jueves, 30 de septiembre de 2021

XOVES 30 de SETEMBRO do 2021

Comezamos a emisión de hoxe dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores, ofrecéndolles unha peciña musical e despois conectamos con CARLOS DA AIRA, que nos fala do " VIII Festival Internacinal POEMAGOSTO de Allariz". Un acontecemento que se celebrará esta fin de semana do 2 e 3 de outubro. Confírmanos a participación dos seguintes poetas: Manuel Rivas, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Lorena Conde, Samuel F. Pimenta, Itisha Giri e Zahra El Hasnaoui. Ademais terán a intervención musical de Uxía, Xoan Curiel, Caamaño&Ameixeiras e David Regueiro Quartet. Tamén se celebrará o "IIº Recital de Poesía Novísima", coa participación de Ana Fraile Somoza, Antía Balvís Moreiras, Fabián Niño, Lois Gayoso, Lorena Fernández Iglesias, Lucas Gago Suárez, Mariña Maceiras, Noé González Alamino e Zaira Ferradás. Agradecémoslle a súa completísima información e desexámoslles que teñan moitos éxitos.

A segunda conversa-entrevista é con Carlos Herrero, do Grupo musical "El Naam". Falamos do seu ultimo CD que leva por título "Germinal". Escoitamos unha peza dese traballo ao comezo da súa intervención. Virán a Barcelona, concretamente o domingo día 3 ao Tradicionarius de Gracia, para presentalo e disfrutar coa súa música. Agradecémoslle a súa amable atención.

Tiñamos previsto manter unha conversa con Domingo da "Casa Díaz", encargada de servir tódolos productos que se poderán degustar na "Festa de San Froilán en Nou Barris", durante os días 1, 2 e 3 de outubro. Como non foi posible a conexión tan só nos facemos eco desta celebración e informamos dos diferentes actos previstos. A participación neses actos é completamente gratuíta.

Continuamos, na segunda hora, conectando co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé M. F. Montes, para que nos debulle a súa sección QUEN CHE PREGUNTOU?, como acostuma cada semana, cos seus "Me ghustan e desghústanme", noticias, ao fin e ao cabo, da nosa Galicia. E despídese non sin antes darlle lectura a algúns apuntamentos da súa "libretiña pequena" xunto con algún consello retranqueiro. Tamén nos envía a súa creación viñetista, que acompañamos á entrevista do seguinte convidado de hoxe, que é o RETO que nos propuxera na semana pasada. ¡Moitas Grazas, Xosé Manuel!

Conectamos novamente con Galicia para falarmos con PEPO SUEVOS, artista e humorista galego, con quen mantemos unha conversa moi agradable. Comentamos, un chisco parte da súa traxectoria creativa e participativa en diversas películas, series e intervencións na TVG. Tamén nos fala da recente actuación "Falade galego rapazada ... ...é unha pasada". Desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.

E despedímonos ate o vindeiro xoves. 

Aquí deixamos o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario