Comezamos coa nosa sintonía de sempre. Saudamos e escoitamos o trailer da película
"+CUÑADOS" para recibir ao actor, guionista e monologuista
FEDERICO PÉREZ REY, a que felicitamos e agradecemos a súa participación nonoso programa de hoxe. Esta película foi estreada o día dezanove de abril pasado e está a ter unha moi boa acollida. Coméntanos algunhas cousas relacionadas coa realización da película, que considera unha segunda parte do filme "Cuñados" primeiro, cos mesmos intérpretes, o entroido, a ourensanía, con viño e polbo. Tamén nos comenta a súa participación no "Era visto" e a próxima actuación teatral en Camariñas, concretamente esta fin de semana, catro de abril na Discoteca Jaleo, compartindo con Marcos Pereiro o espectáculo "Tristes". Desexamos que teñan moitos éxitos.
A segunda convidada é
MARÍA VÁZQUEZ, Actriz galega de grande proxección e prestixio interpretativo, polo que xa ten recibido unha presa de Premios moi importantes e de moito recoñecemento, como o que lle entregaron recentemente en Málaga "Biznaga de ouro á mellor actriz polo seu traballo en MATRIA". Mantemos unha conversa moi agradable e distendida, na que nos explica que pronto se presentarán outras películas e traballos nos que estivo moi involucrada, así como a película de
"+Cuñados", xunto con Federico e Touriñan. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
Conectamos con
XOSÉ CANOSA, Presidente da
Asociación Cultural Galega "Airiños da Nosa Galicia" de Santa Coloma de Gramenet, que están a celebrar o seu 41 aniversario coa proposta de actuacións festivas durante os días 1,2,3, 4 e 5 de maio, no Parc Europa de Santa Coloma. Coméntanos as diferentes actividades que se comezaron a realizar no día de onte e que continúan hoxe coa grande "mexilloada", gratuita pero con consumición mínima, propoñendo a degustación do viño da
"Adega Tapias de Mariñan" dos irmáns Blanco en Verin. Mañá grandes actuacións musicais xunto coa exposicion e mostra do "Camiño de Sant Jaume", o sábado máis actuacións de Asociacións Galegas e outras da propia localidade, e finalizan o domingo, despois de novas actuacións musicais, sesión vermut e verbena despedíndose e clasurando este evento repartindo unha gran queimada gratuita para tódolos asistentes.
Recibimos a crónica do noso correspodente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que é unha selección de informacións escollidas mediante o seus Me ghustan e Disghústanme diferentes. Tamén nos recomenda a visita a unha das celebracións festivas moi interesante: "A Ruta dos Fornos de Celavente", prevista para esta fin de semana. E finaliza coas súas anotacións da "libretiña pequena" que nesta ocasión teñen moito a ver coa fraseoloxía e un chisteciño.
Falamos, a continuación con
MANUEL RAJO, Presidente da
Fundación ARA SOLIS, que ten como obxectivo fundamental a defensa dos Dereitos Humanos, axuda a países en vías de desenvolvemento, a acadar un desenrolo sostible, a temas culturais e de información en xeral. Recentemente puxeron en marcha unhas charlas, no clube de debate, moi interesantes: "Reflexións sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos" (DUDH), no que tiveron de poñentes ao Catedrático Dtr.Alberto Arufe e o Dtr. Xosé Manuel Carril. Posiblemente repetiran estas intervencións e outras relacionadas co Oriente Medio. Agradecémoslle a participación no programa de hoxe.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora
Deixamos aquí o programa completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario