jueves, 23 de septiembre de 2021

XOVES 23 de setembro do 2021

Comezamos unha nova emisión deste noso programa con un bocadiño de música para recibir ao noso primeiro convidado: Domingo González Lorenzo, CHEF do Hotel-Balneario Caldaria de Lobios. Entrevistámolo para que nos fale da súa participación na Clausura de TERMATALIA en Ourense. Descrívenos moi detalladamente os pratos que confeccionou, xunto con Xosé Luís López -outro Chef galego de renome- para que xantaran as personalidades que estiveron nese evento tan importante a nivel Internacional, no que ademais de falar de Termalismo, tamén se celebrou o "IIº Congreso Internacional de Auga e Saúde" así como tamén o "IVº Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida". Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que siga colleitando éxitos.

A segunda intervención é con Ana Santos Solla, unha maestra xubilada que mantén un blog moi interesante, que lle recomendamos a tódolos nosos oíntes e seguidores:  "De Vella a Bella". Fálanos de cómo comezaron con esa tarefa, das súas inquedanzas, das participacións tan interesantes e deseguida pásanos o teléfono para que falemos con unha das súas compañeiras Charo Valcárcel Mato, outra maestra moi implicada con esta publicación. Tamén é mestra xubilada, pero ademais de ser coordinadora do Teatro que tentan representar cada ano, tamén é unha poeta que nos agasalla coa lectura precisamente dunha das súas poesías que leva por título "Despedida". Agradecémoslles a súa atención e felicitámolas polo seu traballo, tan importante e desinteresado. ¡Moitas grazas por atendernos!

A segunda hora comezámola conectando co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección Quen che preguntou? Unha forma de darnos a coñecer as noticias do seu entorno cunha perspectiva retranqueira e moi orixinal, cos seus Ghústanme e Desghústanme. E depois despidese coas anotacións populares da sua libretiña pequena.

Finalizamos as participacións conectando novamente con Galicia para falar cun grande: Siro López Lorenzo, artista, escritor, humorista gráfico e caricaturista. Felicitámolo por unha  exposición súa que actualmente se atopa no Parlamento de Galicia: "40 anos de Autonomia de Galicia nas caricaturas de SIRO". Son un número reducido, duascentas e pico, algunhas a tamaño real, pero o máis importante é que fíxolle donación de duas mil caricaturas á Cámara. Ao parecer serán expostas na maioría dos Concellos de Galicia, é dicir que será itinerante e poderase disfrutar delas. Agradecémoslle a súa atención e conversa tan amena.

Despedímonos ate o vindeiro xoves. Que teñan unha feliz semana e non se esquezan de escoitarnos.

O programa enteiro, aquí:

No hay comentarios:

Publicar un comentario