesta primeira emisión da tempada...


div style="text-align: justify;">

A continuación conectamos novamente con Galicia para falarmos con MIRIAM GONZALEZ FRANCISCO, Periodista e Co-Directora do documental "A Memoria da RAIA"que nos pon ao corrente da recente presentación no "Auditorio de Verín" deste Documental de máis dunha hora de duración tan interesante e que pon de relevo a solidariedade e bon facer das persoas da "Raia" en datas despois da guerra civil española. Alí aparecen entrevistas, charlas, documentación e moitas vivencias interesantísimas nesas contornas da "Raia Seca" entre Ourense e o Norte de Portugal. Prometémonos voltar a conectar con ela para que nos siga informando do percorrido e presentacións sucesivas que vaian realizando, así como o posible visionado nalgunha das Asociacións Galegas en Cataluña, e moi concretamente en Barcelona, se fora posible. Moitas grazas, Miriam.


div style="text-align: justify;">

Na segunda hora conectamos co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, que sempre ten preparada a súa intervención semanal moi axeitada e con recomendacións para aqueles que se queiran achegar por aquelas terras da Ribeira Sacra. Nesta ocasión non pode enviarnos a súa creación pictórica, por mor de certos compromisos persoais, pero agardamos á vindeira semana  que teremos a oportunidade de disfrutar do seu bon facer con máis tempo e lecer.


div style="text-align: justify;">

A seguinte comunicación é co noso entrañable amigo
HENRIQUE FERNANDEZ-MON SANCHEZ
,
que se incorpora dende hoxe mesmo á Emisión de Galegos no Baix, para facernos un pequeno percorrido polos Ancares e a súa contorna. Nesta súa primeira intervención danos unha visión positiva e outra negativa relacionada co devir de certos acontecementos na zona de Navia de Suarna e A Fonsagrada...


div style="text-align: justify;">

E rematamos o programa de hoxe dándolles novamente a ben-vida nesta nova tempada e desexando que volvan a sintonizarnos o vindeiro xoves á mesma hora.

span style="font-size: large;">


Que pasen unha feliz semana.


jueves, 28 de junio de 2018

XOVES 28 de XUÑO do 2018

Ultimo programa desta tempada 2017-18, que comezamos dándolles a ben-vida e ofrecéndolles unha peciña musical para conectar co noso amigo entrañable Henrique Fernández-Mon-Sánchez, que nos fala dende as Terras de Navia de Suarna e comprometémonos a que se convirta nun novo correspondente da nosa humilde emisión en Galego. Procuraremos artellar os medios para que a vindeira tempada, que comezaremos en setembro, sexa unha oportunidade para que nós e os nosos oíntes e seguidores poidamos disfrutar da participación e colaboración de Kike, ben sexa semanalmente ou quincenalmente. Despedímonos e comprometémonos a traballar nese sentido.


A seguinte conexión é novamente con Galicia, para falarmos con GUADI GALEGO, esa artista consagrada que nos fala do seu ultimo traballo publicado (Bola de Cristal) e que está a promocionar moi intensamente. Agradecémoslle a súa amable atención, felicitámola polos 20 anos de carreira nesa andaina artística e desexámoslle moitos éxitos. Seguiremos a súa traxectoria.


Na segunda hora, a sección do noso corresponente na Ribeira Sacra, Quen che preguntou? a cargo de Xosé Manuel F. Montes, encétaa cos seus "Me ghustan e Non me Ghustan" cheos de novidades e noticias relacionadas coa actualidade galega. Despois fainos unha pequena relación de posibles visitas e celebracións que se poden disfrutar nesta próxima fin de semana e na seguinte. Tamén nos envía a súa "viñeta" alusiva a unha das comunicacións que nos aportou. ¡Moitas grazas, Xosé Manuel! e ¡Que teñas unhas felices vacacións! (mereceidísimas).


Finalizamos o programa de hoxe conectando con don RAFAEL LEMA MOUZO, escritor e grande coñecedor da Costa da Morte. Conferenciante que nos pon ao corrente das súas investigacións relacionadas cos naufraxios naquelas contornas e fálanos da próxima edición e publicación dun seu libro en castelán , que levará por título: "Costa da Morte, un país de sueños y naufragios". Desexámoslle moitos éxito e seguro que voltaremos a falar con el para que nos comente cousas desa publicación.


E despedímonos de todos vostedes, ate o próximo mes de SETEMBRO, que voltaremos con tantos ou máis azos, para continuar ofrecéndolles estas dúas horiñas de radio en galego, coas que pretendemos que todos disfrutedes da nosa compaña. ¡¡¡ Que teñades unhas felices vacacións !!!

sábado, 23 de junio de 2018

XOVES 21 de XUÑO do 2018

Un pouco atrasado, por mor de certas obrigas persoais, pero aquí vos deixamos o programa do xoves pasado. Comezouse conectando con Galicia para falar con don Alfredo Dourado, do "Grupo A RODA", que nos falou da súa traxectoria, do novo traballo que presentaron e dos concertos previstos.

A seguinte conversa-entrevista é con don OSCAR DE SOUTO, un escritor, poeta e compañeiro nas ondas en Galicia, que nos comenta a súa tarefa creativa e as previsións máis próximas no tempo, entre as que se atopan o facer un novo programa de radio en galego e moitas cousas máis. Desexámoslle moitos éxitos.

Contiamos, na segunda hora, coa sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que leva adiante o noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. Montes, que sempre ten preparadas as novidades e outras cousas acompañadas dos seus Me ghustan e Non me ghustan... Tamén nos envía a súa creatividade artística cunha viñeta alusiva ao programa de hoxe, que fai referencia á idiosincrasia galega.

Despois conectamos novamente con Galicia para falar con don ANXO CARRO, de Tartas Ancano, que nos fala desa empresa que tanto éxito está acadando coas Tartas de Santiago. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Despedímonos ate a vindeira semana. Que sexan felices e non deixen de sintonizarnos.

jueves, 14 de junio de 2018

Xoves 14 de XUÑO do 2018

Un programiña máis con todos vostedes. Hoxe comezamos conectando con don GUILLERMO SUÁREZ, do Hotel Restaurante Pulpería "A ESCOLA" en Navia de Suarna. Coméntanos cómo se instalaron nese edificio restaurado e fálanos do que ofrecen aos seus clientes. 

A segunda conversa-entrevista é con LUÍS CHAPELA BERMÚDEZ, un poeta veciño e autor moañés, autor de varios libros de poemas, como "Sendeiros" que vai pola súa 3ª Edición, e tamén dun libro de relatos: "A Calor da Lareira". Agasállanos coa lectura dun dos seus poemas inéditos que publicará proximamente. Agradecémoslle a súa participación.

Despois conectamos novamente con Galicia para falarmos con CARMEN PENIM, a nosa amiga Profesora e Cantautora que segue a presentar o seu ultimo traballo "Herdeiras". Fálanos das ultimas actuacións e lugares nos que a teñen convidado a participar, así como dos proxectos e previsións de actuacións e outras cousas moi interesantes. Desexámoslle ¡Moitos éxitos!

A seguir falamos con don XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ, eminente intelectual galego que foi condecorado coa Medalla Castelao, Segredario da Asociación de Amigos do Couto Mixto, Presidente do Foro Enrique Peinador... ... Infórmanos da próxima celebración do nomeamento de Xuíces de Honra do Couto Mixto, que este ano cumple 150 anos... e como temos pouco tempo prometémonos voltar a chamalo para que nos fale doutros asuntos moi interesantes sobre o noso idioma, sobre a Fundación Lois Peña Novo, sobre a Fundación Galicia Empresa... e moitas cousas máis.

A vindeira semana voltaremos. Non deixen de sintonizarnos e que pasen unha feliz semana.

jueves, 7 de junio de 2018

XOVES 07 de XUÑO do 2018

Outro programiña máis con todos vostedes... Hoxe comezamos ofrecéndolles unha peza musical para todas aquelas persoas que padecen algún tipo de cancro. E deseguida poñémonos en contacto con OVIDIO, do "Mesón Catro Ventos" , que moi amablemente nos recibe e fálanos da súa traxectoria nese Restaurante que acaba de cumplir 10 anos de existencia e que ofrece como especialidade principal as Carnes á Brasa, con denominación de orixe, e moi especialmente as da súa crianza particular: Vacas de raza Vianesa. Tamén nos comenta outras ofertas que se poden degustar no seu establecemento. Agradecémoslle a súa participación no noso programa e prometémonos volver a falar con el.


A segunda entrevista é con dona
Adela Leiro, coautora dese libro "Galiza un país de primeira", cuxa recadación vai íntegramente á Asociación "Galiciame" que preside a nosa benquerida amiga Merchi Alvarez. Unha conversa moi ilustrativa e que prometemos complementar, cunha nova entrevista, en vindeiras datas.


Continuamos na segunda hora co noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección Quen Che Preguntou?, que sempre ten unha serie de informacións moi relevantes que el resume nos seus Me ghustan e Non Me Ghustan. Despois acaba coas recomendacións para esta fin de semana que están moi relacionadas co disfrute de varias celebracións importantes en Galicia, Festa da Cereixa, Semana Verde, Festa Histórica e Petín...


Finalizamos o programa conectando con
Manola Porto Arias e Beatriz Vila Freire, que nos falan do "10 Cume-Tapas de Monforte de Lemos" no que están participando nada menos que 20 establecementos hostaleiros, destacando a tapa infantil que estrean este ano. Agradecémoslles a súa información especializada e desexámoslles moitos éxitos.


A vindeira semana moito máis e, se podemos mellor!!!



jueves, 31 de mayo de 2018

XOVES 31 de MAIO do 2018

Un programiña máis con todos vosoutros. Comezamos conectando con Galicia, concretamente con San andrés de Teixido, para falarmos con Jorge Bellón, un artesán que nos pon ao corrente das súas creacións con miga de pan (moi tradicionais e interesantes) e tamén nos fala do "Curro da Capelada" que este próximo domingo se realizará naquela contorna. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.

A segunda comunicación-conversa é coa nosa admirada e benquerida amiga MERCHI ALVAREZ, que nos pon ao corrente das ultimas presentacións dese libro "Galicia un país de primeira" e que está a ter un éxito importante alá onde se realiza. A recadación das ventas irá integramente á investigación sobre a AME. Tamén nos fala doutras cousas interesantes.

Despois, na segunda hora, conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que nos ten preparada a súa intervención chea de novidades interesantes comezando cos seus "Me Ghustan e Non me Ghustan, cheos de rabiosa actualidade. Despois sempre nos agasalla cunha ilustración referente a algunha das cousas que tratamos no programa. Nesta ocasión é algo relacionado coa perda dos nomes galegos que ultimamente estanse a usar pouco.

E finalizamos conversando con Santi Caramés, Chef do Restaurante de Vila de Cruces CASA Don Din, que nos fala do Galo de curral e do Galo de raza Mos, que eles mesmos crían. Tamén aproveitamos para que nos informe das ofertas que se poden degustar no seu Restaurante. En vindeiras datas tentaremos voltar a falar con Santi, para que nos siga informando.

Esta fin de semana convidámolos a que se acheguen ao Parc de Can Mercader, en Cornellà, que terán Festa Galega organizada pola A.C.G.Rosalía de Castro, e poderán degustar productos galegos de calidade e disfrutar do Concerto Celta de Susana Seivane o venres día 1 de xuño. O sábado e domingo terán a posibilidade de disfrutar coas actuacións tradicionais e folklóricas dos diferentes Grupos de Gaita e Danza galega, ademais das verbenas con dúas orquestras, xunto coa despedida con queimada gratuita para todos e fogos de artificio como remate de Festa. A vindeira semana máis, e se podemos, mellor. Que pasen unha feliz semana.

jueves, 24 de mayo de 2018

XOVES 24 de MAIO do 2018

Comezamos outro programa máis dándolles a ben-vida e ofrecéndolles unha pequeniña peza musical para conectar con JORGE PRADA MERAYO, un gaiteiro e Profesor de música afincado en Ponferrada, que ademais á componente do Grupo Folk "Rapabestas" e dos "Templarios de OZA". Falamos da súa traxectoria e dos proxectos que ten previsto realizar próximamente.

A segunda conversa é con XURXO SALGADO, que é directivo do Xornal Dixital en galego, que acaban de inaugurar o pasado día 17 de Maio (Día das Letras Galegas 2018) xunto con outros dous xornais dixitais máis, baixo o soporte de galiciadixital e que se chama xornaldelemos.gal. Agradecémoslle a súa amable atención e participación no noso programa.

Seguimos con entrevistas e nesta ocasión poñémonos en contacto con RAUL VELASCO SÁNCHEZ, Coordinador e Presidente do Xurado do "II Certame de Relatos Curtos Manuel Rivas" da Asociación Cultural Irmandade Galega de Rubí. Fálanos da grande participación e afluencia de autores que enviaron as súas creacións. Aproveitamos para felicitalo e desexarlles moitos éxitos e continuidade nesta tarefa tan interesante.

Na segunda hora conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? da que nos fai partícipe cos seus Me Ghustan en Non Me Ghustan, moi relacionados coa realidade social da zona e Galicia en xeral. Tamén nos aporta a súa creación pictórica, en forma de viñeta, que fai referencia á algunha parte das intervencións da emisión de hoxe. Concretamente unha anédocta que nos comentou o seguinte convidado e que nós aproveitamos para colgar e comapartir cos nosos oíntes e seguidores.

Continuamos con entrevistas e nesta ocasión achegámonos novamente a Galicia para falar con don ANTÓN RIVEIRO COELLO, escritor en lingua galega, nado en Xinzo da Limia. Fálanos da súa traxectoria creativa e coméntanos algunha anécdota curiosa, que o noso colaborador Xosé Manuel aproveita para ilustrala. Agradecémoslle a súa amable atención e comprometémonos a voltar a incomodalo para que nos fale de máis cousas relacionadas coa súa escrita.

A última conversa-entrevista é con SUSANA SEIVANE, a gaiteira internacional que nos recibe moi amablemente e que nos adianta parte dalgunha sorpresa que ten preparada para agasallarnos no Concerto que realizará o vindeiro día 1 de XUÑO no Par de Can Mercader de Cornellà, baixo o patgrocinio da A.C.G.Roslía de Castro. Convídanos a que nos acheguemos ese venres a disfrutar da súa actuación e da música que interpretará nesa noite máxica de Folk galego.

jueves, 17 de mayo de 2018

XOVES 17 de MAIO do 2018

Un novo programa con todos vostedes. Hoxe un pouco "alterado" con algo de retraso por mor de certos arranxos técnicos, pero saímos en antena para conectar directamente con LUCÍA PEREZ, para felicitala pola súa ultima publicación: "Quince Soles", que acaba de presentar en Vigo, onte concretamente. Unha conversa moi engaiolante e coa que nos convida a disfrutar dese seu novo traballo, que representa moitas cousas da súa traxectoria persoal, e que ademais é totalmente en galego. Unha obra na que colaboran grandes artistas e músicos. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.


A segunda intervención é a de don JOSÉ ANTONIO FERREIRO PALACIOS, da "Granxa-Finca Villadangos", gandeiro que se adica á cria de vacas e tenreiros da Raza Rubia Galega. Unha conversa na que nos fai partícipes do seu traballo diario e dos trofeos acadados cos seus exemplares en diferentes feiras e exposicións de grande prestixio. Desexamos que siga acadando máis éxitos.


Despois, tentando celebrar con todos vostedes, oíntes e seguidores, a "Festa das LETRAS GALEGAS 2018", ofrecémoslle a lectura dun dos poemas que nos envía a  nosa poeta-pastora e amiga NIEVES FERNÁNDEZ VIDUEIRA, adicada ao noso idioma galego, que nos titulamos "as cores do galego".
Damos a coñecer unha información que nos facilitaron dende a Universidade de Barcelona, que ten moito que ver coa celebración dunha conferencia que impartirá mañá mesmo dona CARME ADÁN, baixo o título: "Violencia e Patriarcado": Aquí vos deixamos o cartel informativo. E para finalizar conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F.Montes, que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Fainos un pequeno percorrido cos seus ME GHUSTAN e Non me Ghustan, moi interesantes. Agradecémoslle a súa colabroación semanal e despedímonos ate a vindeira semana. ¡Que sexan Felices!

jueves, 10 de mayo de 2018

Xoves 10 de MAIO do 2018

Un programiña máis con todos vostedes. Hoxe un bocadiño retrasados por mor do directo nas novas instalacións, que aínda estamos en probas pero con moitas ganas de que todo saia ben. Dámoslle a benvida a IVAN CONDE Estudante na Universidade de Barcelona, que nos visita nos estudos. Está a facer un traballo de investigación sobre os medios de comunicación galega en Cataluña. Agradecémoslle que participe connosco na emisión de hoxe. A seguir conectamos con Galicia para falar con dona OBDULIA CASTIÑEIRA, cociñeira do "Restaurante Casa do Labrego" de Baamonde - Terra Chá - Lugo. A conversa xira arredor dese gran restaurante que ten moita clientela e moita afluencia pola calidade dos produtos que sirven e pola excelente atención. 

Despois conectamos con XABIER MOURE, Arqueólogo lucense que nos atende moi amablemente a fálanos da súa tarefa altruista relacionada co patrimonio galego e moi particularmente da zona do Caurel e dos arredores, mámoas, petróglifos, castros e outras xoias manumentais que el e a asociaicón á que pertence identifican e tentan poñer en valor e dar a coñecer. Desexámoslle moitos éxitos.

A segunda hora é para o noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte. Xosé Manuel F. Montes, comeza a súa intervención na sección QUEN CHE PREGUNTOU? cos seus Me ghusta e non me ghusta, para rematar cunhas recomendacións para os que se acheguen por aquelas zonas e queiran disfrutar dalgunha Festa gastronómica (Festa do Melindre en Melide) ou "Feira do Viño en Ferreira de Pantón", con degustación e brinde con varias Denominacións de Orixe. Tamén nos envía a súa creación, en forma de viñeta, alusiva a algún dos comentarios alusivos ao programa de hoxe.

A ultima intervención.entrevista é con JUAN TALLON, xornalista e escritor que ven de presentar o seu ultimo libro: "SALVAJE OESTE". Agradecémoslle a sua amable atención e prometémonos voltar a conectar con el para que nos siga informando da súa faceta creativa.

A vindeira semana máis. Non deixen de sintonizarnos.

jueves, 3 de mayo de 2018

XOVES 3 de MAIO do 2018

Un xoves máis con todos vosoutros. Comezamos conectando con Galicia. Falamos con MIRIAM FERRADÁNS, escritora e poeta á que felicitamos pola súa traxectoria recente, presentación dun seu libro, presentadora da "Ponte Poética de Pontevedra" xunto a grandes figuras da nosa literatura galega, próxima participación nos Vermuts Literarios de Combarro... etcétera. Unha grande honra ter a súa colaboración na nosa radio.

Despois trasladámonos á cidade de Lugo para falarmos con HORACIO LÓPEZ, "Chef" do Restaurante "ESPAÑA" desa cidade galega, para que nos informe das moitas ofertas gastronómicas que se poden degustar nese restaurante que ven de cumplir nada menos que 100 anos de existencia. Felicitámolo. O prato "estrela" dese Restaurante é o boi. Unha especialidade que ademais coidan con moitísimo esmero e dedicación xa que dispoñen dunha granxa propia en terras de Portomarin. Despois agradecémoslle a súa amable atención.

A terceira intervneción-conversa é con don RICARDO RODICIO, Concelleiro de Cultura da Pobra do Brollón, que ademais de informarnos da "XXVII Feira-Festa do Viño de Vilachá" tamén aproveitamos para que nos fale das ofertas que podemos atopar nesa localidade lucense,chea de engado.

E para finalizar voltamos novamente a Galicia, concretamente a Santiago de Compostela, onde nos recibe a escritora, traductora crítica literaria e editora dona ANXELA GRACIAN, que nos fala da súa traxectoria creativa. Felicitámola pola escrita e presentación dese libro en homenaxe a un personaxe (o lobo Garimoso) creado por María Victoria Moreno, a quen se lle adican as Letras Galegas este ano: "Doce cartas a María Victoria Moreno". En vindeiras datas voltaremos a solicitarlle que nos atenda para continuar a conversa que hoxe fíxosenos curtiña.

Despedíamonos ate o vindeiro xoves. Non deixedes de sintonizarnos e pasade unha feliz semana.

jueves, 26 de abril de 2018

XOVES 26 de ABRIL do 2018

Comenzamos o programa conectando con Oliverio Fernández, do "Grupo de Montaña La Peñuca", que veñen de realizar una andaina que percorre varios Concellos por donde transcorre o río Navia. Aínda non está recoñecida oficialmente, pero ao parecer ten motivos visos de que nun tempo prudencial se poña en marcha. Seguiremos atentamente os acontecementos.
Despois conectamos con Galicia, concretamente con Xosé Manuel, coordinador da "XXVII Festa da Filloa" de Moimenta - Cospeito, para que nos fale dese acontecemento tan interesante, relacionado coa nosa gastronomía galega. Agradecémoslle a súa atención.

Seguimos coas conexión  e nesta ocasión poñémonos en contacto con XURXO ISLA, un dos organizadores da "XI Andaina Gastronómica dos Fornos de CELAVENTE - O Bolo". Fainos un percorrido mol pormenorizado de cómo se desenvolverá esta actividad que xa leva once anos de celebración e que tanto éxito está acadando últimamente.

< Na segunda hora, como cada semana, conectamos co noso correspondente, Xosé Manuel F. Montes, na capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - para escoitar a súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? Comeza cos seus "Me ghustan e Non me ghustan" para acabar cunha anécdota que fai referencia a unha noticia moi curiosa e que se fixo "trending topic" nas redes sociais.Precisamente, aproveitando esa curiosidade envíanos a sea creación en forma de viñeta, alusiva a este caso. Aquí a tedes.


E para finalizar conectamos novamente con Galicia, neste caso con Santiago de Compostela para que nos poña ao corriente das súas creacións literarias e máis propiamente poéticas, dona ROSALÍA MORLÁN, que ademais agasállanos coa declamación de dúas poesías da súa autoría, claro.

Despedímonos ate a vindeira semana.

jueves, 19 de abril de 2018

XOVES 19 de ABRIL do 2018

Comenzamos, unha semaniña mais, esta nosa emisión cun bocadiño de música e deseguida conectamos con Galicia para falar con DANIEL de CAURELOR, que nos pon ao corrente das innovación e novedades que están a ofrecer a tódolos seus  clientes, relacionadas coa súa Empresa Familiar e que está tendo tanto éxito. Desexámollle que continúe así.

A segunda conversa-entrevista é co Sr. Manuel, da "Tenda de Manolo", que está ubicada perto da Pontenova. Un establecemento "remedo" dos ultramarinos antigos (despachando toda clase de artigos: zapatos, zucre, latas de conserva, viño, cerveza... ... algúns chámanlle o "Corte Inglés da Hermida") que da servicio a tódolos pobos daquela contorna, dende esa localidade do Concello lugués da Pontenova, con tan pouquiños habitantes, pero que se mantén en activo e seguirá nesa teima, grazas ao esforzo, dedicación e traballo dese matrimonio.




Continuamos, na segunda hora coa sección que leva adiante o noso correspondente na capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - Xosé MANUEL F. MONTES : quen che preguntou?, que nos ofrece os seus "Me Ghustan e Non me Ghustan", relacionados coas noticias escollidas para tódolos nosos oíntes e seguidores. Tamén nos envía a súa viñeta creativa, alusiva ao programa de hoce, e que compartimos con todos vosoutros.

E para finalizar conectamos con Miguel Varela, directivo da Asociación Cultural Castelo, en Melide, para que nos fale da "XIV Foliada de Melide", prevista para a fin de semana do 27, 28 e 29 deste mes de Abril. Una morea de actos dos que poderán disfrutar todos aqueles que se atrevan a achegarse a esa localidade.

Despedímonos ate a vindeira semana, desexando que teñan un Feliz Sant Jordi e que volvan a sintonizarnos o próximo xoves, á mesma hora. ¡Agradámosvos a todos!