lunes, 17 de abril de 2023

XOVES 13 de ABRIL do 2023

Este xoves comezamos sin a presenza de Xulio Couxil. A súa ausencia débese a unha obrigada saída persoal a Galicia. Pero comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións e varias pezas de música poñémonos en contacto co compañeiro na comunicación OSCAR DE SOUTO, que nos fala da súa faceta como portavoz delegado para a provincia, nomeado recentemente polo partido político UCIN (Unión de Ciudadanos Independientes) mediante o cal se presentará á Alcaldía no Concello de Ponteceso. Infórmanos dalgunha das súas propostas que incorporará no seu programa electoral, especialmente o que se refire ao turismo de calidade. A pesar desa tarefa como responsable político segue a súa faceta creativa escrita e poética.

O segundo convidado é GUIDO ÁLVAREZ, Guía Oficial da cidade de Lugo, que aproveita esta ocasión para darnos a coñecer algunhas das novidades interesantes relacionadas co Turismo de Lugo e da provincia xunto con outras propostas moi interesantes. Un proxecto que ten moito que ver con outras propostas de visitas guiadas na provincia e outras localidades galegas en conxunto. Precisamente esta fin de semana estará en Becerreá para facer un tramo de Via Künig entre Becerreá e As Nogais, e no mes de setembro tornará a visitar A Fonsagrada. Agradecémoslle a súa amable atención.

Poñémonos en contacto con PABLO GONZÁLEZ, das Adegas EDV 2015 en Quiroga, que xunto con SANDRA veñen de recibir o Premio de Catas por Parellas na XLIII Feira do Viño de AMANDI (en Sober). Tamén nos comenta a súa participación na "XLI Feira do Viño de Quiroga", onde tiveron como pregoeiro a Carlos Sobera, e unha grande participación de asistentes, chegando a esgotar as súas existencias algunhas das adegas participantes. Agradecémoslle a súa colaborción de hoxe.

A seguinte comunicación é con ADRIÁN L. RANCAÑO, Arquitecto que xunto con Daniel G. Magide encargados da redacción e do proxecto da construcción do CENTRO CULTURAL FORGES -Antonio Fraguas-, reutilizando a antiga sede da Casa Consistorial do Concello de A Fonsagrada. Un espacio que pretende ser algo máis que un lugar expositivo, con actividades relacionadas coa cultura e outro tipo de propostas que seguro empregará o Concello. Na presentación do proxecto, na propia vila, estiveron presentes as fillas e fillo de Forges, que aportan a súa colaboración.

Deixamos aquí o programa completo:

 



jueves, 30 de marzo de 2023

XOVES 30 de MARZO do 2023

Comezamos o programa coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións poñemos un bocadiño de música para recibir á primeira convidada: dona LOURDES IGLESIAS OREIRO, Enfermeira xubilada, nada en Santiago de Arcos - Mazaricos, e residente en Castelldefels. Dámoslle a ben-vida e mantemos con ela unha interesante conversa-entrevista engaiolante. Fálanos daquela zona que visita asiduamente cada ano, das familia, dalgunhas "andanzas" e anécdotas. Agradecémoslle a súa amable atención e a súa fermosa comunicación. Desexámoslle que siga con esa mesma vitalidade que nos amosou. Despedímola con música e desexámoslle unhas moi "Felices Pascuas!"

A seguinte convidada é dona ANA VILA PORTOMEÑE, Poeta Labrega. Escritora e gandeira. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe. Coméntanos que participou coa súa creatividade poética e diversos actos celebrados no vello cárcere de Logo, tamén noutros actos que requeriron a súa colaboración. Fálanos dos seus libros publicados e temos que agradecerlle moi sinceiramente o agasallo que nos ofrece. Recítanos dous poemas, un que ten publicado na revista Xistral e outro específico adicado aos nosos oíntes e seguidores que titula "A Tí". Fermosa despedida despois da agradable conversa que mantivemos con ela. ¡Moitas Grazas Ana!

Continuamos, na segunda hora, conectando novamente con Galicia co Ilmo. Sr. Alcalde de SOBER, don LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN, a quen recibimos dándolle os nosos parabens pola "XLII Feira do viño de AMANDI". Informa a tódolos oíntes e seguidores das diferentes actividades previstas para esta celebración. Convídanos a que nos acheguemos para disfrutar dese evento e da zona. Fálanos do personaxe elixido como pregoeiro diste ano: Xosé Antonio Touriñán, das charangas que participarán, das máis de vinte adegas que este ano terán o seu stand, dos postos de gastronomía, das pulpeiras... Unha celebración que seguro será todo un éxito. Desexámoslles moita sorte e que disfruten da Feira.

Falamos con XULIO PARDO DE NEYRA, escritor, ensaísta, Profesor Licenciado e Doutor en Filoloxía Galega e Historia Contemporánea. Parabenizámolo porque acaba de saír ao prelo unha súa novela que leva por título: "A monxa e o grumete". Unha historia real, segundo nos conta, que el novelou coa intención de darlle visibilidade á liberdade e actuación dos propios protagonistas. A conversa-entrevista con Xulio é unha fermosa aportación de coñecementos e desexos de adquirir a súa obra para poder disfrutar da súa lectura. Agradecémoslle a súa participación e desexámoslle moitos éxitos.

A vindeira semana non teremos programa. É Semana Santa e estaremos de Férias. ¡Que teñades Felices Pascuas! Deixamos aquí o programa completo.


jueves, 23 de marzo de 2023

XOVES 23 de MARZO do 2023

Comezamos, coma sempre coa nosa sintonía (a danza dos dedos, de Xiao) e despois das salutacións de rigor ,ofrecémoslle escoitar un bocadiño de música para recibir á primeira convidada, SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta da "Irmandade Galega de Rubí". Acaban de celebrar a Matanza do Porco. Parabenizámola por este evento, que facía tres anos que non se puido realizar. Están moi contentos porque a asistencia foi moi abondosa. Tamén nos informa dalgunhas novidades máis que están a preparar como é o "VII Concurso Literario de Relatos Curtos -Manoel Rivas-", e tamén da próxima Festa da Entidade que eles nomean como as Letras Galegas, posto que a fan coincidir precisamente con esa data aproximada, no mes de maio. Desexamos que teñan moito éxito e seguiremos en contacto.

Comunicámonos co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PRGUNTOU? a súa crónica é unha sucesión de informacións en forma de "Ghústanme e Desghústanme" escollidas que nos poñen ao corriente en canto as novidades que están a suceder en Galicia. Tamén nos fai un pequeno apunte da súa "libretiña pequena" sobre frases ou  xeitos de expresión galega enxebre, propoñendo o seu emprego para mellor uso do galego. Agradecémoslle a súa colaboración e desexámoslle unha feliz semana.

O seguinte convidado é SERXIO PAZOS, Actor, Presentador e Reporteiro. Parabenizámolo porque a Orde da Alquitara de Portomarín nomeuno Embaixador. Conversamos con el e fainos saber varias cousas nas que está agora mesmo embarcado, como esa proposta de "Micro-Teatro" que estrenará no próximo mes de abril, con texto do galego Nancho Novo, e dirixido por outra galega. Tamén nos comenta cousas da súa traxectoria e do seu traballo como artista. Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

Falamos agora con IGNACIO CABARCOS, Historiador e Profesor no IES de Becerreá, que ven de presentar un estudio sobre un Mosteiro moi interesante da Edade Media, trátase do Mosteiro de San Salvador de Cancelada. Acaba de publicar un traballo na prestixiosa revista Lucensia. Están a traballar xunto con outros profesinais para ir sinalizando e poñendo en valor moitos dos achádegos relacionados coa via Romana XIX. Seguiremos en contacto para irmos aprendendo e sabendo algo máis.

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. 

Deixamos aquí o programa completo.

jueves, 16 de marzo de 2023

XOVES 16 de MARZO do 2023

Despois das salutacións oportunas e escoitar un bocadiño de música, Armando Fernández, conecta con XOSÉ CASAR (Piteira) (Poesía Bóveda) para conversar sobre un asunto tan interesante como é a Poesía. Este poeta, xubilado, infórmanos moi cumpridamente sobre un traballo e actuación que están a poñer en marcha precisamente na zona da Ribeira Sacra : "Slam Poetry" que encetaron esoutro día no "Centro Sociocultral de Bóveda". Agradecémoslle a súa atención, aportación e participación no programa de hoxe.

O segundo convidado é don XABIER VAZQUEZ, da "Carnicería REAL" en Monforte de Lemos, que levan máis de 35 anos de existencia. É un establecemento especializado en carne de cerdo en tódalas súas diversidades: Fresco,Salado,Elaborados,Precociñados e Embutidos. Procedentes da súa propia granxa. Teñen tamén unha paxina web á que se pode acceder para mercar "online" os seus productos. Felicitámolos e desexamos que teñan moita sorte na súa andaina.

A continuación conecta con Galicia novamente para conversar e felicitar a ANIBAL BLANCO, da Adega "Tapias de Mariñán" que veñen de recibir un novo Premio a nivel Nacional, nada menos que o "VINESPAÑA DE OURO 2023". É esta adega un referente para tódolos colleiteiros, viñateiros e adegueiros da D.O. Monterrei, en Verin. Celebramos con eles este Premio, que segundo el mesmo nos indica, é froito de tódolos que traballan na súa Empresa, poñéndolle o cariño e aprezo pola natureza e o rural galego. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Conexión con Galicia para falar con ANDREA NUNES BRIÓNS, Profesora, Filóloga, Escritora, Poeta moi implicada na proposta marcadamente feminista. Precisamente teremos a oportunidade de escoitala esta fin de semana na Sé da nosa Entidade A.C.G.Rosalía de Castro, concretamente este sábado ás 19h porque nos impartirá unha Conferencia que leva por título: "TODAS AS MULLERES QUE SON. CARTOGRAFÍA POÉTICA".  Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moita sorte.

Despois dunha pequena audición musical despídese ate o vindeiro xoves á mesma hora, desexando que disfrutaran desta emisión.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Que teñan unha feliz semana.

jueves, 9 de marzo de 2023

XOVES 9 de MARZO do 2023

Comezamos unha emisión máis coa nosa sintonía de sempre e ofrecéndolles a escoita dunha peciña musical galega, para darlle paso ao primeiro convidado de hoxe: XOSÉ CANOSA, Presidente da Asociación Cultural Galega "Airiños da nosa Galicia", en Santa Coloma de Grammenet. Parabenizámolo por ter recibido o "Premio ciutat de Santa Coloma", de mans da propia Alcaldesa Nuria Parlon Gil, na modalidade de traballo continuado en favor da cidade. É unha honra para tódolos galegos que sexan premiados coincidindo co seu "40 Aniversario". Precisamente tamén veñen de presentar o seu logotipo que conmemora esa celebración, diseñado e realizado por David Pintor , que ademais presentouno o Siro López, acompañado do propio autor nun acto realizado nunha sala de "Aura Seguros". Coméntanos a celebración de varios actos e eventos previstos para próximas datas, entre as que se atopan a celebración da lectura do Quixote en Galego para o día de Sant Jordi, xunto coa presentación de dous libros a cargo de dúas autoras, a Festa do "40 Aniversario" para a primeira semana do mes de maio, o Camiño Primitivo de Santiago acompañado de varios socios da Entidade... ... seguiremos recibindo información detallada en vindeiras ocasións. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexámoslle "bon camiño".

A segunda convidada é dona MARIA CARMEN CARAMÉS GORGAL (Maica), Escritora, poeta profesora, Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación (Psicoloxía). Felicitámola pola publicación e presentación recente na "Fundación Vicente Risco" da súa novela "A Casa da Mina", que recibiu o "XXII Premio Risco de Creación Literaria". Mantemos unha conversa moi amena na que nos conta un pouco dese traballo galardonado: Unha novela chea de romanticismo que desenvolve a partir do relato que recolleu da súa familia, concretamente da súa voa e da súa tía, traballadoras ambas na Mina de extracción de volframio en Santa Comba, lugar do seu nacemento precisamente. Tamén falamos da súa creación poética e literaria, dos seus proxectos e traballos nos que está tentando levar a cabo. Concertamos voltar a conversar con ela en próximas datas para que nos siga dando novas sobre a súa creación literaria e poética. Tamén lle pediremos que nos recite algunha deses poemas, que nos dixo está a escribir. Desexámoslle moitos éxitos.

Na segunda hora conectamos con Monforte de Lemos, onde se atopa o noso correspodente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Comeza cos seus Desghústanme que compartimos como é habitual e continúa cos seus Ghústanme, moi ben escollidos, que cada semana nos aporta na súa crónica moi ben argallada finalizando cos apuntes da súa "libretiña pequena" aportando algunhas frases interesantes relacionadas coa sabeduría popular que vai apuntando para lembrar e publicar en sendos medios entre os que se atopa a nosa revista "Lúa Nova". Agradecémoslle moi encarecidamente a "viñeta" que hoxe alude a un comentario realizado na conexión que mantivemos. ¡Moitas GRAZAS! Xosé Manuel, e feliz semana.

Conversamos con HUGO SANTIN, que é un inxeñeiro apicultor nos Ancares Lugueses, concretamente en Cervantes. A súa explotación leva por título: MEL MELOSA. Teñen producción de mel mil flores daquela contorna galega e propoleos. A cantidade de colmeas está arredor das 150. A recolleción destes productos son totalmente artesanais e grande calidade, polo lugar onde se atopan, se contaminación e a unha altura de máis de noventos metros. Tódolos interesados poden poñerse en contacto dirixíndose a súa páxina:  melmelosa.es. Desexámoslle moita sorte e agradecémoslle a atención que nos prestou.

Colocamos aquí o programa completo.

jueves, 2 de marzo de 2023

XOVES 2 de MARZO do 2023

Programa deste xoves que comezamos conectando con Galicia para falar e entrevistar a XABIER MOURE SALGADO, Antropólogo galego nos Ancares. Mantemos unha conversa-entrevista chea de ensino e aprendizaxe. Encárgase do mantemento de dúas páxinas moi importantes relacionadas coa zona e moi interesantes: onosopatrimonio.blogspot.com e outra máis: arqueoloxiadosancares.blogspot.com. Fainos partícipe dunha serie de investigacións e traballos que levan adiante. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no noso programa.

A segunda intervención é a de IVAN ARMESTO, galego de Sober, profesional dos disfraces que ven de recoller nada menos que 5 Premios en diversos desfiles e Entroidos realizados en Galicia, concretamente en: Arzúa, Pontevedra, O Rosal, Poio e Lugo. Tiña recibido, en anos anteriores, varios Premios con outros disfraces moi acaídos, como o dun Dragón que sacaba fume pola boca, o Home invisíble ou o do Transformer amarelo, que pasaba de ser un robot e convertíase en auto. O deste ano é un León mecanizado e o Domador revestido espectacularmente con mazorcas de millo. Felicitámolo e desexamos que siga acadando moitos éxitos.

Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con PILAR MASEDA BARRIO, empresaria da restauración, escritora e poeta vocacional. Fálanos das Xornadas Rosalianas de Villalba, nas que participa moi activamentee mantemos con ela unha conversa moi interesante. Agasállanos coa lectura dunha das súas creacións poéticas, que leva por título: "Milito en Tí". Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe e desexamos que teña moita sorte e moitos éxitos.

Entrevistamos a LETIZIA MON PÉREZ, do "Restuarante "Casa do Chao" en Navia de Suarna. Está ubicado en Vilaverde concretamente, e a súa especialidade son os asados á brasa con carne de vaca e preparados no forno de leña, como empanadas de liscos ou de bonito e a paletilla de selecta ao forno. Nesta época invernal tan só abren os fins de semana, polo que é conveniente poñerse encontacto con ela para reservar mesa e degustar un bo xantar. Acostuman a recibir moitas solicitudes, por eso recomenda que os clientes chamen e se poñan en contacto co Restaurante. O edificio é unha casa anterga restaurada que ten documentos dos anos mil setecentos. Desexámoslle moita sorte.

Damos información dalgunhas actividades que ten previsto realizar a nosa A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, como a "Festa do Pulpo" para o día 11 de marzo e a Conferencia que impartirá a poeta Andrea Nunes Brións, o día 18 de marzo. Os asistentes poderán degustar un pica-pica confeccionado coas donas da Entidade, acompañado de viño galego ou refrescos diversos. Outra noticia interesante é que a Banda de Gaitas participará, en Xinzo de Limia, o día 25 de marzo. E así despedimos o programa.

Deixamos colgado aqui, o programa enteiro.

jueves, 23 de febrero de 2023

XOVES 23 de FEBREIRO do 2023

Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e escoitando a "Alborada de Rosalía" para celebrar o "Día de Rosalía". A continuación escoitamos a OSCAR DE SOUTO, que nos envía a declamación dunha poesía da súa autoría e voltamos a escoitar outra peza de música, esta vez de SES.

A continuación poñémonos en contacto con BREOGÁN, da Adega TERRA BRAVA, que nos recibe moi afable e coméntanos cómo é a súa adega situada nunha lombeira da Ribeira Sacra. Fálanos dos seus viños, algúns deles recentemente premiados cunha medalla de ouro. Dos xóvenes brancos Godello e tintos Mencía. Tamén dos crianza, moi aprezados, Caíño e Mencía... Fainos saber que as visitas á súa Adega son moi ben atendidas e acompañadas de "barritas enerxéticas" (produtos elaborados na zona, empanadas diversas, chourizos, salchichón... etcétera). Posúe un "bambán" que está moi solicitado e que se converte nunha atracción moi feiticeira, xa que cando te sobes ael semella que estás voando enriba do encoro. Paga a pena solicitarlle unha visita e probar os seus caldos acompañados. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Na segunda hora dámoslle paso ao noso correspodente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que sempre acomete cos seus "Desghústanme e Ghústanme" moi acaídos e moi ben escollidos. Despois fainos un pequeno percorrido polos entroido de Laza, Verin, Xinzo e Manzaneda que puido visitar e disfrutar na fin de semana pasada. Tamén nos envía a súa "viñeta" alusiva ao programa de hoxe, que nosoutros compartimos con todos vosoutros e agradecémoslle moi encarecidamente, xa que fai alusión ao día que hoxe celebramos.

E finalizamos as entrevistas de hoxe conversando con JORGE CASAL, cantautor, compositor musical e  especialista en conducta de animais. A semana pasad díxonos a nosa común amiga Merchi Álvarez que é o embaixador de GaliCIAME, deste ano 2023. Fálanos da súa traxectoria musical, da súa dedicación especial na "cura" e na "atención dos animais". Coméntanos a súa participación en diversos Curros galegos e moi en particular o Curro ou Rapa das Bestas de Sabucedo. Tamén nos anuncia próxima estrea dun novo traballo musical que está a piques de publicar e que seguro teremos a oportunidade de escoitar na próxima primavera. Así pois voltaremos a comunicarnos con Jorge para saber algo máis dese seu traballo.

Deixamos aquí o programa completo.


jueves, 16 de febrero de 2023

XOVES 16 de FEBREIRO do 2023

Informamos, novamente, que este programa "Galegos no BAIX" reemítese os venres ás 15h en RADIOFUSIÓN - GALICIA. ¡Agradecemento pola colaboración e atención que nos teñen!

Comezamos esta emisión, coma sempre, coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e ofrecéndolles un bocadiño de música para recibir á nosa primeira convidada: MERCHI ÁLVAREZ, Presidenta de GaliciAME. Esa Asociación que tanto está a traballar para acadar máis investigación e promocionar "Becas" que seguen a traballar nesa grande tarefa. Felicitámola por ter recibido unha nova medicación en Corea, o ano pasado. Tamén a parabenizamos por ter recibido a visita do embaixador Antonio Resines e tamén a Jorge Casal. Están a traballar para facer máis actividades interesantes que seguro culminarán coa "Gala de GALICIAME" prevista para o mes de decembro deste ano 2023. Desexamos que sigan colleitando moitos éxitos e recollendo os froitos de tanto traballo como lle dedican. Seguiremos en contacto.

Aprovietamos este pequeno espazo para dar a coñecer algunhas das próximas actividades previstas pola A.C.G.Rosalía de Castro, de Cornellà, para celebrar o Entroido, cun Cocido. Tamén está prevista a Asamblea Xeral Ordinaria, a "Festa do Pulpo" diante da Entidade e a celebración do día da dona, o próximo día 18 de marzo, cunha Conferencia a cargo de Andrea Nunes, baixo o título: "Todas as mulleres que son. Cartografía poetica". Despois disfrutaremos dun pequeno ágape que cada ano confeccionan as donas da Asociación, acompañado de viño galego.

Conversamos con MALORES VILLANUEVA, escritora, filóloga e editora literaria, que acaba de publicar un libro da Biografía de FRANCISCO FERNÁNDEZ del RIEGO, a quen se lle dedican as Letras Galegas-2023. Felicitámola pola Mostra Fotobiográfica e Bibliográfica sobre del Riego, que acaban de inaugurar, á que asistiron as personalidades de grande relevancia, familiares do homenaxeado e ademais do Alcalde de Vigo. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle moitos éxitos.

Conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra -Monforte de Lemos- Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección "Quen Che Preguntou?" Hoxe fainos unha fermosa exposición de cómo se debe entender o "Entroido" en Galicia, que non ten ningunha similitude co que poden representar os carnavais e desfiles doutras localidades. Agradecémoslle a súa aportación tan importante.

Falamos, a continuación con MARÍA XOSÉ LAMAS, Diplomada en Profesorado de Primaria, Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, Postgrau en Educación Musical... escritora e poeta. Felicitámola pola recente publicación, en segunda edición, do libro: "O Corvo de Caldaloba", con prólogo de Antón de Guizán e que está ilustrado por Sofía Naseiro, creadora audiovisual especializada en documentais e transmedia... Agradecémoslle a súa amable atención, as explicacións relacionadas con ese traballo para poñer en valor a Torre de Caldaloba grazas a esa publicación que recolle os feitos acontecidos nese lugar emblemático no século XV. Despedímola e tamén nos despedimos nosoutros ate o vindeiro xoves.

Aquí incluimos o programa completo:

 


jueves, 9 de febrero de 2023

XOVES 9 de FEBREIRO do 2023

Comezamos unha nova emisión do noso programa "Galegos no BAIX" coa nosa sintonía de sempre e saudando a tódolos nosos escoitantes e seguidores. Ofrecémoslle un bocadiño de música e poñémonos en contacto co primeiro convidado de hoxe, o Ilmo.Sr. SANTIAGO RODRÍGUEZ GARCÍA, Alcalde do Concello de Vega de Espinareda. Felicitámolo porque ese Concello foi elixido pola Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT) para Homenaxear este ano no "XIX Festival del Botillo-2023" o día 26 deste mes de febreiro. Agradecémoslle a súa amable atención e mantemos unha conversa-entrevista chea de interesantes comunicacións e informacións dese concello. Convida a tódolos oíntes e seguidores para que se acheguen a esa localidade berciana, porta dos Ancares Leoneses, que serán moi ben recibidos.



A segunda intervención é con don VICTOR GARCÍA ALONSO, propietario do ASADOR DEL BIERZO e da TABERNA DEL BIERZO, en Barcelona. Tamén será homenaxeado no mentado "XIX Festival del Botillo-2023", que celebrará a Asociación de Bercianos en Cataluña o vindeiro día 26. Indícanos que todos os que se acheguen aos seus establecementos en nome da nosa Radio serán obsequiados cunha consumición gratuita. Agradecémoslle o detalle e desexámoslle moita sorte.



Continuamos na segunda conectando con Galicia, concretamente coa localidade de Liñares, onde se atopa dona PALOMA RAMOS, artesana de embutidos e especialista de Androllas e Pegureiros. Coméntanos cómo se poden degustar os seus produtos elaborados artesanalmente, cómo se poden adquirir (preferentemente na Feira da Androlla que se celebrará o día 19 en Navia de Suarna). Fálanos do cocido con androlla, grelos, patacas e outros productos porcinos moi axeitados para este tempo invernal.


Entrevistamos ao Ilmo. Sr. Alcalde do Concello de ARBO, don HORACIO GIL EXPÓSITO, a quen felicitamos porque acaban de recibir a distinción de "Festa Internacional de Turismo. Este ano celebran a "LXIII Festa da Lamprea 2023". Fálanos desa celebración de tanto renome e das moitas actividades que se están preparando para os días 28, 29 e 30 de Abril. Un pracer e unha honra contar coa súa participación no programa de hoxe. Desexámoslles moitos éxitos.



Informamos das Actividades previstas realizar pola nosa A.C.G.Rosalía de Castro, co seu Cocido de Entroido, a Festa do Pulpo, as clases informática, de música, de gaita, de danza e da próxima Conferencia, baixo o título: "Todas as mulleres que son. Cartografía poetica". Está prevista para celebrar o día da dona, o día 18 de marzo,  a cargo da dona Andrea Nunes Brións, poeta e escritora. E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
 
  

Deixamos aquí o programa enteiro.

jueves, 2 de febrero de 2023

XOVES 2 de FEBREIRO do 2023

Unha nova emisión deste programiño, "Galegos no BAIX" de dúas horas en galego. Despois de escoitar a nosa sintonía e darlle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores, poñémonos en contacto co Excmo. Sr. Alcalde de A Fonsagrada, don Carlos López López. Conversamos con el para que nos informe da celebración da "XXVI Feira do Butelo 2023" desa localidade, prevista para os días 11 e 12 deste mes de febreiro. Tamén nos informa da entrega do "Butelo de ouro" ás mulleres que confeccionaron as máscaras que se precisaron para entregarlle-las aos veciños durante o encerro por culpa do Covid-19. Transmitímoslle a nosa felicitación por esa elección. Tamén haberá música para acompañar aos visitantes, que interpretarán os compoñentes do grupo Tradicional Illa Pancha e os da Asociación C. Antaruxas e Sorteiros. Convídanos a participar na Feira e a visitar esa localidade montañesa que poderán disfrutar dunha grande variedade de ofertas turísticas de grande interese: Museo etnográfico, Patrimonio Cultural, Gastronomía, Senderismo... etcétera.

Convidamos agora a dona MARIA LUISA PICADO SILVA, escritora moi vinculada ás terras do Bierzo, aínda que o lugar de nacenza foi o pobo de Las Lanchuelas, Valencia de Alcántara (Cáceres). Felicitámola por ser elexida pola Asociación de Bercianos en Cataluña como homenaxeada no eido literario dentro da celebración do "XIX Festival del Botillo 2023". Conversamos con ela para poder recibir máis información da súa creatividade literaria e. moi concretamente nos señala o seu libro: "Camino Negro", que foi un dos elementos que decantaron aos socios e Xunta Directiva de ASOBECAT, para concederlle ese nomeamento. Xa ten publicado varios libros. A súa primeira publicación titúlase "María, la frontera y el camino", baseada nas mulleres contrabandistas da fronteira entre Extremadura e Portugal. Os outros dous son: "Dos vidas" e "El último camino". Tamén nos informa de que está a traballar noutro libro que pronto se publicará. Seguiremos a súa traxectoria.

Continuamos, na segunda hora conversando con PAULA CARBALLEIRA CABANA, filóloga, escritora, contacontos e actriz galega. Unha honra e un pracer conversar con ela. Parabenizámola polo Premio que lle concedeu a Deputación da Coruña no seu traballo de Dirección "Que din as r
umorosas". Está ensaiando para un novo espectáculo xunto coa Banda Municipal da Coruña. Seguro que terá moitos éxitos. Tamén nos informa do seu traballo escrito "As Alumnas" que foi seleccionado para o Premio Follas Novas. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos. Aproveitamos a "viñeta" que nos envióu o noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, para compartila cos nosos oíntes e seguidores.

A última intervención é a entrevista que nos concedeu ALBA MARIA RODRÍGUEZ, filóloga, cantante, escritora e regueifeira. Fálanos da súa faceta investigadora e creativa, dos "Brindos" da "Regueifa". Comentamos o seu disco "Aínda" que foi premiado na "XV Gala dos Premios de Raíz" e editado pola CentralFolque. Esa mesma CentralFolque publicou outro traballo dela "A Regueifa en Bergantiños". Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e agasállanos cun brindo alusivo á data na que nos atopamos: O Entroido. Un pracer e unha honra poder contar con ela.

Informamos das próximas actividades previstas da nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro e despedímonos ate o próximo xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Colgamos aquí o programa enteiro.

jueves, 26 de enero de 2023

XOVES 26 de XANEIRO do 2023

Unha emisión máis deste noso programa de dúas horas en língua galega. Escoitamos a nosa sintonía e saudamos aos nosos oíntes e seguidores. Poñemos unha peza do último Libro-CD de María do Ceo e conectamos con ÁLVARO VOCES, Presidente da "A.C.G. ESCOLA DE GAISTA E DANZAS TOXOS E XESTAS". Fálanos da próxima presentación do seu CD "Todos os Camiños, Todas as Galicias", que acaban de publicar e que farán un grande evento o día 4 de marzo próximo no Teatro Sarriá de Barcelona. Desexámoslle moita sorte.

Continuamos escoitando outra peza do CD de MARÍA DO CEO, coa que conversamos e concédenos unha pequena entrevista-conversa, para sabermos algo máis da súa creatividade e aproveitamos para felicitala e parabenizala por este traballo tan elaborado e feiticeiro, que leva por título: "Galicia Nai". Unha agradable conversa que nos leva a coñecer máis polo miúdo esa grande paixón que amosa na súa interpretación e creatividade. Agasállanos coa lectura dun poema cheo de sensibilidade. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que teña moitos éxitos.

A segunda hora comezámola conectando co noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, que dende Monforte de Lemos nos achega a súa crónica semanal de noticias en forma de Ghústanme e Desghústanme, na súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? Agradecémoslle a súa colaboración que sempre nos axuda a coñecer máis de perto algúns aspectos das noticias en Galicia.

A seguinte conversa-entrevista é con MARINA SÁNCHEZ, unha comunicadora, presentadora de Televisión, encargada do Canal Cultura en Youtube, que nos fala da súa faceta comunicadora e participación na revista "Nós, a Xente do Redor", en Ourense. Precisamente esta tarde ela mesmo fará a presentación desta revista no Liceo de Ourense. Seguiremos en contacto.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Colgamos aquí o programa completo.



jueves, 19 de enero de 2023

XOVES 19 de XANEIRO do 2023

Unha nova emisión deste noso programiña, con dúas horas de entrevistas, música e comunicacións en galego. Escoitamos un bocado de música e poñémonos en contacto co primeiro convidado XOAN CURIEL, Actor, cantautor e músico galego que recibimos ecoitando precisamente unha das súas ultimas pezas publicadas: "Faro do Norte". Conversamos con el sobre o seu traballo, os Concertos, a música, as súas creacións e os próximos proxectos que ten pendentes de publicar. Agradecémoslle a súa participación e colaboración de hoxe no noso programa e desexámoslle moita sorte. Despedímolo escoitando unha peza súa titulada: "Pero da Ponte". 

O segundo convidado é ANTONIO LUZ, más coñecido por "TITO", outro grande músico galego, compositor e profesor de guitarra. Escoitamos unha primeira peza súa, "Do Rural". Como el mesmo nos relata, ten unha grande formación musical e toca varios instrumentos, ademais da Gaita, pero a súa grande paixón é a guitarra e a interpretación flamenca; precisamente comentamos con el a súa especial dedicación por as interpretacións, en galego, dalgunha peza con ritmo flamenco. Unha honra e un placer poder escoitar a súa intervención e despedímolo escoitando outra peza súa que leva por título: "Non me toques o XE". Tamén nos informa da recente publicación de dous videoclips que foron seleccionados para os Premios Mestre Mateo: "Sombras e Soidade". Desexámoslle moitos éxitos.

A continuación conectamos con Conchiña Castro Álvarez, gaiteira da "Escola de Gaitas e Danzas TOXOS e XESTAS" que nos comenta a recente publicación dun CD que publicaron a finais do ano pasado. Teñen previsto unha celebración de presentación especial para dalo a coñecer e comprometémonos falar co seu Presidente Álvaro Voces, para que poidamos ofrecerlle aos nosos oíntes e seguidores a máxima información precisa desa Entidade Galega. Algunha xa no-la adiantou "Conchiña", nestes minutos que nos concedeu nesta cativa entrevista, que lle agradecemos e continuaremos ampliándoa en próximas datas.

Finalizamos o programa falando con ROSALÍA MORLÁN, escritora e poeta galega nada en Vilariño-Trazo, pero que dende moi cativa reside en Santiago de Compostela, onde exerce como supervisora de Enfermería no Hospital de Conxo, no turno de tarde-noite. A súa creación literaria e poética é abondosa. Máis de media ducia de títulos, libros e poemarios publicados; o último: "Camelias de Amor". A súa dedicación profesional faille dedicarse con moito agarimo aos propios enfermos, en particular aos nenos e maiores, aos que lles lé e recita poemas. Algúns creados e dedicados a eles mesmos. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

E despedímonos ate o vindeiro xoves, á mesma hora. ¡Que sexan felices!