jueves, 9 de febrero de 2023
XOVES 9 de FEBREIRO do 2023
jueves, 2 de febrero de 2023
XOVES 2 de FEBREIRO do 2023
Unha nova emisión deste programiño, "Galegos no BAIX" de dúas horas en galego. Despois de escoitar a nosa sintonía e darlle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores, poñémonos en contacto co Excmo. Sr. Alcalde de A Fonsagrada, don Carlos López López. Conversamos con el para que nos informe da celebración da "XXVI Feira do Butelo 2023" desa localidade, prevista para os días 11 e 12 deste mes de febreiro. Tamén nos informa da entrega do "Butelo de ouro" ás mulleres que confeccionaron as máscaras que se precisaron para entregarlle-las aos veciños durante o encerro por culpa do Covid-19. Transmitímoslle a nosa felicitación por esa elección. Tamén haberá música para acompañar aos visitantes, que interpretarán os compoñentes do grupo Tradicional Illa Pancha e os da Asociación C. Antaruxas e Sorteiros. Convídanos a participar na Feira e a visitar esa localidade montañesa que poderán disfrutar dunha grande variedade de ofertas turísticas de grande interese: Museo etnográfico, Patrimonio Cultural, Gastronomía, Senderismo... etcétera.
Informamos das próximas actividades previstas da nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro e despedímonos ate o próximo xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!
Colgamos aquí o programa enteiro.
jueves, 26 de enero de 2023
XOVES 26 de XANEIRO do 2023
Unha emisión máis deste noso programa de dúas horas en língua galega. Escoitamos a nosa sintonía e saudamos aos nosos oíntes e seguidores. Poñemos unha peza do último Libro-CD de María do Ceo e conectamos con ÁLVARO VOCES, Presidente da "A.C.G. ESCOLA DE GAISTA E DANZAS TOXOS E XESTAS". Fálanos da próxima presentación do seu CD "Todos os Camiños, Todas as Galicias", que acaban de publicar e que farán un grande evento o día 4 de marzo próximo no Teatro Sarriá de Barcelona. Desexámoslle moita sorte.
A segunda hora comezámola conectando co noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, que dende Monforte de Lemos nos achega a súa crónica semanal de noticias en forma de Ghústanme e Desghústanme, na súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? Agradecémoslle a súa colaboración que sempre nos axuda a coñecer máis de perto algúns aspectos das noticias en Galicia.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Colgamos aquí o programa completo.
jueves, 19 de enero de 2023
XOVES 19 de XANEIRO do 2023
E despedímonos ate o vindeiro xoves, á mesma hora. ¡Que sexan felices!
12 de XANEIRO do 2023 - Primeiro programa do ano
Continuamos a emisión conectando co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Unha crónica informativa convertida en "Ghústanme e Desghústanme" para sabermos algo máis. Agradecémoslle a súa colaboración e despedímolo ate o vindeiro programa.
Aproveitamos os últimos minutos da emisión para comentar algunhas informacións e noticias que chegaron á nosa Redacción e, despois de escoitar un bocadiño máis de música, despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Deixamos aquí o programa completo.
lunes, 26 de diciembre de 2022
XOVES 15 de DECEMBRO do 2022
Despois conecta co noso correspondente na capital de Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección "Quen Che Pregntou?" Fainos unha crónica informativa cos seus "me Ghustan e Desghústanme" e finaliza enviando os seus mellores desexos a todos os nosos oíntes e seguidores para estas Festas. O mesmo lle desexamos nosoutros.
A continuación temos a intervención de Ovidio, MESÓN "Catro Ventos", de Barbeitos, A Fonsagrada. Un establecemento que ten a gala gavarse dos bos xantares e da boa carne de primeira calidade que se sirven nos seus comedores. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no noso programa.
Despois conecta con Ilmo.Sr. Alcalde de Navia de Suarna, don Xosé Fernández Fernández. Unha das moitas personalides galegas que asistiron ao evento do Liceo o sábado pasado. Coméntanos as súas impresións e deséxanos unhas felices festas e próspero aninovo. O mesmo lle desexamos nosoutros.
Aproveitamos para deixar aquí o programa completo.
jueves, 1 de diciembre de 2022
XOVES 1 de DECEMBRO do 2022
![]() |
| XISCO Feijoo |
Escoitamos outra peza do CD de SES: DIANTE UN ECO, para despedirnos ate o vindeiro xoves día 15, despois da ponte destas Festas da semana próxima. ¡Que disfruten e sexan felices!
Aquí vos deixamos o programa completo:
jueves, 24 de noviembre de 2022
XOVES 24 de NOVEMBRO do 2022
Na segunda hora conectamos con Galicia para entrevistar a Xosé Lois González Vázquez, enxeñeiro de telecomunicacións e viñetista-humorista autor e creador de "O Carrabouxo". Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe. Conversamos sobre a súa traxectoria creativa e ilustradora, as súas viñetas diárias, diversos libros publicados, a animación feita por Lhosca Arias - co personaxe Carrabouxo - composta por 26 capítulos de 1 minuto de duración, os Premios que ten acadado, a destacar a "Medalla Castelao" e o Premio Bo e Xeneroso concedido pola Asociación de Escritores en Língua Galega. A súa faceta de humorista gráfico ten acadado unha proxección e ámbito internacional. Desexámoslle moita sorte.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Aquí "colgamos" o Programa completo.
jueves, 17 de noviembre de 2022
XOVES 17 de NOVEMBRO do 2022
Continuamos a emisión e falamos con FRANCISCO LOPEZ "Chesqui", que é o Secretario do Partido Galeguista. Chegounos esta información : Cadernos de viaxe. Castelao, primeiro Presidente de Galicia. Por Xoan Antón Pérez-Lema, e ¿quen mellor que Francisco para que nos fale dese acontecemento que cumpliu 78 anos precisamente o 15 de novembro pasado? Escoitamos a súa aportación tan amena e agradecémoslle a súa participación tan interesante.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Aquí deixamos o Programa completo.
jueves, 10 de noviembre de 2022
XOVES 10 de NOVEMBRO do 2022
Aproveitamos para informarlles dalgunhas noticias e informacións que nos chegaron á Redacción, mentres agardamos poder conectar co noso correspondente.
Antes de despedirnos aproveitamos para dar a coñecer as próximas actividades propostas pola A.C.G.Rosalía de Castro de Cornella, nas que se inclúen o Campionato de Tute, o "36 Certame de Poesía Rosalía de Castro" e as clases de música, danza gaita e outras actividades na propia Entidade.
Despedímonos desexando que teñan unha feliz semana. Ahí teñen o programa enteiro.
jueves, 3 de noviembre de 2022
XOVES 3 de NOVEMBRO do 2022
E despedímonos desexesando que disfruten dunha feliz semana e deixamos aquí o programa enteiro.
jueves, 27 de octubre de 2022
XOVES 27 de OUTUBRO do 2022
A segunda persoa convidada é don XOSÉ MIGUEL PÉREZ BLECUA, Alcalde de San Xoan de Rio, con quen mantemos unha conversa moi agradable. Falamos de varios e interesantes proxectos moi interesantes: Aldealista.com, e moi destacadamente do Premio de Novela Galicia Rural que acaban de concederlle ao escritor Oscar Reboiras, pola súa novela: "A Agonía das folerpas", relacionada coa aldea abandonada de Salgueiros, no Parque Nacional do Xurés. Agradecémoslle as súas informacións precisas e desexamos que acaden moitos éxitos nesas encomendas.
Falamos con UBALDO PÉREZ, do Restaurante "Los Ancares", na rúa Robrenyo,76 - 78, de BCN. Felicitámolo pola recente celebración (o domingo pasado) da Festa do Cocido Galego, con grande afluencia de comensais, que foron agasallados con música galega, como sempre que realiza eses eventos culturais gastronómicos. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Aquí deixamos o programa completo.
jueves, 20 de octubre de 2022
XOVES 20 de OUTUBRO do 2022
Comezamos coa sintonía e as salutacións oportunas. Temos un pequeno atranco (non hai luz) e teremos que agardar uns minutos para poder conectar coas persoas que temos convidadas para falar e entrevistar, pero aproveitamos para ofrecerlles a interpretación especial de ANTÍA MUÍÑO dunha peza tradicional: "Canta, miña compañeira". Comentamos un chisco as previsións do programa de hoxe.
Conectamos con MANUEL VÁZQUEZ, Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell, que nos informa da celebración da "VIII Festa do Pulpo" prevista para os días 21, 22 e 23 deste mes de outubro, no "Eix Maciá" de Sabadell. Esa celebración gastronómica vai acompañada da presentación do libro "Cesuras", de Fina Tizón Fraga. Desexámoslle que teña moita asistencia e moita participación.
Recibimos ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Fainos unha pequena semblanza das noticias escollidas, debullando os seus "Ghústanme" e "Desghústanme" que tanto aprezamos. Tamén nos envía esas anotacións da "libretiña pequena" relacionadas con frases e ditos populares, tan acaídos e cheos de retranca.
Falamos con PABLO RICO ECHEGARAY, Director de 4 Corais galegas, entre as que está o "Orfeón XOAN MONTES", que tivo unha actuación estelar na Festa do San Froilán de Nou Barris. Destaca a intervención e interpretación dunha peza singular diante da Sagrada Familia, que se pode escoitar na súa páxina. Coméntanos que posiblemente, para celebrar o 40 aniversario do Orfeón, publiquen un Disco que terá 12 pezas, para finais deste ano. Prometémonos voltar a conectar con el para que os nosos oíntes e seguidores poidan disfrutar desas interpretacións. Desexamos que teñan moito éxito.
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Non deixen de conectarse e, moitas grazas pola súa escoita.
Aquí teñen o programa completo:




























.jpeg)










