| Xosé Magalhaes e Lydia Olmo |
| Diego Trillo |
Tamén damos a coñecer unhs noticias relacionadas coas actividades da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
¡Sexan felices!
| Xosé Magalhaes e Lydia Olmo |
| Diego Trillo |
Tamén damos a coñecer unhs noticias relacionadas coas actividades da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
¡Sexan felices!
¡FELIZ DÍA da RADIO!
| Lucía Pérez - Na miña pel |
Damos a coñecer algunhas informacións. Próxima celebración dunha "Calçotada", concretamente o sábado día 12. Concerto de Guadi Galego o día 13 no "Casinet de Hostafrancs" e outras cousiñas...
A segunda intervención é a do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección "Quen che Preguntou". Fainos a súa crónica co seus "Desghústanme" e "Ghústanme", finalizando con algún apunte sacado da súa observación minuciosa, popular e retranqueira.
| Ledicia Sola |
| Miguel Anxo Mato |
A vindeira semana máis. ¡Que teñan unha feliz semana!
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Aquí vos deixamos o programa completo.
Comezamos unha nova emisión de "Galegos no BAIX" dándolle a ben-vida aos nosos oíntes e seguidores ofrecéndolles unha peza das "Tanxugueiras", que veñen de ofrecer unha intervención excelente na clasificiación para a Eurovisión, no Festival que se está a realizar en Benidorm Fest. A primeira conversa é con dona Rosalía Morlán que nos fala do seu último traballo "Camelias de amor", que debido á Pandemia aínda non foi presentado. Agradecémoslle a súa amable atención.
A sección "Quen che preguntou?" do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, coma sempre é unha selección de noticias debulladas mediante os seus "Desghústanme e Ghústanme" que sempre son moi acaidos. Finaliza coa sentencias e recollidas puntuais relacionadas coa fraseoloxía e outras ocurrencias populares e tradicionais.
Desexamos que volvan a conectar con nosoutros o próximo xoves. Aquí deixamos o programa enteiro.
| Inma López Silva |
| Sara Inés - Castro Caldelas |
A conversa-entrevista que mantemos para finalizar o programa de hoxe é con Xesús Mazaira Varela da Queixería Airas Moniz, no Lugar de Outeiro - San Salvador de ASMA - Chantada. Felicitámolo polos éxitos que están acadando coa manteiga e os Premios que lle concederon ao queixo SAVEL. Agradecémoslle a súa información detallada e desexamos que sigan acadando grandes éxitos.Vacas Jersey en pastoreo
O vindeiro xoves, se podemos, moito máis. Que teñan unha feliz semana! Aquí deixamos o programa enteiro.
A continuación conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección Quen che Preguntou?, que sempre ten preparada a súa crónica semanal cos seus "Desghústanme e Ghústanme" correspondentes. Finaliza a súa intervención coa lectura das frases e ocurrencias que ten na súa "libretiña pequena". Agradecémoslle a súa colaboración, moi estimada.
Despois entrevistamos a Mari Carmen Sánchez Iravedra, de "Embutidos Suarna", que ultimamente ofrecen os seus productos na plataforma "Son de Lugo" aínda que ela mesma nos indica que poñéndose en contacto con Mari Carmen encárgase de enviar os productos solicitados. Felicitámola porque ven de recibir un Premio que lle entregou a Asociación de Empresarios Galegos, a finais do mes de decembro pasado, "Son Emprendedora Rural" ¡Parabens! e a seguir colleitando éxitos.
Finalizamos informando do Concerto que dará o Grupo Caamaño&Ameixeiras mañá mesmo, venres día 14 no Tradicionarius de Gràcia. Tódolos nosos oíntes e seguidores que desexen asistir aínda están a tempo de poder adquirir as entradas para esa fermosa actuación.
E despedímonos ate o vindeiro xoves, á mesma hora. Desexando que teñan unha feliz semana.
Continuamos, na segunda hora, conectando novamente con Galicia para falar coa nosa amiga, poeta-pastora, Nieves Fernández Vidueira, que nos informa do acto que se celebrou en Viana do Bolo o sábado pasado. O visionado dun documental sobre lendas, contos e outras cousas. As protagonistas son as propias mulleres do rural, entre as que se atopaba precisamente e nosa Nieves. Felicitámola e desexamos que pase unhas felices festas do Nadal e que teña unha ventureira entrada de aninovo.
E despedímonos desexando que teñades un Bon Nadal e un feiticeiro aninovo 2022. Aquí tedes o programa completo.
A seguinte é unha entrevista que nos concedeu o Gañados do 1º Premio de "35 Certame Internacional de Poesía en Língua Galega, Rosalía de Castro de Cornellà", que é Xosé Luís Santos Cabanas. Un escritor e poeta galego co que disfrutamos moi agradablemente. A súa amena conversa sérvenos de leución e aprendizaxe sobre o traballo que foi premiado, así como tamén a traxectoria de Tina Modotti, á que fai referencia o poema premiado. Disfrutamos da lectura que el mesmo nos agasalla. ¡Moitas grazas, Xosé Luís! e moitos éxitos!
Temos agora o privilexio de entrevistar a unha moza moi noviña, que nos abraia coa súa voz: Claudia Pajares. Escoitamos unha peza musical que ela mesmo interpreta, casi á capela, e somos os primeiriños que conseguimos falar con ela. Non é galega, pero canta coma se o fora, coma os anxos. Desexámoslle o mellor e prometémonos voltar a conectar con ela para seguir disfrutando da súa fermosa voz e interpretación que, por certo ela mesmo nos confirma que é auto-didacta. Aquí podedes escoitar un bocadiño da canción.
O vindeiro xoves máis. Que teñan unha feliz semana!
A segunda hora continuamos conectando novamente con Galicia para falarmos con Manuel - Foteiro de A Fonsagrada, que nos fai de correspondente dende aquela vila da montaña. Infórmanos, moi polo miúdo, das diferentes actuacións que tiveron lugar nesa celebración, a fin de semana pasada, da "VI Foliada da Fonsagrada". Unha morea de músicos e Grupos estiveron celebrando ese grande acontecemento. Agradecémoslle a súa amable atención e tamén lle enviamos os nosos mellores desexos para estas Festas do Nadal.
Despois falamos con Alva Pico, traductora e profesora de Valadouro, que reside actualmente en Barcelona. É un primeiro contacto co que nos pon ao corrente da súa traxectoria, e coidamos que en vindeiras datas poderemos incorporar nas nosas audicións como unha colaboradora máis. Agradecémoslle a súa amable atención.
Despedimos o programa desexando que teñan unha feliz semana. O vindeiro xoves máis, e á mesma hora de sempre.
Falamos das diferentes actividades que ten previsto a nosa A.C.G.Rosalía de Castro, de Cornellà. Veñen de presentar, a fin de semana pasada o Certame Nacional de Poesía en Lingua Galega, Rosalía de Castro, no CULTURGAL de Pontevedra. Un recoñecemento moi celebrado. Tamén se realizou un Certame Poético no que participaron dúas poetas gañadorasa do mentado Certame. Precisamente a fin de semana que ven, o día 11 concretamente presentarase, no Auditori Sant Ildefons, o CD Alborada en Cornellá, gravado polos gaiteiros do Grupo, as cantarieras -Rosalieiras- e os gaiteiros senior. Tamén se poderá asistir á presentación da "xulipedia.com", do noso amaigo e colaborador Xulio Simón. No transcurso dunha Cea no local social da Entidade, faranse públicos os nomes dos 3 gañadores do "XXXV Certame".
Recibimos ao noso correspondente na Ribeira Saacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que nos facilita as súa crónica semanal cos "Desghústanme e Ghústanme" cos que percorre as diferentes informacións salientables que el mesmo escolleu. E finaliza coas anotacións que recolle na súa "libretiña pequena". ¡Moitas grazas Xosé Manuel!
Conectamos novamente con Galicia, para achegarnos a Navia de Suarna, e falar con Xosé Luís Pérez Fernández, un apicultor que xa ten acadado algúns premios pola calidade da mel que recolecta. Concretamente a AGA (Asociación Galega de Apicultores) concedeulle o 1º Premio "Mel 5 Estrelas" pola modalidade "Mel floral de Queiroga". Fálanos dos traballos que precisan o coidado das abellas, a recolección do mel, o envasado e a distribución.
Despedímonos de tódolos escoitantes, seguidores e simpatizantes ate o vindeiro xoves. ¡Que teñan unha feliz semana!
Outra emisión máis do noso "Galegos no BAIX". Sintonía de ben-vinda, un bocadiño de música e conectamos con ELOI CALDEIRO, (Compositor, músico, cantante, batería, letrista, poeta, pero sobor de todo CREADOR). Temos a honra de entrevistalo e falar distendidamente con el. É o fundador e lider do Grupo BRATH. Virán a dar dous concertos o día 26 a Cal Ninyo, en Sant Boi e o día 27 en Barcelona, no Tradicionarius de Gracia. Desexámoslles moitos éxitos.
A segunda intervención é a do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Fainos a súa crónica informativa semanal, cos seus Desghústanme e Ghústanme correspondentes, e nesta ocasión envíanos a súa "viñeta" alusiva a un momento da emisión de hoxe: As galletas Mariñeiras. ¡Moitas grazas. Xosé Manuel!
A continuación conectamos con Xoan L. Fuertes Saavedra, do Grupo Fuxan os Ventos. Fálanos un chisco da próxima celebración dos 50 anos da súa creación. Tamén nos comenta que posiblemente editarán un CD no primeiro trimestre do 2022. Dámoslle os nosos parabens.
Na segunda hora falamos co Presidente da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà, Óliver Fernández, que nos comenta algunhas das actividades que realizaron e das próximas a celebrar: O tradicional Magosto, a comezos de mes, a Excursión a Peñíscola, o Campionato de Tute, a presentación do noso Certame no Culturgal de Pontevedra para a príxma semana (os días 27 e 28 de novembro), a Edición dun CD cos 12 pezas musicais que levará por título : "Alborada en Cornellà", Conferencia sobre a "Xulipedia.com" para o 11 de decembro, xunto coa cea de socios e simpatizantes e o fallo dos premiados no "XXXV Certame Nacional de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà".
Seguimos cun bocadiño máis de música e conectamos con Xosé Lois, xerente da Empresa "Da Veiga - Galletas Mariñeiras". Coméntanos as vicisitudes que tiveron que pasar con esta pandemia que estamos a padecer, que seguen adiante co seu proxecto e que próximamente, quizáis para antes do Nadal, presenten unha novidade interesante, con novos productos. Desexámoslle moitos éxitos.
E finalizamos as conversas entrevistando a Esther Corral do "Bar Galicia" do Concello de Betanzos. Campeón do concurso organizado dentro da Semana da Tortilla de Betanzos. Felicitámola polo seu premio e desexámoslle que siga disfrutando e facendo felices aos seus clientes.
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
¡Que teñan unha feliz semana!
Comezamos dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores para, despois de escoitar un bocadiño de música, conectar con Galicia para falar con Juan Parcero, un escritor de Moaña, que xa ten publicado tres novelas. Fálanos desas obras que compoñen unha triloxía (triloxía do esquecemento) ambientada precisamente na súa localidade natal, Moaña, con protagonistas inventados, pero que teñen moito a ver coa creación literaria que se pode atopar na súa escrita. Está a piques de publicar unha nova obra relacionada coa Ciencia Ficción, pola Editorial Galaxia. Comprometémonos voltar a comunicarnos con el cando se poña no prelo, para celebralo.
A segunda intervención é a do noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel, encargado da sección Quen che Preguntou? Fainos un percorrido polas informacións escollidas cos seus "Desghústanme e Ghústanme" e continúa con dúas fermosas frases con certa sorna retranqueira, que ten recollidas na súa "libretiña pequena". ¡Moitas grazas!
Falamos a continuación con Beatriz Dourado, poeta galegocatalana -como ela mesmo se define- a quen admiramos pola súa traxectoria e bon facer creativo. Falamos de poesía, da súa participación no "IV Certame de Poesía Torre de Caldaloba" como membro do Xurado, da próxima presentción dun traballo relacionado coa infancia, e agasállanos coa lectura de dous poemas: un da súa autoría e outro que se inclúe nun libriño que nos recomenda "Manifesto 25-N", da nosa benquerida e admirada Andrea Fernández Maneiro. ¡Moitas grazas pola túa participación de hoxe!
E finalizamos a emisión de hoxe voltando a Galicia, para falarmos con Román, un dos socios da "Sociedade Cooperativa A Carqueixa", que veñen de inagurar unha tenda na Plaza de Abastos de Lugo: "O Sabor dos Ancares". Felicitámolos tamén e desexamos que sigan tendo moita sorte e moitos éxitos.
Despedímonos ate a vindeira semana á mesma hora.
Aquí deixamos o programa completo.