Comezamos coa nosa sintonía de sempre, dándolles ás benvindas e salutacións para tódolos nosos oíntes e seguidores e ofrecéndolles unha peza musical para recibir ao primeiro convidado, Alvaro Voces, Presidente da "Escola de Gaitas TOXOS E XESTAS" de Barcelona. Agradecémoslle a súa participación de hoxe. Falamos da grande celebración que fixeron o mes de marzo pasado, o "Primeiro encontro do Día da Gaita", xunto coa exposición de gaitas, e cornamusas (Historia das civilizacións) que aínda se pode visitar, no seu local, a participación en Santa Coloma de Gramenet, a próxima esta fin de semana en Lleida, a das Letras Galegas-2024 en Barcelona o día 18, na Asociación de veciños do barrio onde teñen a Sede Social, a da "Festa Galega de Can Mercader" de Cornellà, en Mollet, En Rubí... ... moitas colaboracións con diversas Entidades Galegas en Cataluña. Desexamos que teñan moito éxito.
Escoitamos outra peza de música e recibimos a RAQUEL FERNÁNDEZ, Presidenta da Asociación Cultural OS TORGUEIROS, en A Gudiña. Conversamos con ela e recibimos cumprimda información das diversas actuacións e actividades que teñen previsto realizar próximamente. Algunhas relacionadas coa Memoria Histórica (A Pasionaria Galega-Anuncia), outras de irmanamento Cultural Galego-Lusófano, "A Raia Seca Solidaria", Roteiros con motivo das "Letras Galegas 2024", celebración festeira: "IV Frasca do Terrón" prevista para o día un de xuño, con baile música das pandereteiras e moitas cousas máis. Desexamos que teñan moito éxito.
Recibimos a crónica do noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección "Quen che preguntou?". Faina a través dos "Me ghustan e Desghústanme" que conteñen as informacións escollidas para todos. Finaliza coa lectura das súas anotacións na "libretiña pequena" que son pílulas enxebres, con retranca e moi ben acaídas.
Conectamos despois con RUBÉN DE LLANOS ESPINOSO, da A.C.G. Agarimos de Badalona, que nos fala da "XXVI Festa-Xornada Cultural" prevista para esta mesma Fin de semana, á que convida a tódolos nosos oíntes e seguidores, cun apretado calendario de actuacións e participación da Banda de Agarimos e doutras Asociacións, contando coa actuación do Grupo "Os Carunchos" de Galicia. Haberá Queimada galega para os asistentes. Desexamos que teñan moito éxito.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Deixamos aquí o programa completo
No hay comentarios:
Publicar un comentario