A seguinte intervención é a de Eduardo Iglesias, dende Monforte de Lemos. Un deportista de motos, que ven de participar nada menos que na Grande Competición Internacional DAKAR. Fálanos da súa aficción, das dificultades que entrañan o poder participar nesa grande competición internacional con tan poucos recursos e da que se sinte moi satisfeito, non só porque sen ser un profisional desa disciplina, logrou finalizar esa proba tan difícil e confésanos que se propón afrontar a mesma competición para o ano 2022. Segue a traballar e entrenar moi duramente e pretende participar en próximas datas nunha competición que se realizará na comunidade de Andalucía. Desexámoslle moitos éxitos.
Seguimos coa emisión e conectamos con Xosé Antonio Touriñán, humorista, actor e presentador galego con quen mantemos unha conversa moi amena. Ven de presentar a película "CUÑADOS" na que participa como actor de reparto protagonista, xunto con Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, Yolanda Muiños e María Vázquez, entre outros actores tamén galegos. Felicitámolo e desexámoslle que teñan moitos éxitos na posta en marcha desa película que se estrenará precisamente mañá día 9, en máis de 30 cines nacionais.




























